Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 25 de agosto de 2015

Actuacións de mellora no Concello

Recentemente realizaronse obras de mellora do asfaltado e da sinalización na travesía da Peroxa, entre a gasolinera e o antigo posto da Cruz Vermella.

Actuacións que sin ser unha das prioridades que as estradas do Concello necesitaban, sì melloran considerablemente o estado desta travesía, sobre todo no que se refire a sinalización tanto horizontal como vertical buscando unha maior seguridade para vehículos e peòns, sempre e cando agora se respeten por ámbalas dúas partes.

O orzamento real desta obra, según se indicaba no cartel da obra era o seguinte:



600 metros = 60.000€


Segundo o decreto publicado na web da Deputación a obra foi adxudicada nas condicións seguintes:


Entre as mellora realizadas atópase o cumprimento dunha petición feita polos membros do noso Grupo Municipal Socialista onde solícitábamos unha sinal de STOP vertical no cruce que une esta travesìa da Peroxa coa estrada que baixa dende o Centro do Saùde, xa que se atopaba este cruce nunha complicada situación xa que o non existir ningún tipo de sinalización que regulase a circulación, as normas concedían o paso prioritario os vehículos que se incorporaban dende a baixada da estrada do Centro de Saúde, e tamèn dende o Campo de Fùtbol, onde ocasionou xa graves problemas e percances dado que a "costume" dos usuarios habituais desta vía facía que os vehículos procedente do centro do pobo considerasen que tiñan prioridade, cando legalmente os vehículos se lle incorporaban pola súa dereita, tendo que cederlle o paso tal como indican as normas vixentes de circulación.

A raíz desta problemática, solicitamos con data do 15 de decembro de 2014, entre outras, a mellora da sinalización deste punto para evitar incidentes de gravidade, a través do seguinte Rogo presentado no Concello (no apartado 7º da segunda peticiòn):




A resposta do Sr. Alcalde no Pleno do 3 de febreiro de 2015 foi a seguinte, segundo se extrae da Acta do Pleno Ordinario:



"TAMÉN TEMOS OLLOS"......tìpica resposta dun Alcalde pouco acostumado a recibir propostas dos concelleiros do grupo da oposición.

Supoñemos e sabemos que sí teñen ollos......o que tamén temos claro e que en moitos lugares do Concello parecen mirar cara outro lado ¡¡¡

A imaxe do lugar onde solicitabamos melloras na sinalización estaba deste xeito....



Logo das recentes mellora realizadas a imaxe actual e mellorada que presenta é a seguinte......



A pesar da mellora evidente......botamos todavía en falta unha sinal vertical que indique a presencia deste STOP, xa que durante a circulación nocturna non é fácilmente visible.

Agardemos polo tanto, a súa colocación para así deixar en perfecto estado esta anomalía soliticitada polos nosos concelleiros socialistas e atendida polo goberno municipal do Concello.


SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E SENDO ÚTILES A VECIÑANZA NAS PETICIÓNS DAS SÚAS NECESIDADES DE MELLORA ¡¡¡¡


SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario