Tras reiteradas peticións por parte dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello os responsables municipais e persoalmente o Sr. Alcalde alertando do estado de abandono do estado das fosas que en moitas delas producen verquidos os regatos e olores insoportables para os veciños e veciñas próximos e ante a continua negativa a solucionar esta problemática decidimos comunicar esta situación a Consellería de Medio Ambiente que trasladou o asunto a Confederación Hidrogràfica do Miño-sil.
A citada Confederación tras varias comprobacións en varias fosas e advertindo tamén o concello para que solucionase estes problemas e novamente ante a súa pasividade abriulle expedientes sancionadores pola falta de autorización para tales verquidos e polos danos causados.
Tras varios procesos e prazos legais recentemente véñense de producir as resolucións definitivas sobre 4 expedientes sancionadores contra o Concello de A Peroxa polas situacións expostas nos cales sanciona económicamente o concello pola situación irregular de 4 fosas septicas: Souto, Conchouso, Pousada e Gulfariz.
Sancións económicas que o concello deberá pola súa neglixencia aboar cos cartos dos impostos de todos, e coa advertencia de que se a situación segue sen mellorar incrementarase cuantitativamente os posteriores expedientes sancionadores por reincidentes.
Esto confirma as nosas queixas e peticións de solucións ante esta situación que levaba anos sen actuacións de mellora a pesares das moitas queixas veciñais en varios pobos que conforman o noso concello.
Agardemos que esta medida sirva para que dunha vez por todas se poñan todos os medios necesarios para solucionar estes problemas como propuxemos en varios plenos a través de plans de limpeza anuais de fosas ou tamén solicitando este servizo que presta gratuitamente a Deputación de Ourense e que como è habitual foron rexeitados por parte dos membros do goberno do PP.
Esperamos polo tanto por unha solución que non pase por botarlle as culpas a mala xestión do servizo por parte dos veciños e veciñas como xa manifestou en algunha ocasión o Sr. Alcalde desviando así as súas responsabilidades.
Situación que seguramente tamén argumentará agora culpando destes expedientes sancionadores os membros da nosa Agrupación por tentar porlle solución a este problema, acudindo as administracións encargadas do seu control para defender os intereses e servizos dos nosos veciños e veciñas da Peroxa.
SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA NO NOSO CONCELLO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario