Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 10 de agosto de 2012

Actividades no concello

Logo de meses de inactividade total por parte dos mandatarios do concello, parece que comenzan a surxir algunhas actividades para os nosos veciños e veciñas.

En primeiro lugar comenzaremos por anunciar as horas, datas e lugares da recuperada actividade de Ximnasia de mantemento, solicitada pola nosa Agrupación Municipal Socialista no concello a través dunha moción que se debatiu e se aprobou nun pleno recentemente celebrado.

LUNS: As 16:00 en Peares
            As 17:30 en Corbelle
            As 19:00 na Orden

MARTES: As 16:00 en San Cibrao
                 As 17:30 en Armental
                 As 19:00 en Toubes

MERCORES: As 16:00 en Besteiros
                       As 17:30 en Mirallos
                      As 19:00 en Graices

VENRES: As 16:00 en Aspanas
                 As 17:30 en Casundila
                 As 19:00 na Peroxa

Animamos a tódolos veciños e veciñas a participar nesta actividade saudable ¡¡

Tamén queremos anunciar outras dúas actividades que se celebraràn neste mes de Agosto:

O dìa 15 dende as 13:30 na piscina celebrarase unha  
Festa Acuática  
para participantes de tódalas idades.


O día 26 de Agosto haberá unha viaxe o Parque Acuático de Cerceda.
Saìda dende a praza do Concello na Peroxa as 9:00
Poderase levar a comida ou ben se pode comer nos lugares habilitados no propio parque
Viaxe para tódalas idades, ainda que os menores de 8 anos teñen que ir acompañadas polos seus pais.

Para os amantes da auga e especialmente das piscinas, recomendamos especialmente esta viaxe polo espectacular e atractivo do lugar, algo que xa moitos poidemos disfrutar:






ANOTATE E PARTICIPA NESTAS ACTIVIDADES A TRAVÉS DO TF: 988-206614





No hay comentarios:

Publicar un comentario