Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 9 de agosto de 2012

Datos para os incrédulos ¡¡

Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa, sempre traballamos con datos reais sobre as cuestións que tratamos tanto neste blog, coma nos plenos ou en algùn outra vía informativa.

Datos comprobables por calquera veciño ou veciña cando así o estimen oportuno.

Polo tanto neste artigo voltamos a informar e publicar algúns datos para os incrédulos sobre temas como o desproporcionado soldo do noso alcalde, que recentemente foi noticia na prensa galega (ainda que con datos lonxe da realidade), ou tamén sobre a débeda que ten o noso concello.

No referente o soldo que o alcalde leva do concello pódese atopar publicado no Boletín Oficial da Provincia número 99 do luns 30 de abril na páxina 3 onde reflexa unha cantidade de 28.986€ anuais dos que saen mensualmente 2.415.

LEMBRAMOS QUE ESTE SOLDO È POR UNHA DEDICACIÓN PARCIAL SOAMENTE ¡¡

O mesmo tempo na mesma pàxina tamén se publican as aportacións que levan dos nosos impostos os concelleiros de Urbanismo, de Servizos Sociais, así como tamén do tesoureiro (función que desenrola outro concelleiro).

Na seguinte imaxe tedes os datos da citada pàxina:


Sobre este tema do soldo dos alcaldes que levamos dende o inicio desta lexislatura reclamando como desproporcionado para o noso concello  e solicitando unha rebaixa que se adecue as necesidades e situación dun concello de pouco máis de 2000 habitantes.

Agora a raìz dos recortes desproporcionados e inxustos do goberno do PP do Rajoy a clase obreira e traballadora, e especialmente os traballadores da función pública, a prensa faise eco desta situación insostible como é os ABUSIVOS soldos dos Alcaldes dos concellos.

Fai uns días no xornal La Voz de Galicia publicouse un artigo onde aparecía o ranking dos alcaldes mellor pagados de Galicia onde a pesares dos datos erróneos, porque aparecía no noso concello unha cantidade de 21.000€ (moi lonxe da realidade), o noso Alcalde aparece no posto nº 36 dos 315 concellos galegos.

Unha posición que para nada concorda coa realidade dun concello abandoado en canto a servizos e infraestructuras, especialmente nos pobos que o compoñen.

REFLEXIÓN: Se con estes datos erróneos aparece no posto 36........cos reais aparecerían entre os 20 que màis cartos levan dos impostos dos veciños.

Estes datos tamén son contrastados nas seguintes imaxes:



A clasificación está de menor a maior.


REPETIMOS: DATOS E MÁIS DATOS QUE CORROBORAN AS NOSAS DEMANDAS DUNHA REBAIXA SALARIAL NO NOSO CONCELLO NUN SOLDO QUE CONSIDERAMOS ABUSIVO E DESPROPORCIONADO.

AGARDAMOS ASIMESMO QUE ANTE AS MOITAS INICIATIVAS DE REBAIXA QUE SURXEN EN VARIOS CONCELLOS DE GALICIA POR PARTE DAS CORPORACIÓNS MUNICIPAIS PARA REBAIXAR AS SÚAS RETRIBUCIÓNS PARA SOLIDARIZARSE COS SEUS TRABALLADORES PÙBLICOS SE FAGA TAMEN NO CONCELLO DE A PEROXA.

Hoxe mesmo unha interesante noticia na prensa que agardamos sexa unha realidade:

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201208G9P4991&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E


Outro dos temas de actualidade e o referente a débeda dos concellos. No noso de A Peroxa, a pesares das informacións contradictorias do grupo de goberno do PP a nosa débeda a data 31/12/2011 è de 401.000€, datos facilitados polo Ministerio de Administracións Pùblicas, responsable deste apartado.

Datos comprobables e públicos:


Outra fonte de información sobre os mesmos datos no seguinte enlace:

http://www.foro-ciudad.com/orense/a-peroxa/mensaje-10199864.html


ESTA È A NOSA REALIDADE, CON DATOS OFICIAIS E PÚBLICOS PARA CALQUER CIDADÁN, PARA DESMENTIR OUTRAS INFORMACIÓNS ALONXADAS DA REALIDADE.

COMO È BEN SABIDO POR TODOS, ESTAS DÉBEDAS DAS ADMINISTRACIÓNS SON AS QUE FAN QUE OS RECORTES PARA TAPAR ESTES DATOS DE MALAS XESTIÓN AS TEÑAMOS QUE SOPORTAR OS ESPAÑOIS, CON RECORTES SALARIAIS, EN EDUCACIÓN, EN SANIDADE, ETC.

Aquí xa non valen excusas de "herencias recibidas" como proclaman os nosos gobernantes, comenzando polo sr. Rajoy e rematando polo sr.. Feijoo, cando saben que o problema è xeral e de tódalas cores políticas; pero tamén è certo que o mapa nacional hoxe en día en España en canto a poder político reflexa unha maioría de gobernantes do Partido Popular que por este motivo fai que sexan maioritariamente responsables dunhas dèbedas que agora soportan os bolsillos dos cidadáns.

POLO TANTO...... MENOS DEMAGOXIA E MENTIRAS E ASUMAN A SÚA INCOMPETENCIA PARA SACAR ADIANTE ESTE PÁIS¡¡


1 comentario:

  1. Coido que é preciso darlle máxima difusión a esta información para que a coñezan en todos os pobos do concello.

    O alcalde debe asumir a responsabilidade de preocuparse dunha maneira interesada en percibir unhas retribucións desproporcionadas de acordo a realidade, características deste conello, é máis grave ainda por unha dedicación parcial...

    A marxe do que cobra, ¿por que a xente escolle a un alcade con dedicación parcial que por encima cobra máis do que correspondería a unha dedicación completa? Necesitamos un alcalde que se preocupe polo concello e non só por el mesmo.

    ResponderEliminar