Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 5 de febrero de 2015

Peticións atendidas......E REALIZADAS ¡¡¡

Novamente volvemos a publicar as actuacións feitas polo Concello logo de reiteradas peticións, feitas tanto pola propia veciñanza como polos nosos concelleiros socialistas.

A pesar de que ò Sr. Alcalde lle incomode e moleste tanto que a oposición realice o seu traballo segundo o compromiso adquirido diante dos veciños e veciñas do concello, seguimos a considerarnos ferramenta ùtil e voz nos órganos de goberno do Concello para dar traslado da súas demandas e necesidades.

A continuación publicamos as actuacións recentemente realizadas e tamén cal foi a nosa aportación as peticións que se cumpriron:

Comenzamos pola que quizáis sexa a máis antigua e pola que levamos anos loitando e pelexando para que se tivera en conta e se realizase.

Tràtase do arranxo da fosa sèptica do pobo do Souto, que durante anos de abandono e falta de limpeza ocasionaba graves trastornos tanto a veciñanza do pobo, como sobre todo medioambientais, xa que os lodos campaban as súas anchas polas cunetas da estrada, con total descontrol.

Foi unha petición feita incluso antes das pasadas eleccións municipais, e sin ser tampouco ningún dos actuais concelleiro.

Daquela presentamos o seguinte escrito diante das oficinas municipais:


ESTE ESCRITO NON FOI ATENDIDO POLO CONCELLO, NIN FORON QUEN DE DARNOS RESPOSTA, POLO TANTO O PROBLEMA FOI TRASLADADO A MEDIO AMBIENTE, QUE COMO XA É DE TODOS COÑECIDO ACTUOU SANCIONANDO E ADVERTINDO DESTA ANOMALÍA O CONCELLO INDICÀNDOLLE QUE DEBÍAN SOLUCIONAR ESTE GRAVE PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL QUE PRESENTABA AS SEGUINTES IMAXES....




ESTA NOSA XUSTA PETICIÓN MESMO FOI RECOLLIDA POLA PRENSA LOCAL...



CATRO ANOS DESPOIS.....POR FIN SE RECOÑECE E SE ACTÚA NESTE PROBLEMA CON UNHA OBRA DE REPARACIÓN E MELLORA DO SISTEMA DE RECOLLIDA DE LODOS DA FOSA TAL COMO AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES...





Continuamos con outra petición necesaria, como foi a mellora da contorna do lavadoiro do pobo de Goiàs (Toubes), que solicitamos no seu día a través do seguinte rogo número 9:


A NOSA PETICIÓN, TRASLADA POLOS VECIÑOS E VECIÑAS ERA PARA MELLORAR A SITUACIÓN QUE SE ATOPABA COMO SE INDICA NAS IMAXES SEGUINTES:



UNHA VEZ ACOMETIDAS AS OBRAS NECESARIAS E SOLICITADAS AGORA PRESENTA O SEGUINTE ASPECTO MELLORADO....



Continuamos con  outra petición moi necesaria, como era o asfaltado da estrada que une os pobos de Vilar de Corbelle e Moure (Coles), por atoparse nun estado que a facía intransitable, así o solicitamos no Rogo nº 5 do seguinte escrito presentado no Concello:


A mellora que solicitábamos era para subsanar o estado de deterioro que se comproba na imaxe seguinte...


Despois das melloras atendidas e realizadas presenta un aspecto aceptable....

 
Finalizamos con outra sinxela petición que nun principio foi negada rotundamente polo Sr. Alcalde no pleno ordinario celebrado o 28 de novembro de 2013, no turno de preguntas orais, onde solicitamos a petición da veciñanza afectada do pobo un troco no apagado de parte do alumeado público no pobo de Gueral.
Solicitabase a reposición da farola existente na carretera a carón das escaleiras que suben o núcleo de Gueral xa que foi apagada inxustificadamente deixando toda a zona nunca escuridade perigosa, e sustituíla por outra existente varios metros máis arriba que quedou encendida e que facía unha función menos importante.

Como dixemos, nun dos caprichos habituais de negación de todas as propostas que surxen dos nosos concelleiros negouse incomprensiblemente a facer esta actuación.

Varios meses despois, supoñemos despois de recapacitar, e sobre todo pola cercanía das eleccións atendeu a nosa demanda, e a dos veciños e veciñas deixando a situación bastante mellor e moito máis coherente.

Esta era a farola en cuestión que solicitabamos de novo a súa posta en funcionamento....


Agora a situación permite unha mellor visibilidade para os usuarios que transitan por esta zona....






APROVEITAMOS ESTA ARTIGO E SOBRE TODO ESTA ÚLTIMA CUESTIÓN SOBRE O APAGADO DO ALUMEADO PÚBLICO POR PARTE DO SR. ALCALDE (SEGUNDO ÉL POR CUESTIÓNS DE AFORRO......AINDA QUE CREEMOS QUE PRIMARON TAMÉN CUESTIÓNS POLÍTICAS E MARXINANDO OS NON EMPADROADOS, CANDO TAMÉN PAGAN OS SEUS IMPOSTOS NESTE CONCELLO)M PARA LEMBRAR E COMPARAR O AGRAVIO QUE SE ESTÁ A FACER CON ESTE TEMA DO ALUMEADO PÚBLICO.

NO SEU DÍA PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN PARA MELLORAR O SISTEMA DE ALUMEADO NO POLIDEPORTIVO DA PEROXA, XA QUE POLA SÚA ESTRUCTURA FAI NECESARIA QUE A CALQUERA HORA DO DÍA SEXA NECESARIO E PRECISO UTILIZAR AS LUCES DA PISTA, CUESTIÓN INCOMPRENSIBLE E INTOLERABLE, CANDO HAI OPCIÓNS PARA SUBSANAR ESTA GRAVE CUESTIÓN E DESPILFARRO ECONÓMICO.

A NOSA MOCIÓN ERA A SEGUINTE....


COMO ERA DE ESPERAR, O SR. ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS NEGARONSE A APROBAR ESTA NOSA PROPOSTA, INDICANDO QUE NUN FUTURO CERCANO SE BUSCARÍAN OUTRAS SOLUCIÓNS A TRAVÉS DE NOVAS SUBVENCIÓNS.

A NOSA PROPOSTA ESTABA ENCAMIÑADA A EVITAR SITUACIÓNS COMO AS QUE REFLEXAN AS IMAXES SEGUINTES, CON TODAS AS LUCES ENCENDIDAS A PLENA LUZ DO DÍA, NO MES DE XULLO DE ANOS ANTERIORES DURANTE A CELEBRACIÓN DO TORNEO DE FUTBOL SALA QUE SE CELEBRABA POLAS FESTAS DO SAN ANTÓN DA PEROXA.....OBSERVAMOS OS FOCOS ENCENDIDAS MENTRAS O SOL ENTRA CON FORZA POLAS ESCASAS VENTÁS E ÚNICOS PUNTOS DE LUZ NATURAL.....

ESTO SÍ È UN DESPILFARRO E UNHA MEDIDA NECESARIA DE AFORRO E NON APAGARLLE AS FAROLAS OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS DO CONCELLO ¡¡¡




 
CO PASO DOS MESES..... A SITUACIÓN REPETÍASE CON ASIDUIDADE E POR ISTE MOTIVO E ANTE A FALTA DE PREVISIÓN E SOBRE TODO DE ACCIÓNS PARA PORLLE SOLUCIÓN A ESTA GASTO INNECESARIO NO PLENO DO 23 DE XUÑO DE 2014 VOLVEMOS A PREGUNTAR SOBRE ESTA PREOCUPANTE SITUACIÓN A TRAVÉS DA PREGUNTA Nº 6 DO DOCUMENTO SEGUINTE:



A RESPOSTA EVASIVA DADA POLO ALCALDE" ERA QUE TIÑA PENDENTE UNHA REUNIÓN CO DIRECTOR DO INEGA PARA UNHA POSIBLE SUBVENCIÓN" QUE SOLUCIONASE ESTA SITUACIÓN.

OS DIAS PASAN.....OS MESES TAMÉN....E AS SOLUCIÓNS NUNCA APARECEN.....PERO OS PROBLEMAS CON ESTA SITUACIÓN E AS IMAXES REPÍTENSE UNHA E OUTRA VEZ. 
SIRVA COMO EXEMPLO AS IMAXES QUE SE DERON NA RECENTEMENTE CELEBRADA FESTA DE NADAL NO POLIDEPORTIVO, ONDE PODEDES VER A CONTINUACIÓN COMO A PESARES DE SER COMPLETAMENTE DE DÍA, SEGUNDO A LUZ QUE ENTRA POLAS VENTÀS, OS FOCOS UNHA VEZ MÁIS ESTIVERON VARIAS HORAS FUNCIONANDO....




UNHA VEZ MÁIS POÑEMOS NAS VOSAS MÁNS A REALIDADE E AS SITUACIÓN QUE SE PRODUCEN NO TEU CONCELLO. 

E IMPOSIBLE DE XUSTIFICAR E ARGUMENTAR UN APAGADO INDISCRIMINADO DE GRAN PARTE DO ALUMEADO PÚBLICO, EN MOITOS CASOS CON CRITERIOS MOI LEXOS DO TAN MALINTERPRETADO AFORRO, MENTRAS POR OUTRO LADO NON SON QUEN DE PORLLE SOLUCIÓN A UN PROBLEMA TAN REAL COMO O QUE AS IMAXEN AMOSAN.

CREEMOS QUE FALTA COHERENCIA.....E SOBRE TODO MOITO SENTIDO COMÚN ¡¡¡

ESTA É A INFORMACIÓN QUE NOVAMENTE POÑEMOS A VOSA DISPOSICIÓN.......E COMO SEMPRE DECIMOS........O ANALISE E SOBRE TODO AS CONCLUSIÓNS SON VOSAS ¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario