Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 22 de junio de 2018

Actividade no Concello na fin de semana do 23 e 24 de xuño de 2018

Os nosos equipos representativos teñen unha última "actuación" que será a cargo do equipo Alevin do A PEROXA CF  no Torneo de Maceda este domingo día 24.

Tamén vos anunciamos o que será o derradeiro evento organizado por este mesmo clube antes do merecido descanso vacacional, que non será outro, que o xa tradicional TORNEO DA AMISTADE de fútbol 7 no Campo do Marco a vindeira fin de semana, e que chega xa a súa quinta edición.

Anunciado a través deste cartel......ANÍMATE E PARTICIPA ¡¡


Os rivais e horarios do torneo de Maceda serán os seguintes...


Os representantes do PEROXA RUNNING de Atletismo disputarán algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana...

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén toca anunciar un clàsico evento, que se celebra dende fai anos dentro do programa das festas de Ourense, e que neste ano alcanza xa os 50 anos ¡¡

¡¡ O DESCENSO DO MIÑO EN PIRAGUA ¡¡

Este é o seu cartel...



Tamén a prensa local recolle este aniversario da proba...

http://ourensedeportivo.com/piraguismo/o-descenso-do-mino-en-piragua-celebra-as-vodas-de-ouro-coa-participacion-de-500-palistas/

Para os moitos aficionados ao mundo do cabalo, unha cita interesante no veciño Concello de Coles mañá sábado...



No apartado festivo, anunciamos para a vindeira fin de semana as Festas da Peroxa 2018, con un máis que interesante cartel....



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario