Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 25 de mayo de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 26 e 27 de maio de 2018

Pouca actividade competitiva queda para os equipos representativos do Concello, tan sò os seguintes partidos "oficiais":

No fútbol de base:

E.D. OURENSE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Domingo 27 as 12:45 no Campo do Marco.

Volve a ser tamén protagonista este sábado 26 pola maña o Campo do Marco nun novo evento organizado polo A PEROXA CF, onde se celebrará un interesante Torneo de categoría Cadete para disfrutar do mellor fútbol de base.

Estes son o seu cartel e horarios dos encontros:




No fútbol de veteráns:

ATL. PEROXA - POLIGONO: Domingo 27 as 11:00 no Campo do Marco.

ATL. ARNOIA - LLOVIZNA: Sàbado 26 as 17:00 no Campo de Arnoia.

No fútbol-sala:

OS PEARES FS - SP MANZANEDA FS: Sàbado 26 as 16:00 no pabellón dos Peares.


Segue a actividade para os practicantes do atletismo con diversas probas tal e como marca o calendario:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


A continuación outros eventos relacionados co deporte:


Unha curiosa e novedosa andaina:


No veciño concello de Vilamarin unha actividade que seguramente terá moita participación de veciños e veciñas do noso Concello pola súa moita afición a estas modalidades do mundo do cabalo:


Tamén vos vamos anunciando algúns eventos para as vindeiras semanas, tanto no noso concello como nos limítrofes para que vaides facendo os vosos plans, ou mesmo xa as vosas inscripcións ¡¡




Esta proba de natación tamén tivo a súa presentación na prensa local:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/a-peroxa/2018/05/23/os-peares-inicia-calendario-circuito-aguas-abiertas/0003_201805O23C10993.htm

Agora toca facer repaso as celebracións festivas, que neste caso serán en Vilarrubin:



Dentro do eido cultural, e ante a nula oferta do noso Concello, que pareceu esquecerse deste importante apartado para a nosa poboación, e todo isto, tendo en conta que agora contamos con un Auditorio recentemente estreado, pero que segue pechado a cal e canto, ausente totalmente de actividades para a veciñanza, e a pesar de ter no Concello, según ten indicado o señor alcalde dous concelleiros denominados como "de cultura" e outro "de actividade e eventos" ¡¡¡....CURIOSA SITUACIÓN ¡¡¡

Polo tanto, seguimos a informar de actividades que propón o veciño concello de Coles no seu Auditorio que sí ten programación cada fin de semana, sendo unha referencia cultural da comarca....




Tamén informamos dun campamento que se celebrará a principios de xullo nos Peares, e que estará subvencionado con 100€ para os nenos e nenas empadroadas no noso Concello ¡¡


Podes ir xa facendo as túas reservas para un dos eventos anuais máis destacados que se celebran no Concello da Peroxa.....A FESTA DA CARNE ¡¡¡



Finalizamos indicando que mañà sábado día 26 celebraremos na Peroxa a tradicional feira mensual ¡¡


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario