Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 12 de julio de 2012

Resumo do interesante pleno no concello do 09/07/2012

Seguindo co noso compromiso de información os veciños e veciñas de A Peroxa, das situacións que se producen no noso Concello, pasamos a resumir o acordado no pleno do pasado luns 9 de xullo.

Seguiremos o mesmo orde que reflexaba a orde do día, punto por punto:

1) Aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

2) Aprobouse por unanimidade a consideración de pleno ordinario, xa que por algún punto do día e por non corresponder na data sinalada ( retraso o que nos accedimos tras petición por parte do Concello por ter algún tema pendente e evitar así ter que celebrar 2 no mesmo mes, co dobre gasto que eso suporía) podía considerarse extraordinario.

3) Aprobouse por unanimidade a Conta Xeral do Orzamento do exercicio 2011.
Aquí temos que indicar que nos datos que nos informou o Concello o ano rematou con máis de 300.000€ de superavit. Unha boa cantidade según a opinión dos mandatarios do PP, na que nos opinamos tamén que economicamente è un bo dato, pero botamos en falta que non se tiveran empregado nas moitas necesidades que ten o Concello nos seus servizos básicos: infraestructuras e arranxo de anomalía e de vías de comunicación principalmente.
Este dato confirma que cando o Sr. Alcalade nega as nosas propostas para obras de mellora no concello alegando a falta de cartos, este dato non avala as súas respostas.
Neste punto indicar tamén que segundo os datos publicados polo Ministerio de Administracións Pùblicas con respecto a débeda dos concellos informamos que agora mesmo a débeda do Concello de A Peroxa a data 31/12/2011 è de 401.000€ ¡¡

4) Aprobouse por unanimidade a cesión por parte do Concello ao Sergas o Centro de Saùde de A Peroxa, para que así se faga cargo dos elevados custos de mantemento.

5) No tema da investigación da existencia dun camiño público en litixio na parroquia de Carracedo, acordouse cos votos do PP e a abstención do PSOE (por falta de máis información) o arquivo das actuacións.

6) No punto referente a modificación de crèdito 1/2012 aprobouse cos votos do PP a citada modificación que básicamente repartía en diferentes partidas os orzamentos o superavit sinalado no punto 3. Sinalar aquí que unha das partidos orzamentarias que recibe máis aportación volta a ser a dos 33.000€ para dietas que se incrementa en 8.000€ máis ¡¡  IMCOMPRENSIBLE.

7) Neste punto informouse que os decretos dictados pola Alcaldía está a nosa disposición. Pola nosa parte indicar que xa foron analizados con anterioridade a este pleno.

8) As nosas mocións presentadas para este pleno foron as dúas denegadas cos votos en contra dos membros do PP.
Na moción sobre un plan de actuacións de mellora sobre o estado deficiente das bocas de emerxencia contra incendios nos pobos indicar que o Sr. Alcalde negou que estiveran en mal estado, afirmou que estaban en perfecto estado, visibles e listas para facer uso delas. Indicou que en todas elas hai (ou debería haber) un precinto de seguridade que garantiza o seu funcionamento. Nos nunca tal precinto vimos. Manifestou que o concello non ìa asumir un coste en material contraincendios como poderían ser as mangueiras porque sería elevado e inasumible, ademáis que dudaba do uso e estado de conservación que se podería facer delas, sinalando que en varias pobos os propios veciños xa a mercaran eles para estes casos.
En canto a súa sinalización expuso que os servizos contraincendios que veñen "por aquì" xa saben delas. Nos preguntamos porqué en algúns pobos estàn pechadas con candado e quen tiña a chave en caso de emerxencia, o que respostou que se facía falta rompíase.
No tema de ter accesibles puntos de carga de auga nos pobos a través da limpieza dos lavadoiros e similares tampouco o aceptou.
Para rematar manifestamos que lamentabamos o pouco interese por parte do Concello en garantir seguridade dos veciños en canto a bens materiais e persoais e que unha moción similar a que nos presentamos foi presentada tamén por membros do sur partido do PP na oposición noutro concello ourensán e sí foi aceptada polo respectivo goberno socialista.

Na moción que presentamos para a creación dunha bolsa municipal de emprego, onde tódolos veciños e veciñas que o desexaran, e especialmente os 149 parados do concello, que por certo neste último ano aumentaron un 40% tiveran acceso a información sobre as ofertas de emprego que propòn o concello ou mesmo de empresas da zona en igualdade de condicións e non avisando a quen a eles tan só lles interesa.
Aquí logo de debater e explicarlle varias veces, que parecía que non quería entender, a nosa proposta negouse por completo indicando con dureza e con tono fora de lugar que " QUEN GOBERNAMOS SOMOS NÒS, E NON ADMITIMOS QUE NOS DIGADES O QUE TEMOS QUE FACER..."
Triste manifestación e con pouco argumento, xa que nos tan só propoñemos non impoñemos (cousa que por certo a él dáselle bastante ben).
Con estas manifestacións propias doutra època está todo dito ¡¡

9) Presentamos un rogo no que solicitàbamos se invertirán as axudas convocadas pola Xunta de Galicia en obras de saneamento en algún dos pobos da parroquía de San Cristovo de Souto, onde non hai en ningún ou na parroquia de San Xès, concretamento no pobo do Val, onde a situación è grave polos verquidos a propia rúa, logo de terlle os propios veciños solicitado este servicio con recollida de sinaturas incluídas.
Neste rogo continuando cos malos modos e tono desafiante do punto anterior manifestou que nunca ningún veciño da parroquía de San Cristovo lle solicitara tal servicio, que pensa que estamos inventando nós esas peticións sen motivo algún. No pobo da Costa da Cabra que tamén nomeamos indicou que non teñen o servizo porque non queren, que paguen e enganchen.
En canto o do Val recoñeceu a petición e sería atendida no futuro, eso sí , despois de criticar actitudes incívicas de algùn veciño no que respecta os verquidos. Tamén se comprometeu a vixiar os verquidos das fosas da Peroxa que chegan ata preto deste pobo do Val.

En canto as preguntas temos que comenzar por indicar unha situación dantesca: advertiunos o Sr. Alcalde de que non podía estar respostando as nosas preguntas en cada pleno 20 ou 30 (cando tan só presentamos para este pleno 6 as que engadimos as do anterior porque non as quixo contestar que eran outras 7). Indicamos que non eran preguntas para nós senón para as preocupación de moitos veciños e veciñas dos que é Alcalde, e que ademáis è un DEREITO que temos como oposición e unha OBRIGACIÓN que ten él de respostalas. Nòtase que está bastante falto de lectura das leis ¡¡

As respostas do Sr. Alcalde foron as seguintes, moitas delas ambigüas e sen contido ou con respostas "simpáticas" e "cínicas" que os seus membros de goberno do PP tamén consideraban así polas risas que expresaron no pleno.......ESTA É A SERIEDADE E O QUE LLE IMPORTAN OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS OS NOSOS MANDATARIOS ¡¡ ademáis dunha falta de respeto total polo traballo da xente que non pensa coma eles:

 1) Nas preguntas polas obras que se van acometer polas actuación de Desenvolvemento Rural indicounos que se emplearán básicamente na construccións duns vestiarios no campo de fùtbol e outras actuacións, que non tiña datos das cantidades nin dos prazos.
Nos facilitamos os veciños máis información nas paxinas 42332 e 42334 do seguinte enlace do BOP:
http://www.boe.es/boe/dias/2012/06/11/pdfs/BOE-A-2012-7791.pdf

2) Nas preguntas polas inversión coas subvencións para infraestructuras no rural da Xunta, respostou que se irá por fin facer o tan demandado Parque Infantil, desoñecendo o orzamento, a ubicación e o prazo previsto.

3) Nas preguntas polos Plans de Cooperación polos cales o concello podía contratar 7 persoas en situación de desemprego respostou que xa estaban publicados con recortes significativos, pero que o servizo de socorrismo da piscina xa estaba en funcionamento.

4) En canto os recortes educativos do PP que suporán supresión de aulas no centro de Cambeo, e na que hai afectados do noso concello sinalou que eso era unha alarma social creada polos socialistas  e que non tiña sustento, que era únicamente con fins electorais.

5) No tema da ausencia de alumnos no colexio do noso concello voltou as malas formas acusando persoalmente o noso portavoz socialista de ser parte da culpa por non traeren os seus fillos a este centro, o que lle respostou que cada un mira pola educación dos seus fillos según lle interesa e que tería casos ainda peores dos seus propios colaboradores que ainda lle afectarían máis. Indicou que o nùmero de alumnos quedaría entre 14 e 15 garantindo así o seu futuro neste curso.
Aproveitou aquí tamén como en algúnhas outras respostas para acusar desta situación a herdanza socialista no goberno de Zapatero........triste e demagóxico argumento o non saber asumir as súas responsabilidades como Alcade dos ùltimos 33 anos, ùnico responsable do deterioro poboacional, económico, industrial e de infrastructuras do seu Concello.

6) A pregunta sobre as medidas preventivas do concello contra incendios xa nos quedaron "explicadas" na nosa moción presentada: NINGUNHA
Si colocaron os bandos informativos nos pobos para exixir os veciños o cumprimento da norma para limpar os terreos en franxas inferiores a 50 metros preto das vivendas. Tamén poderìa asumir o concello as súas de limpar as cunetas e accesos os pobos que ben parecen propios dunha selva, e tamèn son riscos de incendios ter tanta maleza nas vìas municipales.

Nas respostas pendentes do anterior pleno contestou o seguinte:

A) En canto o servizo gratuito da deputación para a limpeza de fosas indicou que o coñecía e que o tiña solicitado pero que na maioría dos accesos as fosas non entraban os camións ¡¡

B) No tema da gardería informou de que o número de usuarios è de 8 ¿?, capacidade para 20, custo de mantemento anual de 38.000€. Non respostou a porqué non se lle concedeu a subvencion da Xunta para mantemento pero "colgouse" a medalla de acadar por outra vía 12:000€

C) Na pregunta sobre a deuda do concello pedimos a anulación desta pregunta por estar xa tratada no punto 3 do pleno.

D) En canto a pregunta sobre a obra de Berdelle indicou que hai unha fosa sèptica no pobo, que se recolleron os residuos da rúa e augas pluviais a citada fosa; que hai un veciño enganchado a rede de saneamento e que os demáis que o desexen o poden facer pagando o canón estipulado.

E) Na solicitude de arranxo das vías de Vilasusá manifestou que él non a atopara deteriorada; en bouzasvedras que coñece o problema e cando "pase por alí" o servizo de reparación de arranxará e finalmente o acceso a Besteiros que descoñecía o seu estado.

F) No tema dos plans de aforro indicou que éramos un concello piloto en Galicia pero que non resultaba beneficioso para o Concello e que se anulou. Èl mesmo asumiu a responsabilidade de apagar parte do alumeado público como medida de aforro e que leva apagado máis de 180 farolas con tan só 4 queixas por parte dos veciños.

G) Na complicada pregunta sobre os procesos selectivos que se fixeron no concello recentemente e concretamente nunha praza de auxiliar administrativo e logo de querer esquivar a pregunta saíndose "polas ramas", manifestou que houbera erros nas bases e que a raíz da nosa reclamación se anulara antes do seu nombramento.......Neste punto manifestamos a nosa disconformidade porque nos non presentamos reclamación algúnha (ratificado polo secretario) e tamén indicamos que sí houbera nomeamento (recoñecido tamén polo secretario). Dixo que non se publicitara porque non o considerara oportuno e que a información non ía chegar a xente que lle poidera interesar.
So se presentou unha persoa co agravante e a misteriosa situación de que xa estaba traballando antes de celebrarse o proceso selectivo....CASUALIDADE OU ILEGALIDADE ¿?
Estas son as típicas actuacións do noso Alcalde, actua de espaldas a legalidade e despois aparenta non saber nada do tema.
Esta situación seguirá os trámites pertinentes ata depurar as responsabilidades que cada un tivera.

Fora das preguntas por escrito solicitamos información da situación da carretera dende Vilarchao e novamente tentou enganar os veciños botàndolle agora a culpa da paralización os veciños de Coles que reclaman os seus dereitos. Nos indicamos que non tiña as cousas tan "atadas" como nos contara e os seus propios membros do PP na Deputación acordaron non tramitar as expropiacións como urxentes co retraso e paralización das obras por tempo longo. Estamos no mesmo punto de partida 6 meses despois ¡¡

Finalmente preguntamos se fixera algo para subsanar a ausencia tódolos días do médico sustituto do Centro de Saude de A Peroxa e tan só se limitou a decir que a nosa queixa trasladada a Santiago para unha solución xa a podíamos parar.......Claro que a paramos, pero porque xa volta a estar tódolos días, e non precisamente polas súas actuacións, senón polas nosas queixas e reivindicacións.

REMATAMOS ASÍ UN PLENO COMPLICADO QUE COMO DIXEMOS O PRINCIPIO DESTACOU POLA POUCA COLABORACIÓN POR PARTE DO SR. ALCALDE TANTO AS NOSAS INICIATIVAS COMO POLOS SEUS MALOS MODOS NUNHA SESIÓN PLENARIA ONDE TAN SÓ DEFENDEMOS E LOITAMOS POR UN CONCELLO MELLOR, COUSA QUE PARECE CADA DÍA LLE MOLESTA MÁIS.  ¡¡

Logo de unha vez máis cumprir co noso compromiso e deber de información agardamos que fose esta información importante para que todos coñezades como funciona o voso Concello.

ATA A PRÓXIMA QUEDANDO A VOSA DISPOSICIÓN ¡¡

 
 









No hay comentarios:

Publicar un comentario