Nestas datas onde parece que os "malos" son sempre os mesmos,......que si non nos dan cartos, que si nos quitan o outro.....so saben chorar e botarlle culpa os que estiveron antes ou os da capital do país. Os gobernantes actuais da Xunta co seu presidente o fronte (que presume das suas orixes), están a afogar a provincia de Ourense negándolle inversións para o seu desarrollo. Nestes dias na prensa veredes as queixas de todolos sectores afectados da nosa provincia saíndo a criticar a actitude castigadora enchendo titulares ata na prensa do seu propio partido "LA REGION".
Amosovos uns datos do pasado recente para corroborar que esto que fan agora e achacan a crisis ou a falla de cartos do goberno central xa o facían en épocas moi boiantes nas arcas públicas. Sempre castigando os mesmos: (163.000€ míseros en 4 anos de lexislatura).
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/02/09/4501138.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Aporto tamén outras 2 noticias de prensa onde veredes como o goberno bipartito anterior na Xunta investiu máis no noso concello nun ano que eles nunha lexislatura enteira:
En 2 actuacións: 1-Obra de bombeo de agua para garantir o futuro no concello: 500.000€ aportados pola Consellería de Medio Ambiente o fronte da cal estaba o meu bo amigo Pachi Vázquez agora tan criticado.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/29/5499937.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
2-Remate obra no recinto feiral da Peroxa: 120.000€
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/23/5310940.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Máis de 100 millóns das antigas pesetas invertidas no noso concello en tan só 5 meses.
Esta é a realidade e estes son os datos de 2 exemplos prácticos os que podería engadir varios pola mesma liña.
Uns botan horas chorando e culpando os da oposición e os bos xestores invirten nos pobos sen andar fanfarroneando nen de paperotas para sairen nas fotos.
Vostedes teñen que decidir que queredes para o voso concello: apariencias, enganos, desprecios constantes ......ou xente que mire por vos e invirta no futuro e nos servizos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario