Lembramos que estas peticións foron trasladadas o Concello por parte dos nosos concelleiros despois das aportacións dos propios veciños ou de necesidades observadas nas súas constantes visitas os pobos e parroquias do Concello da Peroxa.
Publicamos, para facer memoria, as ùltimas peticións que se trasladaron os dous últimos plenos celebrados e onde na maioría dos casos a resposta dos responsables municipais foron favorables a realización das melloras solicitadas:
Como sempre facemos, para deixar constancia da necesidade de cada arranxo que solicitamos amosamos a continuación a fotos que xustifican estas peticións:
ESTE ERA O ESTADO DE DETERIORO DO BANCO NO POBO DE ABEDÍN
ASÍ ESTÁ AGORA
AUSENCIA DA NECESARIA PARADA DE BUS EN PITÓN
ESTADO ACTUAL
CONTINUA CAIDA DOS BARROTES DO VALADO METALICO DO CAMPO DE FUTBOL
ARRANXO E REPOSICIÓN, AINDA QUE TENDO EN CONTA O POUCO TEMPO DESTA OBRA, SEGURAMENTE EN GARÁNTÍA, NON ESTARÍA DEMÁIS UNHA NOVA CAPA DE PINTURA NOS BARROTES NOVAMENTE SOLDADOS TAL E COMO SE VE NA IMAXE.
DE TÓDALAS PETICIÓNS FEITAS QUEDAN DÚAS POR REALIZAR:
A primeira no pobo de San Ciprián onde segundo a resposta dada polo Alcalde no pleno correspondente indicaba que había 19 veciños que se opoñían o citado arranxo, xa que esta mesma reixa neste estado de deterioro, podía facer de reductor de velocidade para os vehículos que circulan pola zona.
Podemos entender a demanda veciñal, pero non podemos chegar a entender como un Alcalde responsable dun Concello da esta resposta, xa que non ten nada que ver o arranxo dunha recollida de augas pluviais onde calquer vehículo podería ter danos considerables, coa conseguinte responsabilidade do Concello, coa necesidade de propoñer alternativas para regular esas velocidades excesivas dos vehículos. Como poderían ser o métodos regulamentarios de sinalización de límite de velocidade e mesmo bandas rugosas LEGAIS e ADECUADAS.
ESTE É O ESTADO ACTUAL DA REIXA
Tamén comprobamos como tristemente, non se executaron as normas vixentes en canto a limpeza de solares e maleza nos pobos e na súa contorna, xa que na petición de limpeza feita por parte da veciñanza de Corbelle sobre un solar non foi atendida.
SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO ÚTILES A VECIÑANZA PARA A REALIZACIÓN DAS SÚAS DEMANDAS ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario