Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 20 de marzo de 2013

Abandono do Recinto Feiral da Peroxa.

Nestas semanas pasadas de actividade no Recinto Feiral de A Peroxa, poidemos comprobar e corroborar o estado de total abandono deste recinto por parte do Concello.

Habitualmente e debido as intensas choivas deste inverno sempre presentaba un estado lamentable para o acceso de vehículos (lembramos que se usa como aparcadoiro cando hai algúén no velatorio),  e sobre todo para os viandantes, que resultaba prácticamente imposible o seu acceso.



Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista presentamos no concello un Rogo solicitando a mellora deste Recinto; conseguindo unha resposta afirmativa e o compromiso de arranxo por parte do Sr. Alcalde.





Durante a celebración do Entroido 2013 pasado, celebrouse o Martes de Entroido unha festa onde se comprobou e sufriu o estado lamentable do recinto, cheo de buratos e con un barrizal que o facía impracticable, de feito a xente que asistiu a festa non podía moverse da parte acimentada.

Posteriormente, outro evento como foi o da proba de BTT, onde os participantes tamén sufriron o mal estado do recinto......


Creemos que esta non è a mellor imaxe que pode ofrecer un Concello os nosos visitantes, con unhas instalacións deplorables e impracticables. Se un dos obxetivos (entre outros de máis "peso"), era amosar e dar a coñecer o noso Concello, estas imaxes axudan ben pouco.

Sinalar tamén que por parte dos mandatarios do concello de decidiu o peche deste recinto para o acceso a vehículos, que deterioraban máis o seu penoso estado.

Recentemente se fixeron algúnhas pequenas actuacións de mellora do recinto para "lavar a cara", ante outro evento celebrado, como foi a Xuntanza de Autocaravanas chegadas de varios puntos de Galicia, e tamén como escaparate do noso Concello.




Neste evento, no que tamén colaborou a climatoloxía o recinto amosaba unha mellor cara, pero sin chegarse a acometer as obras comprometidas, das cales agardamos con impaciencia para poñer de novo este recinto a disposición, uso e disfrute dos veciños e veciñas da Peroxa e de todo o Concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario