Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 15 de marzo de 2013

Resumo do Pleno Urxente Extraordinario do 28 de febreiro de 2013

INCOMPRENSIBLE¡¡¡¡¡

Este é o noso calificativo a este Pleno que foi convocado no mesmo día da súa celebración, e mesmo nos chegou a preocupar moito, xa que  un pleno desta denominación......URXENTE E EXTRAORDINARIO, en raras ocasión se convoca, e normalmente sempre cando ocorre algún accidente ou desgraza no termino municipal.

Observamos con asomo que o único punto da orde do día era para tratar sobre o Punto de Atención a Infancia (P.A.I.) ou tamén coñecida como a Gardería.

Na seguinte imaxe a citada convocatoria:



Sendo o derradeiro día do mes, e tendo en conta que era o día de remate do contrato das traballadoras do centro pensamos que o obxetivo sería o peche da Gardería, como xa se leva rumoreado dende fai tempo.


O pleno comenzou coa aprobación por unanimidade da urxencia da sesión, requisito imprescindible.

O Sr. Alcalde expuxo a situación actual na que se atopa o P.A.I, que nestes momentos conta con tan só 3 nenos e 2 traballadoras, con un horario de apertura reducido de 5 horas.

Referiuse o Sr. Alcalde a un informe emitido polo secretario do Concello, onde se indicaba que o servizo era "DIFICITARIO",  e polo tanto afectaba negativamente as contas do concello.

Expuxo unha serie de cantidades de ingresos e gastos que no derradeiro ano foron de 1.071€ de ingresos e duns gastos de mantemento de 33.807. Sen obter ningún tipo de subvención doutra institución.

Prevese para este ano 2013 uns gastos de 22.000€ e unha aportación de preto de 10.000€ por parte da Xunta de Galicia.


Unha vez expostos os motivos do Sr. Alcalde alegando a cuestións econòmicas e facendo referencia ao citado informe do Secretario do Concello, confirmabase a nosa preocupación de que o motivo deste pleno non era outro que o peche deste servizo.

Comenzaba a nosa intervención informando  o Sr. Alcalde que o citado informe do Secretario do Concello tiña data do 15 de xaneiro de 2013, polo tanto, e facendo referencia a súa queixa polo Pleno Ordinario anterior (obrigatorio segundo indica a lei), onde nos reprochaba que se celebraba pola nosa insistencia, ainda que a orde do día tivese poucos puntos a tratar e que lle costaba as arcas municipais 600€, preguntamos se este asunto non se podería ter tratado no pleno anterior celebrado a finais de xaneiro e "aforrarlle" así o concello os 600€ dos que o Sr. Alcalde tanto se queixou, e que finalmente polo tratado neste pleno non era nin necesario nin urxente si se tivese tomado este asunto coa importancia que debía no seu día, e non deixar todo para o derradeiro día (lembremos que o motivo era que precisamente hoxe 28 de febreiro era o remate do contrato das traballadoras).

Continuamos por manifestar que como era posible que sendo as 9 da noite todavía nin as traballadoras nin os pais dos nenos e nenas do P.A.I. souperan o que ía pasar maña co seu futuro.

Creemos que como parte dun Servizo Social que é débese manter e tratar de quitar cartos doutros lugares onde se gastan innecesariamente. Un servizo que xa chegou o noso concello con moitos anos de retraso, mesmo incluso con reparacións do edificio antes de ser inaugurado, debido o seu deterioro e abandono.

Argumentamos tamèn que os pais e nais fixeran un forte desembolso económico en material para este curso, mesmo recentemente nas datas do nadal, en fichas, ceras, etc, superando incluso os 100€ por familia. Neste punto o Sr. Alcalde "preguntou" que quen lle mandara mercar este material, lóxicamente serían as traballadoras para o desenrolo normal da actividade, o que unha vez máis, facendo uso das súas respostas inexplicables espetou......."SE ME PREGUNTARAN A MIN OS PAIS, XA NON HOUBERAN GASTADO UN CAN".......

LAMENTABLE E TRISTE RESPOSTA¡¡¡¡¡¡¡ 

Lembramos que èl è o responsable deste centro e polo tanto das sùas traballadoras, e debería coñecer un pouco máis e preocuparse polo funcionamento deste SERVIZO MUNICIPAL.
 Pero coma sempre está só "as súas cousas", a preocupación polos problemas dos veciños e veciñas está nun segundo plano.

