LLOVIZNA - ANTELA: Sàbado 9 as 17:00 no Campo do Marco.
Volve a ser tamén protagonista este sábado 9 pola maña o Campo do Marco nun novo evento organizado pola Delegación de Fútbol de Ourense e coa colaboración do A PEROXA CF, onde se celebrarán as fases finais da Copa Deputación nas categorías Infantil e Prebenxamin.
Este e o seu cartel e horarios dos encontros:
Tamén os equipos Alevin e Prebenxamin do A PEROXA CF terán participación en torneos e e amigables, como son para os Alevins o Torneo de Barbadas cos equipos e horarios seguintes, así como un interesante amigable que disputará o equipo Prebenxamin nos Peares, diante do equipo local, dentro do programa das Festas da Granxa.
O partido do equipo Prebenxamin será as 17:00 no Pabellón dos Peares.
Segue a actividade para os practicantes do atletismo con diversas probas tal e como marca o calendario:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
Recordade que mañà venres pola tarde, teremos polas nosas estradas o paso do Ralli de Ourense 2018, disfrútao pero con precaución ¡¡
A continuación outros eventos relacionados co deporte en Concellos veciños:
Esta proba de natación tamén tivo a súa presentación na prensa local:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2018/05/23/os-peares-inicia-calendario-circuito-aguas-abiertas/0003_201805O23C10993.htm
Agora toca facer repaso as celebracións festivas, que neste caso serán na zona dos Peares, concretamente no Granxa, con este cartel:
Tamén informamos dun campamento que se celebrará a principios de xullo nos Peares, e que estará subvencionado con 100€ para os nenos e nenas empadroadas no noso Concello ¡¡
Supoñemos que xa terás feitas as túas reservas para un dos eventos anuais máis destacados que se celebran no Concello da Peroxa.....A FESTA DA CARNE ¡¡¡
APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡
SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario