Dentro do fútbol rexional e de base:
A PEROXA C.F. - FRANCELOS C.F. : Domingo 20 as 17:00 no campo do Marco.
OUTOMURO C.F. - A PEROXA "B": Domingo 20 as 17:30 no campo de Outomuro.
A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D.C. BARBADÁS "B": Domingo 20 as 10:00 no campo do Marco.
En canto a liga de veteranos:
ATL. PEROXA - MOMA: Domingo 20 as 11:30 no campo do Marco.
RIBEIRO - LLOVIZNA: Domingo 20 as 11:30 no campo do Xestal (Ribadavia).
IRIXO - GADAFFI: Sàbado 19 as 17:30 no campo do Irixo.
Os compoñentes do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para esta fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:
http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar
Neste punto queremos facer unha breve, pero destacada referencia novamente os éxitos acadados polos compoñentes deste equipo que leva o nome do Concello por toda a xeografía provincial e galega.
Na pasada fin de semana acadaron un meritorio posto no podium, unha vez máis na persoa de Javier, o veterán do equipo que na durísima proba de Penedos do Lobo en Manzaneda e con unhas condicións climatolóxica moi adversas volveu escribir o nome do PEROXA RUNNING no palmarès desta prestixiosa proba.
NORABOA ¡¡
Queda de novo demostrado que o noso Concello xa non só é coñecido por productos gastronómicos, senón tamén como se está a demostrar......terra de grandes deportistas ¡¡¡¡
Non esquezamos tamén que nesta imaxe comparte podium con outro consagrado e gran deportista orixinario do Concello da Peroxa.
Tamén no apartado festivo este fin de semana celebraremos unha das Romerías máis importantes da provincia, como é a Romería da Virxe da Saúde, que atrae a miles de fieis de tódalas partes da provincia.
O cartel que anuncia esta festa é o seguinte:
Tamén o pobo de Corbelle celebra as súas festas....
APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS PROPOSTAS ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario