Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Què sabes dos nosos impostos ??

A pregunta resume perfectamente o seguinte artigo, xa que informaremos dos incrementos previstos en impostos do noso Concello, así como a creación dun novo tributo.

Comenzamos por tratar o asunto da "Ordenanza fiscal e imposición de taxas correspondentes a recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos en puntos limpos"., que foi aprobada pola Deputación de Ourense e afecta os Concellos onde se presta este servizo, entre os que se atopa o noso da Peroxa.

No enlace que publicaremos a continuación onde a partir da pàxina podereres ver e comprobar as características e prezos deste servizo, pero que ten artigos curiosos como a letra b) do punto 2, do artigo 5 onde indica que a periodicidade de recollida será de 1 a 3 veces por semana.

No anexo I desta publicación teredes as Tarifas deste servizo.

Tamén no Anexo II as tarifas creadas para a recollida e entrega en puntos limpos:

--COLCHÓNS: 6€ unidade
--VOLUMINOSOS: 0.22 € Kg.
--RAEES sen clasificar non reciclables: 0.22 € kg.


PERO A SITUACIÓN MÁIS CURIOSA E DESTACADA DESTA ORDENANZA É QUE SEGUNDO SE INDICA NA DISPOSICIÓN DERRADEIRA É QUE ENTRARÁ EN VIGOR O 1 DE XANEIRO DE 2015, EXCEPTO NOS CONCELLOS DE VILAMARIN......E A PEROXA ¡¡¡

¿TERÁ ALGO QUE VER QUE SEXA ANO DE ELECCIÓNS?....

ENTRARÁ EN VIGOR NO NOSO CONCELLO O 1 DE XANEIRO DE 2016 ¡¡¡

Toda a información publicada no enlace seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=203&fecha=20140904


O outro imposto que sufrirá un considerable incremento serà o IBI, segundo a revisión que se fixo por parte do Catastro onde se atoparon inmobles sin declarar, así como tampouco as vivendas que sufriron modificacións e ampliacións nestes últimos anos, situación que afecta tamén o noso Concello da Peroxa.

Esta información publicouse en reiteradas ocasións na prensa local entre a que destacamos as seguintes nos enlaces que publicamos a continuación:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/11/24/cuenta-atras-catastrazo/0003_201411G24P3991.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2015/03/08/inmuebles-ocultos-catastro-pagaran-media-153-euros-ibi/0003_201503G8P36991.htm

Tamén se publicou por parte da Xunta de Galicia instruccions,información e prezos de mercado no exercicio 2015 onde a través do seguinte enlace, nas páxinas 55533, 55534,55535, 55536 e 55537 se publican os coeficientes que afectan a cada un dos pobos do noso Concello da Peroxa.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141231/AnuncioCA01-161214-0002_gl.pdf


ESTA É, COMO SEMPRE, A INFORMACIÓN QUE POÑEMOS NO TEU COÑECEMENTO PARA QUE COÑEZAS SITUACIÓNS E A REALIDADE DO QUE ACONTECE E AFECTA O TEU CONCELLO, PARA QUE POIDAS ESTAS INFORMADO E ACTUAR EN CONSECUENCIA.

SEGUIMOS APLICANDO O PRINCIPIO DE QUE..."A INFORMACIÓN È PODER"....POR ESTE MOTIVO ESTE TIPO DE NOTICIAS TAN SÓ AS COÑECERÁS A TRAVÉS DESTE LUGAR DE INFORMACIÓN.

UNHA VEZ MÁIS.....LEE.....ANALIZA.....E SACA A TÚAS CONCLUSIÓNS ¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario