Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 4 de febrero de 2013

Propostas aceptadas e realizadas......e algunha negativa ¡¡

Seguindo coa nosa liña informativa da labor que estan a desenvolver no Concello os membros da Agrupación Municipal Socialista, publicamos desta vez unhas imaxes onde se amosan algunhas nas propostas levadas os plenos do Concello de A Peroxa e que foron aceptadas polo goberno municipal e xa realizadas.

Comenzamos por unha das máis recentes, a nosa solicitude de reposición do espello no complicado cruce de Toubes que dificultaba a saída de vehículos cara a carretera de Ourense ou A Peroxa.

(ESTA ERA A SITUACIÓN ANTERIOR A NOSA PETICIÓN)

(AGORA VOLTASE A TER ESTE IMPRESCINDIBLE ELEMENTO DE SEGURIDADE)

Lembramos que a resposta no Pleno ante esta proposta foi que o Sr. Alcalde "estaba ata as narices, e de volver a faltar, non se reporía, polo elevado custe as arcas municipais".....¡¡¡



Fai xa un tempo tamén levamos a Pleno unha proposta ante a demanda e preocupación polos veciños e veciñas de Vilarrubin sobre o estado de rotura das columnas que sustentaban o teito do pendello do campo da festa. Logo da aceptación para seren reparadas, e ante unha longa espera fai xa un tempo que podemos observar os elementos para garantir a seguridade que se instalaron:





 (ESTA ERA O ESTADO DE PERIGOSIDADE, CON FENDAS PERIGOSAS)

(ROTAS DENDE PRÀCTICAMENTE A SÚA COLOCACIÓN)

(ASÌ FOI O PROCESO DE SUBSANACIÓN DAS DEFICIENCIAS...)

(ESTE O ESTADO ACTUAL UNHA VEZ REFORZADAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE)

(APUNTALANDO TAMÉN E REFORZANDO AS VIGAS DO TEITO)



Tamén dentro das moitas propostas de mellora levadas os plenos temos tido respostas negativas diante de evidencias que se fan dificil de entender a súa negativa.

Esto foi o que surxiu no pleno pasado de novembro onde, ante a nosa petición de melloras no estado do firme de varias carreteras existentes no Concello, que agora deben ser reparadas polas brigadas da Deputación houbo algunhas que si foron atendidas recentemente tras actuacións da Deputación no noso concello, que sin seren moi precisas si foron efectivas en algúns lugares.....

Pero no propio pleno o noso concelleiro Jose Artemio informou e solicitou do Sr. Alcalde para que solicitase o servizo da Deputación melloras na carretera que une o pobo de Gulfariz coa carretera que sube ata a Peroxa mediante o pobo de Andelo, ante a existencia de varias baches que non foron reparados.

O Sr. Alcalde ante o seu descoñecemento da situación xa que transita pouco polos pobos para ver as suas necesidades consultou o estado da mesma co seu concelleiro "da zona", Jose Manuel Vazquez Pereira con residencia habitual en Fontaiño, e polo tanto moi preto da zona sinalada e NEGOU que existisen anomalías no firme dese acceso os pobos afectados.

Este è o extracto da acta do pleno indicado coas propostas do noso concelleiro e a resposta do Alcalde e o seu concelleiro....




Aplicando o refraneiro popular......."onde unha imaxe vale máis que mil palabras", amosamos fotos do estado lamentable da citada carretera, para desmentir a opinión do señor Vazquez Pereira,  o cal, ou ben non lle interesan as melloras os veciños e veciñas da zona ou ben nos quere facer tontos a todos....


PARA COMENZAR....O BARRIZAL QUE SE FORMA NA INTERSECCION COAS PISTA QUE BAIXA A BARROSIÑA ONDE VARIOS VEHÍCULOS ARRASTRAN.


CONTINUAMOS CON EXEMPLOS DE CORTES NA VIA EXISTENTES NOS LATERAIS QUE FAI PERIGAR OS NEUMÁTICOS DOS VEHICULOS SE TEÑEN QUE ARRIMARSE O CRUZARSE CON OUTROS....




UNS POUCOS BACHES DE EXEMPLO ENTRE OUTROS MOITOS.....


 
PARA REMATAR PODEMOS TAMÉN ENGADIR ALGÚN DERRUMBE SEN ARRANXAR...




ESTE È COMO BEN PODERÍA SER CALQUER OUTRO EN CALQUER PARTE DO CONCELLO, O INTERÉS QUE TEÑEN POLAS DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS ALGÚNS DOS CONCELLEIROS DO GOBERNO MUNICIPAL DO PP NO CONCELLO DA PEROXA.

NON PECHEN OS OLLOS ANTE AS EVIDENCIAS.....¡¡¡


SOLUCIONEN OS PROBLEMAS DO CONCELLO QUE PARA ISO FORON ELEXIDOS ¡¡¡¡



SEGUIREMOS INFORMANDO E SOLICITANDO O ARRANXO DESTAS E DOUTRAS DEFICIENCIAS.







No hay comentarios:

Publicar un comentario