Tamén lle refrescamos a memoria o Sr. Alcalde cando informamos de que os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista xa se tiñan preocupado pola situación da Gardería facía moito tempo, con varias preguntas sobre a situación real e económica de sustento deste centro, o que pasa, e que como moitas veces non quere nin escoitarnos nin atende as nosas propostas nin preocupacións.....que o fin llo cabo son as dos veciños e veciñas da Peroxa.

De feito con data 27 de abril de 2012, xa preguntamos no Pleno Ordinario correspondente sobre este asunto e amosamos a nosa preocupación pola negativa por parte da Xunta de Galicia a conceder a subvención coa que se facía cargo dos soldos das traballadoras, advertindo das consecuencias negativas que esto podería ocasionar, e que lamentablemente nos derón a razón un ano despois ¡¡¡¡¡


Na seguinte imaxe un extracto do Pleno (09/07/2012) onde se preguntou por este asunto e as respostas do Sr. Alcalde no seu día:



No debate sobre estas preguntas no Pleno citado, cando preguntamos o porqué da NON concesión da Subvención anual que concede a Xunta para os gastos destes servizos,, o Sr. Alcalde noutro habitual arrebato de "colgarse medallas", respostaba con certa chulería que non se acadara por "problemas na tramitación", pero que él persoalmente ¿? acadara por "outra vía" 12.000€ ¡¡¡¡ para o mantemento deste servizo.......

No seguinte enlace tedes acceso as concesións destas axudas as outras Garderías Municipais da provincia, onde non se atopa a da Peroxa, pero si concellos como: Barbadás, O Barco, Celanova, San Cibrao, Avión, Boborás, Carballeda Valdeorras, Maceda, A Merca, Ramirás, Sandias, Vilariño Conso.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120203/AnuncioCA05-270112-11538_gl.pdf

Un ano despois resulta que a medalla parece que lle caeu e os 12.000€ non apareceron polo noso Concello, xa que como sempre, foron promesas "verbales", que finalmente non se concretaron.
Respostaba tamèn este día a nosa pregunta sobre a continuidade da Gardería, "que faría o mellor para o Concello". ¡¡¡¡¡

Lòxicamente, vostede debe facer o mellor para o Concello, sen dúbida, pero non antepoñendo e aniquilando os SERVIZOS BÁSICOS PÚBLICOS, como está a facer continuamente, e obrigando a pagar os veciños e veciñas MÀIS  por MENOS.........

---PECHOU O XIMNASIO.
---SUBIDA DA BASURA UN 10%
---TRABALLADORES DE ASPANAS NA RÚA
---INCREMENTO DESPROPORCIONADO NO RECIBO DA AUGA
---INCREMENTO DAS TASAS DA AXUDA NO FOGAR
---SUPRESIÓN DAS CLASES DE XIMNASIA EN VARIAS PARROQUIAS
---AUSENCIA TOTAL DE OBRAS DE MELLORA NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS
---ESTADO LAMENTABLE DAS VIAS DE COMUNICACIÓN EN TODO O CONCELLO CUNS ACCESOS QUE MESMO PARECEN DOUTRO SÉCULO.
---AMEAZA DE PECHE DA GARDERÍA.........E PRÓXIMAMENTE SEGURO QUE TAMÉN SE FALARÁ DO NEGRO FUTURO QUE CERNE SOBRE O COLEXIO PÚBLICO.......
....................................., etc.



Non acabamos de entender este tipo de política onde hai que acabar con todo¡¡¡¡¡ e para canto máis cando dende o goberno municipal do PP se lle ofrecen os veciños e veciñas da Peroxa unhas contas "saneadas" e cun superávit de máis de 300.000€ con respecto o exercicio 2011 (que é o derradeiro do que temos datos económicos).

Seguindo co tema central do pleno, informouse de que 2 dos nenos actuais en setembro pasarán o colexio ¿?, agardemos que sexa o da Peroxa, para garantir o seu futuro.
Tamèn que existe a posibilidade de que haxa 2 ou 3 novos usuarios desta Gardería.

Unha vez valoradas as exposicións e ante a nosa proposta de continuidade do Servizo de Atención a Infancia acordouse por unanimidade continuar ata o final do mes de Xullo.

Unha vez chegados a esa data se volvería a tratar o tema da súa continuidade.

Polo tanto, temos Gardería ata esas datas, e tamén aproveitamos para fomentar e animar os pais e nais con cativos/as que fagan uso dos servizos pùblicos dispoñibles para evitar así o seu desmantelamento.




 SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡



 





No hay comentarios:

Publicar un comentario