Comenzamos por unha que levávamos anos agardando por ela......
Tras moitos anos de peticións e agardando por unha actuación do concello, este 2012 por fin se solicitaron axudas para a construcción dun Parque Infantil, solicitado en numerosas ocasións polos pais dos nosos nenos e nenas e mesmo polas agrupacións políticas da oposición no concello.
No DOG do pasado 23 de xullo na súa páxina 29377 publicouse o importe concedido para tal fin o noso concello e que ascende a case 21.000€ de subvención por parte da Xunta de Galicia procedentes dos fondos europeos FEDER,os que temos que engadir a parte que debe aportar o concello.
Segundo temos tratado e preguntado en algún pleno celebrado, todavía o sr. Alcalde non confirmou a data de inicio das obras nen a súa ubicación, ainda que agardando a confirmación oficial creemos que se ubicará no entorno da Gardería Municipal.
No seguinte enlace tedes a publicación da concesión:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120723/AnuncioC3C1-130712-0006_gl.pdf
A outra noticia chega tamén relacionada coas nosas infraestructuras, e desta vez trátase da exposición pública o proxecto que abarca as obras dos Plans Provinciais 2012. Exposión pública que todos os interesados poder ver e analizar ata o vindeiro 21 de agosto nas oficinas do Concello de A Peroxa.
As obras aprobadas e que se realizaran seràn o abastecemento de auga o pobo de Gulfariz (solicitado polos veciños e veciñas deste pobo e tamén reclamado pola nosa Agrupación Municipal nun pleno), e tamén a mellora e pavimentación dos accesos os pobos de Baldomar e o Conchouso, tamèn necesaria, o igual que o resto de pobos do noso concello.
Todavía descoñecemos a data de inicio das obras, ainda que a obra de abastecemento de Gulfariz foi confirmado no citado pleno polo sr. Alcalde que comenzaría antes do verán (incumplido o prazo como è habitual).
Lembramos neste punto que todavía estàn sen comenzar as obras que estaban previstas nos Plans Provinciais do 2011 e que afectaban a varias obras nos núcleos de Abertesga e Outeiro.
No seguinte enlace, na paxina 10, a publicación destes acordos no Boletín Oficial da Provincia do pasado 28 de xullo:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=172&fecha=20120728
SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA NO NOSO CONCELLO.
SEGUNDO SE VAIAN PRODUCINDO NOVIDADES NESTES OU NOUTROS ASUNTOS DE INTERÉS SEGUIREMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario