Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 15 de octubre de 2010

Enquisa a mocidade do Concello.

Que foi daquela enquisa realizada fai agora un ano a mocidade do noso concello sobre (según indicaba a carta) as inquedanzas e interese da poboacion xuvenil ?
Analizaronse realmente os datos da enquisa?
Realmente houbo datos?
Contestou a xuventude as cuestións plantexadas ou quedou soamente nun gasto de medios, material e cartos para mostrar que había xente no concello?

Actividades que propoñían:
Aerobic, Baloncesto, Balonman, Tenis, Equitación, cursiños de informática e internet, Teatro, talleres de patinaxe, cociña, baile......etc, etc.

Pouco ou nada se levou a cabo, e todas as que se fixeron e fan son enfocadas a xente maior, pero a mocidade.....nada de nada.
Máis do mesmo; menos mal que a maioría xa se da conta dos enganos continuos ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario