Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 31 de agosto de 2012

Aviso importante

Este vindeiro luns día 3 de setembro dende as 18:30 ata as 20:00 estará na Peroxa a Unidade Móvil do Centro de Transfusión de Galicia para que poidamos doar sangue.

Un sencillo acto moi necesario que pode axudar moito a quen o necesita.

Acude e doa sangue ¡¡


jueves, 30 de agosto de 2012

Curiosidades....¡¡

Atopámonos hoxe novamente no xornal local La Región con varias "perlas" sobre a nefasta xestión de Feijoo o fronte da Xunta nesta lexislatura.

Caracterizadas por anuncios de cartón e promesas incumplidas en tódolos sectores.

Chamounos especialmente a atención un artigo que reflexa a súa situación cara a cidadanía........vendendo milongas e mentiras que só él cree, mentras o resto da poboación sufre as súas neglixencias....



Pòdese decir máis ALTO pero non máis CLARO ¡¡

Usando o seu lema do 2009......CHEGOU O MOMENTO¡¡.......



FEIJOO NUNCA MÁIS



Comenza a actividade competitiva dos equipos do Concello

Xa estamos diante do fin de semana onde comenza a actividade deportiva e competitiva para parte do equipos representativos do noso Concello.

A falta do inicio das competición de fùtbol-sala, fútbol 7, fùtbol de veteráns ou as categorías do fùtbol base, estes son os encontros que disputarán os nosos equipos:

A PEROXA C.F - SD NOGUEIRA: Domingo 2 as 17:30 no campo do Marco.

A PEROXA "B" C.F. - TRIVES: Sàbado 1 as 17:30 no campo do Marco.

COLES - ATL. PEROXA: Domingo 2 as 17:30 no campo de Albán (Coles).


Apoia e anima os nosos equipos ¡¡



miércoles, 29 de agosto de 2012

Actividade na Peroxa

Hoxe mércores 29 de agosto as 18:00 terá lugar no Polideportivo de A Peroxa unha interesante actividade para os nosos cativos e mozos (para idades entre os 6 e os 16 anos)

Tràtase dun Planetario Movil.

Actividade curisosa e diferente que agardemos sexa visitada por un bo número de asistentes.

A noticia desta actividade anúnciase na Web do Concello de A Peroxa, no seguinte enlace:

http://www.aperoxa.es/


PARTICIPA ¡¡


martes, 28 de agosto de 2012

ITV vehículos agrìcolas na Peroxa

Os vindeiros días 17, 18  e 19 de setembro en horario de 09:00 a 13:30 polas mañas e de 15:15 a 18:00 polas tardes estará no recinto feiral de A Peroxa o servizo móvil para realizar as inspeccións periódicas de vehículos agrícola.

O teléfono para solicitar a cita previa será:   881.920.980





lunes, 27 de agosto de 2012

NON SE CELEBRARÁ O PLENO

O pleno ordinario previsto para hoxe 27 de agosto de 2012 non se vai celebrar por non ter recibido os membros da nosa agrupación convocatoria algunha como tampouco ningún tipo de aviso ou comunicación de cales son os motivos polos que non se celebra na data prevista.

Agardamos poder informarvos pronto desta situación con algunha nova que dende o concello se nos comunique, así como da nova data proposta.





Excursion os Ancares Leoneses

A fin de semana de setembro dos días 22 e 23 organizase unha viaxe os Ancares Leoneses, para visitar e disfrutar deste paraiso natural.

A saida será o sabado as 08:30 e regreso o domingo pola tarde.

O aloxamento será gratuito en albergue (fianza de 20€ con devolución)

Tamén aloxamento en hotel que será subvencionado coa parte correspondente o que se pague por cada praza no albergue.

As comidas serán por conta propia.

Anótate no telèfono: 988-206614



martes, 21 de agosto de 2012

Festas Celaguantes 2012

As festas de Celaguantes deste ano 2012 celebranse o sàbado 1 de setembro con actos relixiosos e festivos onde os veciños e veciñas dos pobos cercanos disfrutarán un ano máis destas tradicionais festas e da presencia dos familiares, amigos e coñecidos que aproveitan estas datas para voltar a súa terra.

DISFRUTA E PARTICIPA NAS NOSAS FESTAS ¡¡


Cambio de data en actividad concello

Con motivo da situación climatolóxica adversa este pasado 15 de agosto, aprazouse a festa da auga que se iba a celebrar na piscina municipal.

A nova data prevista será a do vindeiro sàbado 1 de setembro.

Participa ¡¡

jueves, 16 de agosto de 2012

Màis sobre a situación das nosas fosas sèpticas

As noticias sobre o estado lamentable e de perigosidade medioambiental de moitas das fosas sèpticas existentes no concello voltan a ser negativas.

Tras reiteradas peticións por parte dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello os responsables municipais e persoalmente o Sr. Alcalde alertando do estado de abandono do estado das fosas que en moitas delas producen verquidos os regatos e olores insoportables para os veciños e veciñas próximos e ante a continua negativa a solucionar esta problemática decidimos comunicar esta situación a Consellería de Medio Ambiente que trasladou o asunto a Confederación Hidrogràfica do Miño-sil.

A citada Confederación tras varias comprobacións en varias fosas e advertindo tamén o concello para que solucionase estes problemas e novamente ante a súa pasividade abriulle expedientes sancionadores pola falta de autorización para tales verquidos e polos danos causados.

Tras varios procesos e prazos legais recentemente véñense de producir as resolucións definitivas sobre 4 expedientes sancionadores contra o Concello de A Peroxa polas situacións expostas nos cales sanciona económicamente o concello pola situación irregular de 4 fosas septicas: Souto, Conchouso, Pousada e Gulfariz.

Sancións económicas que o concello deberá pola súa neglixencia aboar cos cartos dos impostos de todos, e coa advertencia de que se a situación segue sen mellorar incrementarase cuantitativamente os posteriores expedientes sancionadores por reincidentes.

Esto confirma as nosas queixas e peticións de solucións ante esta situación que levaba anos sen actuacións de mellora a pesares das moitas queixas veciñais en varios pobos que conforman o noso concello.

Agardemos que esta medida sirva para que dunha vez por todas se poñan todos os medios necesarios para solucionar estes problemas como propuxemos en varios plenos a través de plans de limpeza anuais de fosas ou tamén solicitando este servizo que presta gratuitamente a Deputación de Ourense e que como è habitual foron rexeitados por parte dos membros do goberno do PP.

Esperamos polo tanto por unha solución que non pase por botarlle as culpas a mala xestión do servizo por parte dos veciños e veciñas como xa manifestou en algunha ocasión o Sr. Alcalde desviando así as súas responsabilidades.
Situación que seguramente tamén argumentará agora culpando destes expedientes sancionadores os membros da nosa Agrupación por tentar porlle solución a este problema, acudindo as administracións encargadas do seu control para defender os intereses e servizos dos nosos veciños e veciñas da Peroxa.




SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA NO NOSO CONCELLO ¡¡


martes, 14 de agosto de 2012

Novidades importantes no Concello de A Peroxa

Dùas novidades importantes veñen de ser publicadas recentemente nos respectivos boletíns que afectan o noso concello.

Comenzamos por unha que levávamos anos agardando por ela......

Tras moitos anos de peticións e agardando por unha actuación do concello, este 2012 por fin se solicitaron axudas para a construcción dun Parque Infantil, solicitado en numerosas ocasións polos pais dos nosos nenos e nenas e mesmo polas agrupacións políticas da oposición no concello.

No DOG do pasado 23 de xullo na súa páxina 29377 publicouse o importe concedido para tal fin o noso concello e que ascende a case 21.000€ de subvención por parte da Xunta de Galicia procedentes dos fondos europeos FEDER,os que temos que engadir a parte que debe aportar o concello.

Segundo temos tratado e preguntado en algún pleno celebrado, todavía o sr. Alcalde non confirmou a data de inicio das obras nen a súa ubicación, ainda que agardando a confirmación oficial creemos que se ubicará no entorno da Gardería Municipal.

No seguinte enlace tedes a publicación da concesión:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120723/AnuncioC3C1-130712-0006_gl.pdf


A outra noticia chega tamén relacionada coas nosas infraestructuras, e desta vez trátase da exposición pública o proxecto que abarca as obras dos Plans Provinciais 2012. Exposión pública que todos os interesados poder ver e analizar ata o vindeiro 21 de agosto nas oficinas do Concello de A Peroxa.

As obras aprobadas e que se realizaran seràn o abastecemento de auga o pobo de Gulfariz (solicitado polos veciños e veciñas deste pobo e tamén reclamado pola nosa Agrupación Municipal nun pleno), e tamén a mellora e pavimentación dos accesos os pobos de Baldomar e o Conchouso, tamèn necesaria, o igual que o resto de pobos do noso concello.

Todavía descoñecemos a data de inicio das obras, ainda que a obra de abastecemento de Gulfariz foi confirmado no citado pleno polo sr. Alcalde que comenzaría antes do verán (incumplido o prazo como è habitual).

Lembramos neste punto que todavía estàn sen comenzar as obras que estaban previstas nos Plans Provinciais do 2011 e que afectaban a varias obras nos núcleos de Abertesga e Outeiro.

No seguinte enlace, na paxina 10, a publicación destes acordos no Boletín Oficial da Provincia do pasado 28 de xullo:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=172&fecha=20120728

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA NO NOSO CONCELLO.

SEGUNDO SE VAIAN PRODUCINDO NOVIDADES NESTES OU NOUTROS ASUNTOS DE INTERÉS SEGUIREMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA.




lunes, 13 de agosto de 2012

Importante convocatoria

No DOG do martes 14 de agosto na súa pàxina 32599 convocouse pola Consellería de Traballo e Benestar as bases do programa de incentivos para a contratación das persoas traballadoras por parte das empresas neste 2012.

Unha interesante convocatoria para as empresas que necesiten contratar persoal, está dividido en varios programas segundo os sectores e o perfil dos contratados.

No seguinte enlace toda a información necesaria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120814/AnuncioCA05-080812-0001_gl.pdf



Asì está o noso Concello

Fai unhas semanas recibimos con satisfacción a realización dunha das nosas propostas presentadas o Concello para a mellora das nosas infraestructuras. Certo è que non se realizaron na súa totalidade as nosas peticións, pero sí parte delas como foi a instalación dun valado protector na carretera cara Ourense, a entrada da Ponte da Barra, para previr posibles accidentes graves os conductores que a transitamos frecuentemente.


Agardamos que se sigan realizando actuacións de mellora no noso Concello, ben sexa as de iniciativa dos nosos mandatarios, así como tamén as que dende a nosa Agrupación Municipal Socialista se propoñen e que moitas delas están todavía pendentes, como varias en Graìces, no campo de Vilarrubin, en Casundila....etc.


Porque exemplos de actuacións urxentes e necesarias podémolas atopar en calquer lugar do concello.....


A MALEZA SEGUE INVADINDO AS NOSAS CARRETERAS.......




AS NOSAS VÍAS DE COMUNICACIÓN NUN ESTADO DE DETERIORO GRAVE...





SEGUIREMOS TRABALLANDO E LOITANDO PARA MELLORAR ESTAS SITUACIÓNS

Festas en Besteiros 2012

Un ano máis acercámonos a outra das nosas festas tradicionais, as festas de Besteiros que se celebrarán o vindeiro fin de semana 18 e 19 de Agosto, con actos relixiosos e festivos, e o igual que noutras que se celebran no concello sirve para o regreso "a casa" de moitos dos nosos veciños e veciñas que por cuestións laborais están lonxe, os cales lle damos a benvida e o desexo dunhas boas festas.

Disfruta e participa nas nosas festas patronais ¡¡


viernes, 10 de agosto de 2012

Actividades no concello

Logo de meses de inactividade total por parte dos mandatarios do concello, parece que comenzan a surxir algunhas actividades para os nosos veciños e veciñas.

En primeiro lugar comenzaremos por anunciar as horas, datas e lugares da recuperada actividade de Ximnasia de mantemento, solicitada pola nosa Agrupación Municipal Socialista no concello a través dunha moción que se debatiu e se aprobou nun pleno recentemente celebrado.

LUNS: As 16:00 en Peares
            As 17:30 en Corbelle
            As 19:00 na Orden

MARTES: As 16:00 en San Cibrao
                 As 17:30 en Armental
                 As 19:00 en Toubes

MERCORES: As 16:00 en Besteiros
                       As 17:30 en Mirallos
                      As 19:00 en Graices

VENRES: As 16:00 en Aspanas
                 As 17:30 en Casundila
                 As 19:00 na Peroxa

Animamos a tódolos veciños e veciñas a participar nesta actividade saudable ¡¡

Tamén queremos anunciar outras dúas actividades que se celebraràn neste mes de Agosto:

O dìa 15 dende as 13:30 na piscina celebrarase unha  
Festa Acuática  
para participantes de tódalas idades.


O día 26 de Agosto haberá unha viaxe o Parque Acuático de Cerceda.
Saìda dende a praza do Concello na Peroxa as 9:00
Poderase levar a comida ou ben se pode comer nos lugares habilitados no propio parque
Viaxe para tódalas idades, ainda que os menores de 8 anos teñen que ir acompañadas polos seus pais.

Para os amantes da auga e especialmente das piscinas, recomendamos especialmente esta viaxe polo espectacular e atractivo do lugar, algo que xa moitos poidemos disfrutar:






ANOTATE E PARTICIPA NESTAS ACTIVIDADES A TRAVÉS DO TF: 988-206614





jueves, 9 de agosto de 2012

Datos para os incrédulos ¡¡

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa, sempre traballamos con datos reais sobre as cuestións que tratamos tanto neste blog, coma nos plenos ou en algùn outra vía informativa.

Datos comprobables por calquera veciño ou veciña cando así o estimen oportuno.

Polo tanto neste artigo voltamos a informar e publicar algúns datos para os incrédulos sobre temas como o desproporcionado soldo do noso alcalde, que recentemente foi noticia na prensa galega (ainda que con datos lonxe da realidade), ou tamén sobre a débeda que ten o noso concello.

No referente o soldo que o alcalde leva do concello pódese atopar publicado no Boletín Oficial da Provincia número 99 do luns 30 de abril na páxina 3 onde reflexa unha cantidade de 28.986€ anuais dos que saen mensualmente 2.415.

LEMBRAMOS QUE ESTE SOLDO È POR UNHA DEDICACIÓN PARCIAL SOAMENTE ¡¡

O mesmo tempo na mesma pàxina tamén se publican as aportacións que levan dos nosos impostos os concelleiros de Urbanismo, de Servizos Sociais, así como tamén do tesoureiro (función que desenrola outro concelleiro).

Na seguinte imaxe tedes os datos da citada pàxina:


Sobre este tema do soldo dos alcaldes que levamos dende o inicio desta lexislatura reclamando como desproporcionado para o noso concello  e solicitando unha rebaixa que se adecue as necesidades e situación dun concello de pouco máis de 2000 habitantes.

Agora a raìz dos recortes desproporcionados e inxustos do goberno do PP do Rajoy a clase obreira e traballadora, e especialmente os traballadores da función pública, a prensa faise eco desta situación insostible como é os ABUSIVOS soldos dos Alcaldes dos concellos.

Fai uns días no xornal La Voz de Galicia publicouse un artigo onde aparecía o ranking dos alcaldes mellor pagados de Galicia onde a pesares dos datos erróneos, porque aparecía no noso concello unha cantidade de 21.000€ (moi lonxe da realidade), o noso Alcalde aparece no posto nº 36 dos 315 concellos galegos.

Unha posición que para nada concorda coa realidade dun concello abandoado en canto a servizos e infraestructuras, especialmente nos pobos que o compoñen.

REFLEXIÓN: Se con estes datos erróneos aparece no posto 36........cos reais aparecerían entre os 20 que màis cartos levan dos impostos dos veciños.

Estes datos tamén son contrastados nas seguintes imaxes:



A clasificación está de menor a maior.


REPETIMOS: DATOS E MÁIS DATOS QUE CORROBORAN AS NOSAS DEMANDAS DUNHA REBAIXA SALARIAL NO NOSO CONCELLO NUN SOLDO QUE CONSIDERAMOS ABUSIVO E DESPROPORCIONADO.

AGARDAMOS ASIMESMO QUE ANTE AS MOITAS INICIATIVAS DE REBAIXA QUE SURXEN EN VARIOS CONCELLOS DE GALICIA POR PARTE DAS CORPORACIÓNS MUNICIPAIS PARA REBAIXAR AS SÚAS RETRIBUCIÓNS PARA SOLIDARIZARSE COS SEUS TRABALLADORES PÙBLICOS SE FAGA TAMEN NO CONCELLO DE A PEROXA.

Hoxe mesmo unha interesante noticia na prensa que agardamos sexa unha realidade:

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201208G9P4991&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E


Outro dos temas de actualidade e o referente a débeda dos concellos. No noso de A Peroxa, a pesares das informacións contradictorias do grupo de goberno do PP a nosa débeda a data 31/12/2011 è de 401.000€, datos facilitados polo Ministerio de Administracións Pùblicas, responsable deste apartado.

Datos comprobables e públicos:


Outra fonte de información sobre os mesmos datos no seguinte enlace:

http://www.foro-ciudad.com/orense/a-peroxa/mensaje-10199864.html


ESTA È A NOSA REALIDADE, CON DATOS OFICIAIS E PÚBLICOS PARA CALQUER CIDADÁN, PARA DESMENTIR OUTRAS INFORMACIÓNS ALONXADAS DA REALIDADE.

COMO È BEN SABIDO POR TODOS, ESTAS DÉBEDAS DAS ADMINISTRACIÓNS SON AS QUE FAN QUE OS RECORTES PARA TAPAR ESTES DATOS DE MALAS XESTIÓN AS TEÑAMOS QUE SOPORTAR OS ESPAÑOIS, CON RECORTES SALARIAIS, EN EDUCACIÓN, EN SANIDADE, ETC.

Aquí xa non valen excusas de "herencias recibidas" como proclaman os nosos gobernantes, comenzando polo sr. Rajoy e rematando polo sr.. Feijoo, cando saben que o problema è xeral e de tódalas cores políticas; pero tamén è certo que o mapa nacional hoxe en día en España en canto a poder político reflexa unha maioría de gobernantes do Partido Popular que por este motivo fai que sexan maioritariamente responsables dunhas dèbedas que agora soportan os bolsillos dos cidadáns.

POLO TANTO...... MENOS DEMAGOXIA E MENTIRAS E ASUMAN A SÚA INCOMPETENCIA PARA SACAR ADIANTE ESTE PÁIS¡¡


miércoles, 8 de agosto de 2012

Artigos de opinión "curiosos" na prensa local La Region

Estamos a observar con certa "sorpresa" as noticias e artigos de opinión que dende o xornal ourensán La Región lle está a adicar aos membros do goberno galego do "amigo" Feijoo.

Unhas novas que non fan máis que acrecentan públicamente a fenda no seo dos membros do PP ourensán cos seus "colegas" de Santiago.

Para exemplo os seguintes:


Neste artigo o "perxudicado" e o sr. Camba, Secretario Xeral de Emigración, un dos políticos galegos mellor pagados e máis nefastos na súa xestión que se teñen coñecido.


Aquí reflesionase sobre o "amaño electoral" que pretende o presidente Feijoo para agarrarse o seu sillón presidencial da Xunta, modificando unha lei electoral acordada por todos para tentar cambiar o resultado electoral que se aveciña e todo parece indicar (por méritos propios), que a cidadanía vai castigar pola súa nefasta xestión.

Finalmente tamén hai "cera" para un dos seus.....o noso querido alcalde nas súas funcions de ex-presidente do Ourense, que no se sabe moi ben si está, si non está, si vai ou si ven....o caso è estar "no medio".



Asì è como está o "patio", revolto entre os que se consideran "amigos"



martes, 7 de agosto de 2012

Na defensa do público ¡¡

Tras un pequeno e merecido descanso na actividade deste blog, recuperamos a actividade diaria e constante sobre as novas que xurden en torno o noso concello.

Nembargartes, e para comenzar con temas de actualidade colgamos un manifesto de apoio incondicional o sector público que nestes días está a ser vilipendiado polo goberno do PP.


Lembra......" O PÚBLICO È SERVIZO, E O PRIVADO BENEFICIO".



miércoles, 1 de agosto de 2012

Festas de Graices 2012

Un ano máis estamos diante dunha das festas máis importantes do noso concello, as festas das Neves en Graices.
Este vindeiro fin de semana: sabado, domingo e luns os actos festivos e relixiosos serán o centro de atención desa parroquia que acollerá a moitos visitantes nunhas festas que conta este ano, unha vez máis con orquestras de primeiro nivel.

Este fin de semana, vèmonos en Graíces ¡¡

Disfruta e participa das nosas festas.