Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 8 de junio de 2017

Actividade no concello na fin de semana do 10 e 11 de xuño de 2017

Escasa competición oficial resta para os nosos equipos, tan só nesta fin de semana na liga de veteranos con importante encontro onde se buscará o pase as semifinais deste torneo de Copa:

ATL. PEROXA - MONKEY: Sàbado 10 as 18:30 no campo do Marco.

O noso representante do fútbol sala PEARES F.S. , logo da súa meritoria victoria clasificouse un ano máis, para a final da Copa Deputación que se disputará o vindeiro fin de semana en Xinzo, en día e hora por publicar e da que vos informaremos convenientemente.

Tamén os atletas do PEROXA RUNNING teñen varias probas onde seguramente os veremos participar, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamén no campo do Marco o sábado en horario de mañà, e confiando de novo a Delegación de Futbol en Ourense no equipo local para a súa organización, celebraranse as Finais do Torneo Ourense 2017 de Fútbol Base cos seguintes partidos:



Ainda que sen dúbida o evento máis destacado será a celebración do Rallie de Ourense, que pasará por gran parte das estradas do noso Concello mañà venres e onde tedes cumplida información de lugares e horarios no enlace seguinte:

http://www.rallyeourense.es/rallye.aspx?id=509&ed=50

Con máis detalle na imaxe seguinte....

 


TAMÉN VOS LEMBRAMOS A NECESIDADE DE EXTREMAR A PRECAUCIÓN E RESPETAR OS CORTES DE ESTRADAS COS SEGUINTES HORARIOS:


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS PROPOSTAS QUE CHE OFRECEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario