Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 14 de junio de 2017

A que agardan??

Pregunta sinxela, con reposta......polo que parece para o goberno municipal.....IMPOSIBLE ¡¡

Falamos hoxe dunha situación relacionada coa recentemente realizada Andaina da Peroxa.

Lembraredes que xa en edicións anteriores, ao igual que nesta de 2017, felicitàbamos ao Concello pola organización desta actividade, espectacular en canto a percorrido en tódalas súas edicións, pero tamén levamos a pleno a petición de situacións a mellorar como eran os valados destrozados e caidos en boa parte do seu percorrido na zona de descenso posterior o Castelo da Peroxa, e algunha outra zona da parte inicial a carón do regato do Rial.

Tal e como se recolle nas imaxes seguintes....





Posteriormente a celebración da pasada edición do ano 2016 presentamos no concello o Rogo seguinte (nùmero 3) para ser tratado no pleno correspondente:



A resposta aceptando o Sr. Alcalde estas incidencias e comprometéndose a arranxalas está recollido na acta do pleno do 31 de maio de 2016, tal e como comprobades na imaxe seguinte:


POLO VISTO NA EDICIÒN DESTE ANO 2017, A SITUACIÓN LONXE DE MELLORAR EMPEOROU E AS SOLUCIÓNS DE MELLORA PARECE CAERON NO OLVIDO ¡¡¡

COMO EN TANTAS E TANTAS OCASIÓNS.......O GRUPO DE GOBERNO CO SEU ALCALDE A FRONTE INCUMPLE OS SEUS COMPROMISOS PLENARIOS E A SÚA OBRIGA DE ATENDER AS DEMANDAS DE ARRANXAR AS NECESIDADES PLANTEXADAS ¡¡

O PASOTISMO E A NEGLIXENCIA SON OS CALIFICATIVOS QUE UNHA VEZ MÁIS CARACTERIZAN A SÚA XESTIÓN ¡¡

A continuación publicamos unha noticia que agardemos non afecte algún día ao noso concello, polas contínuas falta de atencion e mellora das nosas infraestructuras e instalacións, xa que o Concello da Peroxa como dono das mesma é O ÚNICO RESPONSABLE EN CASO DE CALQUER PERCANCE SEXA MÁIS OU MENOS GRAVE ¡¡¡

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/boboras/2017/05/08/concello-boboras-pagara-40000-euros-caida-ruta-senderismo/0003_201705O8C2998.htm


NON PODEMOS POLO TANTO, ESTAR A ESPERA DE QUE A CASUALIDADE OU A FORTUNA ACTÚE E NON SE TEÑAN PRODUCIDO INCIDENTES DE GRAVIDADE XA QUE COMO DECIMOS, A PESAR DO GRAN DESCOÑECEMENTO DA VECIÑANZA E USUARIOS DESTAS INFRAESTRUCTURAS, A RESPONSABILIDADE È DO CONCELLO DA PEROXA.

Solicitamos polo tanto, neste caso citado, actuacións que melloren o estado desta Ruta de Sendeirismo.


È NECESARIO QUE O NOSO CONCELLO ACTÚE E DUNHA VEZ POR TODAS APOSTE POR O SECTOR TURÍSTICO, UN DOS DE MÁIS FUTURO NA NOSA COMARCA E PARA ISO TEMOS QUE DAR A COÑECER O NOSO PATRIMONIO, AS NOSAS PAIXASES E OS NOSOS PRODUCTOS.....PERO È IMPRESCINDIBLE CREER NO NOSO E TELO EN CONDICIÓNS DIGNAS ¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario