Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 1 de junio de 2018

Actividade no concello na fin de semana do 2 e 3 de xuño de 2018

Pouca actividade competitiva queda para os equipos representativos do Concello, tan na liga de veteráns e na copa de futbol sala onde teremos os seguintes partidos "oficiais":

No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - BARBANTES: Sàbado 2 as 16:45 no Campo do Marco.

AA CLINIC - LLOVIZNA: Sàbado 2 as 17:30 no Campo do Poligono.


No fútbol-sala:

KARLASCA/VIVIAN FS - OS PEARES FS: Sàbado 2 as 18:00 no pabellón da Carballeira.


Volve a ser tamén protagonista este sábado 2 pola maña o Campo do Marco nun novo evento organizado polo A PEROXA CF, onde se celebrará un interesante Triangular de categoría Infantil para disfrutar do mellor fútbol de base.

Estes son o seu cartel e horarios dos encontros:



Tamén os equipos Alevin e Prebenxamin do A PEROXA CF participarán nun Torneo de futbol sala organizado polos veciños do equipo de futbol sala do Concello de Coles, con este cartel de partidos:



Segue a actividade para os practicantes do atletismo con diversas probas tal e como marca o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Aquí neste punto, toca de novo, facer unha reseña e unha nova felicitación ao noso atleta Javier Rodriguez que de novo acada un exito destacado, e nada máis e nada menos que de caracter internacional como foi en terra de Portugal, en Melgaço....PARABÉNS ¡¡




A continuación outros eventos relacionados co deporte:

Tamén vos vamos anunciando algúns eventos para as vindeiras semanas, tanto no noso concello como nos limítrofes para que vaides facendo os vosos plans, ou mesmo xa as vosas inscripcións ¡¡




Esta proba de natación tamén tivo a súa presentación na prensa local:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2018/05/23/os-peares-inicia-calendario-circuito-aguas-abiertas/0003_201805O23C10993.htm

Agora toca facer repaso as celebracións festivas, que neste caso serán na zona dos Peares, concretamente no Granxa, con este cartel:



Dentro do eido cultural, e ante a nula oferta do noso Concello, que pareceu esquecerse deste importante apartado para a nosa poboación, e todo isto, tendo en conta que agora contamos con un Auditorio recentemente estreado, pero que segue pechado a cal e canto, ausente totalmente de actividades para a veciñanza, e a pesar de ter no Concello, según ten indicado o señor alcalde dous concelleiros denominados como "de cultura" e outro "de actividade e eventos" ¡¡¡....CURIOSA SITUACIÓN ¡¡¡

Polo tanto, seguimos a informar de actividades que propón o veciño concello de Coles no seu Auditorio que sí ten programación cada fin de semana, sendo unha referencia cultural da comarca....




Tamén informamos dun campamento que se celebrará a principios de xullo nos Peares, e que estará subvencionado con 100€ para os nenos e nenas empadroadas no noso Concello ¡¡


Podes ir xa facendo as túas reservas para un dos eventos anuais máis destacados que se celebran no Concello da Peroxa.....A FESTA DA CARNE ¡¡¡



Finalizamos indicando que domingo día 3 celebraremos en San Ciprián a tradicional feira mensual ¡¡



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario