Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 28 de agosto de 2015

Actividades e eventos no Concello na fin de semana do 29 e 30 de Agosto de 2015

Comenza a publicación da nosa axenda coa volta das competicións oficiais para os equipos de fùtbol representativos do Concello, cos seguintes encontros:

A PEROXA C.F. - S.D. NOGUEIRA: Copa Deputación o domingo as 17:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - C.D. COLES: Copa Deputación o domingo as 19:30 no campo do Marco.

Ao igual que fixemos en tempadas pasadas anunciaremos tamén os encontros que dentro da liga de veteráns disputarán os equipos representativos, como vai a ser este ano o ATL. PEROXA e tamén dos "relacionados" con Concello por contar nas súa filas con moitos xogadores locais como son o GADAFFI, do que xa informamos ano tras ano dos seus encontros, e os que lle temos que engadir polo mesmo motivo esta tempada que comenza o LLOVIZNA, por ser a peña deportiva de veteráns que màis anos leva competindo como local no campo do Marco, e formada por moitos compoñentes do Concello da Peroxa.

Comenzarán tamén, como xa indicamos, algúns deles, as competicións oficiais na Copa Deputación cos encontros que indicamos a continuación:

SOBRADO - GADDAFI: Sàbado as 18:00 no campo de Miraflores (Pereiro de Aguiar)

LLOVIZNA - BUCÉFALO: Sàbado as 19:00 no campo do Marco.


Continuando coa parte deportiva, informar do calendario de probas atléticas, onde unha semana máis algúns dos compoñentes do PEROXA RUNNING participarán representando o noso Concello.

Consulta as probas previstas no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Finalmente, anunciamos dentro do eido de eventos culturais, a proxección hoxe Venres 28 as 22:30 na praza do Concello da Peroxa dunha película, que se anuncia co cartel seguinte:


Esta fin de semana última de Agosto non temos festas que anunciar no noso Concello, ainda que sí teremos no veciño pobo da Barra (Coles) dende hoxe venres con grandes orquestas.


SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario