Totalmente sorprendidos polos bandos recentemente colocados en algúns puntos do concello informando da convocatoria dun curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais".
Sorprendidos pola información que reflexa o bando en cuestión......fai referencia a premura na realización do curso ¡¡
Lembramos que os cursos, lugares e datas publícanse con antelación suficiente na pàxina web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia facendo un planing anual das súas actuacións do ano 2012 nos concello de Galicia.
Polo tanto non entendemos (ou sí), como se pode asinar un bando polo Sr. Alcalde un xoves 12 de xullo, colocar os bandos a partir desa data, e por como data límite de solicitude UNS LUNS 16 ¡¡ cando as oficinas municipais pechan sàbados e domingos.
Será outra acción encamiñada a convocar persoalmente as personas que dende o concello máis lles interesa para que o soliciten, unha pràctica moi habitual que se leva a cabo con frecuencia dende as oficinas municipais, actuando cunha total falta de transparencia, de igualdade de oportunidades e de falta de información que non è acorde coa legalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario