Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 15 de septiembre de 2015

Concesión de Subvencións no Concello da Peroxa

No BOP de hoxe mércores 16 publicanse as resolucións pola que se conceden varias subvencións a Clubes Deportivos e Asociacións Veciñais do Concello da Peroxa.

Dende este blog se anunciaron convenientemente no seu día as respectivas convocatorias, das cales foron varias as persoas interesadas neste tipo de convocatorias que nos pediron información, e algunhas delas optiveron a aprobación dos seus proxectos con dotacións económicas, tamén coa colaboración do propio Concello.

Nas subvencións a clubes deportivos no seguinte enlace na paxina 3 a publicaciòn da axuda que recibirá o A PEROXA C.F.:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=213&fecha=20150916


Tamén, neste mesmo boletin, na súa páxina 11 as subvencions recibidas polas Asociacións Veciñais de Armental, Pitón, Carracedo, Gulfariz....

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=213&fecha=20150916


NORABOA POLA APROBACIÓNS DESTAS APORTACIÓNS ECONÓMICAS E ÀNIMO PARA SEGUIR TRABALLANDO E MELLORANDO NO EIDO ASOCIATIVO E DEPORTIVO ¡¡

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario