Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 16 de junio de 2017

Actividade no Concello na fin de semana do 17 e 18 de xuño de 2017

No eido deportivo, poucas competicións oficiais por rematar, ainda que si con eventos destacados:

No fútbol de veteráns o equipo local buscará o pasa a final do torneo de Copa no seguinte encontro:

DECOLOGIG - ATL. PEROXA: Sàbado 17 as 19:00 no campo de Quins (Melón)


Tamén destaca a FINAL da Copa Deputación 2017 de Fùtbol Sala que un ano máis disputará o noso representante neste deporte:

OPTICA PRIETO - PEARES FS: Domingo 18 as 19:30 no Pabellón de Xinzo de Limia.



Os representantes do PEROXA RUNNING no atletismo, como cada semana, participarán en algunha das probas que marca o calendario, que podes consultar no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Os equipos de base do A PEROXA CF poñen fin a tempada co seu anual e tradicional Torneo "As Xeracións do Fùtbol", e a posterior comida de familia no campo da Festa da Peroxa.

Este é o cartel do Torneo deste sábado 17:


Estes serán os partidos que se disputarán cos seus correspondentes horarios:

Este edición, e como novidade, por iniciativa do clube na súa parte deportiva, queren facer un acto de recoñecemento a eses outros deportistas do noso concello, que a pesar de practicar uns deportes minoritarios están a acadar uns èxitos notables, e que serán os encargados da entrega de Trofeos os equipos gañadores do Torneo en cada unha das súas categorías.

Este é o cartel de recoñecemento destes deportistas, veciños do Concello e dos que agardamos sexan unha referencia para os máis peques, polo seu traballo, esforzo adicación e éxitos no deporte.

A propia prensa local recolle no día de hoxe noticias sobre este evento....

http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2017/06/16/peroxa-celebra-tercer-torneo-cantera/1699542.html

O clube do A PEROXA CF, volve a organizar, coa confianza da Delegación Ourensana de Futbol, unha nova Final da Copa Deputación 2017, desta vez, na súa categoría Alevin, pondo de novo de manifesto o seu bo facer para acadar este tipo de eventos destacados.

Rematando coa seccion máis deportiva, anunciamos tamén unha actividade destacada no veciño Concello de Coles:



Anunciamos tamén dentro do apartado festivo, a celebración da Festa de Mirallos, con este cartel:



APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

SOMOS E SEGUIREMOS SENDO PIONEIROS NA INFORMACIÓN DE TODO E PARA TOD@S¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario