Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 23 de junio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 24 e 25 de xuño de 2017

Rematan xa as competicións para os nosos equipos, logo dunha longa tempada.

Destacamos a a final na Copa de Veteràns B, que disputará o equipo do ATL. PEROXA este domingo no campo do Polígono, para o cal fixeron este cartel:


Tamén cerrarán a tempada os equipos de base do A PEROXA CF, coa participacion do seu equipo Alevin nun Torneo en Maceda que terá os seguintes enfrontamentos:


Os compoñente do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING terán de novo oferta variada no calendario de probas para esta fin de semana que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Tamèn teremos outro clásico nestas datas na zona dos Peares, como é o descenso do Miño en Piragua, dentro do programa das Festas de Ourense:


A prensa local recollle completa información do desenrolo deste evento:

http://www.ourensedixital.com/_novas/17/06/14_12.htm

Para os moitos aficionados a este bonito e orixinal deporte, o veciño Concello de Coles organiza un interesante curso....


Nos Peares tamén, este domingo organizase unha nova edición dunha proba de nado que se anuncia con este cartel:



Tamén, para a vindeira semana, un ano máis o equipo do A Peroxa CF organiza dentro do programa de festas da Peroxa o seu tradicional Torneo Benèfico da Amistade 2017 de futbol 7, que anuncian con este cartel e para o que xa podes inscribirte....


E por parte do Concello da Peroxa àbrese o prazo para inscribir os máis peques no Campamento de Verán 2017, que anuncian así....


Tal e como xa lle comentamos aos responsables municipais, solicitamos algo máis de colaboración a hora de programar eventos no noso Concello, xa que, os poucos eventos e actividades que temos por parte do concello non deberían solaparse en datas, tal e como acontece con este Campamento e o Campus de Fùtbol no que tamén colabora o Concello e onde hai nenos e nenas que están anotados aos dous eventos.....

Lembramos o cartel do Campus:




APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO A ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario