Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 3 de septiembre de 2015

Resumo do Pleno Ordinario do 27 de Xullo de 2015

Ainda que con certo retraso, polo descanso vacacional, e cumprindo co noso compromiso coa información, aquí tedes o resumo do que aconteceu neste pleno.

Os puntos a tratar segundo a orde do día eran os seguintes:


Indicar como noticia destacada neste pleno a nova portavocìa do grupo de goberno que pasa nesta lexislatura do Sr. Alcalde o concelleiro de Urbanismo Jose Manuel Rodríguez Blanco.

No punto 1: aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

Antes de continuar o Sr. Alcalde cos seguintes puntos a tratar, o noso portavoz manifestou que a situación que se deu nos días anteriores a celebración deste pleno en canto a acceso a información e documentación dos asuntos que se iban a tratar non foi nin ética nin legal.

Expuxemos que chegábamos a este pleno sin coñecer os asuntos nin os detalles de cada punto da orde do día xa que non poidemos acceder a documentación, tal e como se recolle na normativa en vigor e tal e como sempre fixemos durante os catro anos da anterior lexislatura, onde en compromiso coa nosa labor acudimos sempre con anterioridade a cada pleno a informarnos e interesarnos polos asuntos que se iban a tratar para poder debater, aportar, propoñer ou discrepar no propio pleno en beneficio da cidadanía.

Preguntamos si fora unha "anomalía" puntual ou tamén entrará dentro do réxime de "cita previa" que se nos adxudica para o noso control de obras, subvencións, facturas e outros asuntos.

Chegounos a convocatoria tal e como está regulado coa antelación dos días legalmente establecidos para o acceso a documentación.
Presentámonos o xoves 23 nas oficinas municipais e ante a "ocupación" do Sr. Secretario (según nos informou un traballador municipal) nunha reunión para un proceso selectivo se nos indica que non nos pode atender para ver a documentación, polo que indicamos que volveríamos o día seguinte venres. Tamén se nos indica que seguiría ocupado en procesos selectivos sendo difícil que nos atendera.

O Sr. Alcalde manifesta que descoñecía esta situación e que non lle parece correcta e que non se volvería a repetir, indicando que sempre se nos permitiu o acceso a citada documentación, cuestión que ratificamos.

Tamén o Sr. Secretario manifestou descoñecer este asunto e indicou que non se debería ter producido esta situación por ser completamente ilegal o non poder acceder os concelleiros a documentación que se vai a tratar nos plenos, manifestando que analizaría a situación e comprometéndose a que non volvera suceder, insistindo en que el descoñecía a situación, pero que ben se podería ter evitado si lle fora comunicada a información de que estábamos nas oficinas municipais para realizar a nosa labor.
Mesmo engadiu que lle extrañara moito non ternos atendido no acceso a información cando, como xa indicamos, así cumprimos cos nosos compromisos durante os ùltimos 4 anos.

Aceptamos as explicacións tanto do Alcalde como do Secretario, indicando que agardamos que se poñan os medios necesarios para que poidamos realizar a nosa labor.


No punto 2: de modificación da ordenanza do P.A.I. aprobouse por unanimidade a modificación do artigo 9, onde agora se reflexa que "si existen prazas vacantes se poidan aceptar nenos e nenas de outros concellos".

Apoiamos esta modificación para tratar de aumentar os usuarios deste centro e poder fomentar o seu uso tanto entre a veciñanza da Peroxa, como de usuarios chegados de outros lugares, para que poidan incluso establecerse no noso Concello.

No seguinte enlace (abrindo o documento REGULAMENTO DO REXIMEN INTERNO DO PAI) a ordenanza tal e como esta actualmente, antes desta modificación:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?x=kUgtzQavodBbqaV0utVz7g


No punto 3: aprobouse cos votos favorables do PP e a abstención dos nosos concelleiros propoñer facer unha revisión de oficio das construccións omitidas.

Expuxemos que estamos a favor da revisión catastral para regularizar a situación de moitas vivendas pero non a suba do porcentaxe da taxa que repercutirá nun novo e considerable aumento do IBI e tal como lle lembramos, xa temos o imposto do IBI máis caro de tódolos concellos da Mancomunidade.

Esta suba xa estaba prevista en xaneiro de 2015, pero o noso Concello acolleuse a unha prórroga ata xaneiro de 2016, o igual que algúns outros concellos da provincia (quizáis por non considerar propicio unha suba deste imposto en ano electoral).

O grupo de goberno municipal manifestou que acordaba esta revisión, pero descoñecía que levara implícita unha suba de taxa, polo que iban a solicitar a revisión pero non a suba deste imposto.

Agardemos e veremos cales son finalmente as consecuencias deste acordo.


No punto 4: aprobouse por unanimidade a designación dos alcaldes de Oimbra, Paderne de Allariz e Porqueira como representantes no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria.

No punto 5: Aprobouse cos votos do PP e a abstención (por carecer da información necesaria) dos nosos concelleiros un informe favorable do arquitecto, do secretario e dos Ministerios implicados para a aprobación provisional da modificación púntual do PXOUM do Concello da Peroxa que afecta o Parque Empresarial.

Manifestamos que son xa moitos anos de espera pola realización deste proxecto e desta obra necesaria para o noso Concello, xa que non dispón todavía de solo industrial onde as posibles empresas interesadas se poidan instalar no noso termo municipal.

Esta aprobación chega tarde dun proxecto xa iniciado no lexano ano 2009 e que se "perdeu" en inumerables trámites burocráticos.

Agardemos ver por fin realizada esta modificación e levar a cabo este proxecto, urbanizando unha zona industrial para poder atraer empresas e postos de traballo.

No punto 6: aprobouse cos votos do grupo de goberno e a nosa abstención a modificación de créditos 1/2015 onde se redistribuen cantidades económicas procedentes do remanente de tesourería a partidas como son: Inversiòn de Terreos(60.000€), Outras Infraestructuras(140.000€), Proxectos e licencias obras (20.000€) e Amortizacións (30.000€).


No punto 7: Neste apartado de escritos e comunicacións aprobase por unanimidade o aval a Deputación de Ourense sobre o posible impago na cota municipal da Recollida do lixo.

Tamén neste punto se nos resposta anos despois a unha pregunta que fixèramos sobre as condicións de utilización que estaba a facer a empresa privada da concesionaria da auga municipal dun Local no Centro de Saùde da Peroxa.

O Alcalde indica que segundo o contrato o Concello ten que cederlle un local de mínimo 40 metros cadrados e onde os gastos corren por conta do Concello.

Situación que nos parece un total agravio comparativo con outras empresas e empresarios tamén do Concello que non teñen este tipo de "facilidades" nin beneficios nos seus negocios.


No punto 8: retiramos a nosa moción que tiñamos rexistrada para debater neste pleno por terse xa realizado unha actuación que arranxa o problema plantexado.

A moción era a seguinte:



DESPOIS DE ESTA PETICIÓN E DE ALGUNHA OUTRA MÁIS, A PETICIÓN COHERENTE FOI ATENDIDA, BENEFICIANDO ASÍ AOS MOITOS USUARIOS QUE USAMOS DIARIAMENTE ESTA VÍA.

No punto 9: dentro do apartado de Rogos presentamos os seguintes:




A resposta do Alcalde a estas peticións foi "que están todos en proceso de subsanación a excepción da reixa de San Ciprián xa que os veciños e veciñas do pobo non queren que se lle toque porque así pasan os coches máis a modiño, ainda que xa limparon a canalización baixo a reixa".

As imaxes que xustifican a nosa peticións do Rogo 1 están máis que xustificadas:




No Rogo 2, tamén unha imaxe vale máis que mil palabras....hai que facer cumprir as leis e ordenanzas en canto a limpeza de solares.



No Rogo 3, discrepamos totalmente coa resposta dada polo Sr. Alcalde, xa que unha cousa é reducir a velocidade a entrada dos pobos con algún método "legal" como poden ser bandas ou pasos elevados debidamente sinalizados e outra e aproveitar o defecto dunha reixa de recollida de augas deteriorada sin ningún tipo de sinalización previa onde calquer vehículo pode sufrir desperfectos dos cales, e segundo a normativa vixente o responsable dos danos sería o Concello, e lembremos que sería cos cartos da veciñanza, cuestión que non pareceu preocuparlle o Sr. Alcalde o cal lle solicitamos un arranxo e unha sinalización axeitada se o que se pretendía, tal e como indica que solicitan algúns veciños e evitar a velocidade na zona dos vehículos.




NON CONFUNDAMOS NIN ENGANEMOS A VECIÑANZA ¡¡¡


No Rogo 4, a petición realizada pola veciñanza do pobo está xustificada pola súa ausencia e por se un lugar de uso frecuente.




AGARDEMOS POLO TANTO QUE ESTAS PETICIÓNS, SEGUNDO O COMPROMISO ADQUIRIDO SE ATOPEN XA REALIZADAS DESPOIS DE SOLICITALAS FAI VARIAS SEMANAS.

No apartado de PREGUNTAS, presentamos neste Pleno as seguintes:


En canto a primeira pregunta o Alcalde resposta que "se vaia a realizar coa implicación dos comerciantes, tal e como fan noutros lugares onde se encargan da organización deste tipo de eventos, o Concello colabora con unha aportación e o Inorde aportará unha carpa gratuitamente", engade tamén "que o Concello da Peroxa renunciou a Subvención indicada xa que non se realizou este evento en anos anteriores".

No seguinte enlace o BOP do sábado 7 de marzo na súa páxina 9 aparece publicada a concesión da citada subvención o Concello pola realización da Festa da Carne o Caldeiro, cun importe de 1.698,48€ tal e como expuxemos na pregunta realizada:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=54&fecha=20150307

Relacionado con este asunto, a prensa local publicou o seguinte e interesante artigo:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ribadavia/2015/03/12/diputacion-reclama-ayuntamientos-devolucion-medio-millon-euros-subvenciones-ejecutadas/0003_201503O12C8993.htm

A resposta a pregunta segunda xa foi aclarada no punto de escritos e comunicacións.


Finalizamos o Pleno con unha pregunta oral sobre un asunto de actualidade:

Preguntamos....¿Cal é a situación actual do proxecto do Auditorio e Planta Superior do Edificio Multiusos? ¿Adxudicouse a Tragsa tal e como se valorou no pleno anterior a pesar do informe negativo en canto a legalidade por parte do Sr. Secretario? ¿Rematarase a obra no plazo previsto do 30 de setembro, despois da prórroga do plazo inicial do 31 de Agosto?

A resposta do Alcalde foi escueta e concreta: "Está todo firmado con Tragsa, empezarán a traballar maña pola maña e a data de fin da obra é o 30 de outubro de 2015".

Unha boa nova o comenzo, agardemos que definitivo, desta obra necesaria para a vida social e cultural do noso Concello.

ESTO FOI O RESUMO DESTE PLENO.


SEGUIMOS SENDO A TÚA ÚNICA FONTE DE INFORMACIÓN DE TODO O QUE ACONTECE E SUCEDE NO TEU CONCELLO.

CUMPRINDO CO NOSO COMPROMISO COA INFORMACIÓN E COA NOSA LABOR DE TRABALLAR POLA MELLORA DO CONCELLO DA PEROXA.




No hay comentarios:

Publicar un comentario