Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Así recibimos os nosos visitantes.

Mostramos aquí un par de fotos das moitas que podíamos por do lixo que nos invade en todos os pobos e carreteras do concello coa pasividade dos nosos representantes municipais que as ven a diario e "pasan do tema". Todo isto agrávase xa que dende fai tempo contamos cun servizo de recollida de dudosa actividade porque os exemplos falan por si sos. Esperemos que se tomen as medidas oportunas.
Non quero esquecerme tamén de sinalar e indicar os nosos veciños que todos somos responsables da limpexa e boa imaxe das nosas terras e paisaxes e por iso pedimos a máxima colaboración posto que estes "obxetos" non chegaron sos a estes lugares.


No hay comentarios:

Publicar un comentario