Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Nova subvención concecida o concello da Peroxa

Na paxina 17314, do DOG do martes 19/10/2010 aparece reflexada a adxudicación dunha nova subvención por parte da Xunta o noso concello para adquisisión de equipamentos deportivos por un importe de case 9.000€.

Unha vez máis estamos vixiantes ante esta nova partida para ver cal vai ser o seu uso e emprego, esperando que se faga efectiva o antes posible e con inversións realmente necesarias e para disfrute dos veciños. O  mesmo tempo aproveitamos para reclamar a realización dos gastos pendentes todavía de subvencións anteriores concedidas e que polo momento están "desaparecidas".

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/2133ec1e896e9af4c12577c0004b5669/$FILE/20100D003P007.PDF

1 comentario:

  1. Dous días despois da sairen publicadas as axudas, sacaron no DOG tamén unha resolución pola que amplian o prazo para xustificar as obras do 30/10/2010 o 15/11/2010. Creo que no noso caso non vai chegar a tempo nen con esa ampliación.

    ResponderEliminar