Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 13 de agosto de 2012

Asì está o noso Concello

Fai unhas semanas recibimos con satisfacción a realización dunha das nosas propostas presentadas o Concello para a mellora das nosas infraestructuras. Certo è que non se realizaron na súa totalidade as nosas peticións, pero sí parte delas como foi a instalación dun valado protector na carretera cara Ourense, a entrada da Ponte da Barra, para previr posibles accidentes graves os conductores que a transitamos frecuentemente.


Agardamos que se sigan realizando actuacións de mellora no noso Concello, ben sexa as de iniciativa dos nosos mandatarios, así como tamén as que dende a nosa Agrupación Municipal Socialista se propoñen e que moitas delas están todavía pendentes, como varias en Graìces, no campo de Vilarrubin, en Casundila....etc.


Porque exemplos de actuacións urxentes e necesarias podémolas atopar en calquer lugar do concello.....


A MALEZA SEGUE INVADINDO AS NOSAS CARRETERAS.......




AS NOSAS VÍAS DE COMUNICACIÓN NUN ESTADO DE DETERIORO GRAVE...





SEGUIREMOS TRABALLANDO E LOITANDO PARA MELLORAR ESTAS SITUACIÓNS

No hay comentarios:

Publicar un comentario