Dentro da etiqueta de "imaxes indesexables" amosamos outra das consecuencias do recente temporal sufrido e que nos deixa algún deterioro no campo da saúde como è a caida dun panel informativo, o cal, solicitamos o seu arranxo antes dun maior deterioro.
Esta è a situación actual.....
Tamén informamos dalgunha situación "incorrecta" no que se refire os tan famosos Bancos da Deputación Provincial que están salpicados por todo o concello.
Entendemos que a característica destes bancos son para uso PÚBLICO dos veciños e veciñas do concello nos lugares que son instalados, tras petición o Concello.
Tendo en conta que o responsable do reparto e ubicación destes bens è como indicamos, o Concello de A Peroxa, tamén solicitamos un control sobre e seu uso e ubicación.
Nas seguintes imaxes atopamos como non sempre se usan públicamente........, senón que están en propiedades privadas ¡¡¡
REITERAMOS A NOSA PETICIÓN DE ARRANXO DESTAS "ANOMALÍAS" PARA UN MELLOR APROVEITAMENTO E USO DOS BENS DE CARÁCTER PÚBLICO NO NOSO CONCELLO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario