Logo da miña crítica pola falla de actividades no noso concello (todo a pesares das múltiples subvencións que ingresan por distintos conceptos, algúns sorprendentes, que analizarei en poucos días), apareceu un bando informando de actividades para nenos e adultos (novamente a xuventude queda fora de todo). Terán informática e inglés (esta será seguindo as ideas do Sr. Feijoo supoño).
Acordade pronto para anotarvos que o mércores día 3 de novembro é o derradeiro día (tede conta que o luns e festivo). Polo tanto hai que darse presa que coma sempre os prazos son mínimos (esperemos que non sexa para que non lle de tempo a xente a enterarse).
Esperemos que se poñan as pilas e lle dediquen o tempo que merecemos os veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario