Nas seguintes imaxes amosamos un vertedoiro ilegal que se está a crear preto do cruce da carretera que sube cara Toubes.
Unha lamentable situación que os responsables deben erradicar, e para canto máis, contando no noso concello con medios axeitados e mesmo un Punto Limpo que xestiona este tipo de residuos para evitar precisamente a proliferación destas lamentables imaxes:
UNHA VEZ MÀIS E COMO XA FIXEMOS EN OCASIÓNS ANTERIORES TAN SO NOS QUEDA PEDIR RESPONSABILIDADE OS VECIÑOS E VECIÑAS PARA EVITAR ESTES DETERIOROS NAS NOSAS PAISAXES, E SOLICITAR A SÚA COLABORACIÓN.
OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO DE A PEROXA TAMÉN OFRECEMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS A NOSA COLABORACIÓN, PARTICIPACIÓN E AXUDA PARA TRATAR DE TRABALLAR NUN FRENTE COMÚN POLA ERRADICACIÓN DESTAS PROBLEMÀTICAS PROPIAS DOUTRO SÉCULO.
AGARDEMOS QUE ESTO SEXA SOLICIONADO CON URXENCIA E ESPERAMOS NON TER QUE SER TESTIGOS DOUTRA SITUACIÓN SIMILAR.
A LABOR DE LIMPEZA E BOA IMAXE DO NOSO CONCELLO È LABOR DE TOD@S ¡¡¡
COLABOREMOS TODOS ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario