Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Outra proposta da nosa Agrupación.......¿realizada?

Unha das recentes propostas de mellora feitas polos membros da nosa Agrupaciòn foi atendida polo Concello e arranxou parte do solicitado.

Concretamente a nosa petición era para o asfaltado duns baches que se produciran na pista do pobo do Amigo, onde entre o paso dos vehículos e as contínuas choivas fixeran intransitable a circulación.

Tras ser comprobada esta demanda persoalmente polo Sr. Alcalde (será que non se fìa da nosa demanda nin da súa concelleira residente no lugar) estes días pasados a "brigada" do Concello subsanou parte das deficiencias como se amosa nas seguintes imaxes....





Como se pode apreciar nas imaxes os arranxos non foron moi extensos, ainda que sì efectivos nos casos máis graves....¡¡

Ahora tamén amosamos unha imaxe deste mesmo lugar, onde todavía existen baches nunha zoa que todavía está de terra, logo dunhas reformas que se fixeron xa fai máis de 10 anos e que ainda non fora arranxada, e polo que observamos desta vez tamén miraron cara outro lado.......¡¡


(ESTA ZONA ONDE SE APRECIAN OS BACHES CHEOS DE AUGA TODAVÍA É DE TERRA)



QUE LÁSTIMA QUE DESPOIS DUNHA ACTUACIÓN TAN EFECTIVA E RÁPIDA DESPOIS DA NOSA DEMANDA NON FOSEN QUEN DE FACER UNHA MELLOR ACTUACIÓN.



No hay comentarios:

Publicar un comentario