Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 23 de febrero de 2015

As subvencións para persoal que recibe o teu Concello ¡¡

Seguimos a informate de asuntos de interès que tan só neste lugar poderás coñecer.

Desta vez son algunhas das subvencións que recibe da Xunta de Galicia o noso Concello da Peroxa para contratación de persoal.....esas convocatorias "públicas" que tan só chegan a uns poucos ¡¡¡

No pasado Diario Oficial de Galicia do pasado xoves 19 de febreiro de 2015 publicaronse as contías económicas para a contratación de persoal a través das subvencións dos programas de cooperación no pasado exercicio 2013, onde na páxina 6988 do enlace seguinte comprobamos como o noso Concello percibe dotación económica por 3 expedientes de contratación solicitados de case 10.000€:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150219/AnuncioCA05-110215-0001_gl.pdf


Tamén no mesmo día 19 se publica a subvención de 8.989,06€ para os gastos da persoa contratada como Axente de Emprego e Desenvolvemento Local para o exercicio 2013.

No seguinte enlace na súa páxina 6967 aparece a dotación o noso Concello da Peroxa:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150219/AnuncioCA05-110215-0002_gl.pdf


Neste caso puntual temos que informar sobre as funcions que debe realizar a persoa contratada para este fin segundo se publica na convocatoria que veredes no enlace seguinte onde hai que destacar esas funcions no artigo 3.1 e 3.2:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131014/AnuncioCA05-071013-0015_gl.pdf


NESTES ARTIGOS SINALANASE COMO FUNCIÓNS DESTA PERSOA CONTRATADA AS SEGUINTES:

A) PROSPECCIÓN DE RECUSOS OCIOSOS OU INFRAUTILIZADOS, DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, NOVAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS E EMPRENDEDORES.....

B) DIFUSION DE OPORTUNICADES DE CREACIÓN DE ACTIVIDADE ENTRE PERSOAS DESEMPREGADAS....

C) ACOMPAÑAMENTO TÉCNICO NO INICIO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS...

D) APOIO AOS PROMOTORES DE EMPRESAS....

E) CALQUERA OUTRA QUE FOMENTO A PROMOCION DE POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO PARA A ACTIVIDADE EMPRESARIAL E PERSOAS DESEMPREGADAS....


AS NOSAS PREGUNTAS SON BEN CLARAS...

¿OS DESEMPREGADOS/AS DO NOSO CONCELLO COÑECEN E FIXERON USO DESTE SERVIZO?...

¿E AS NOSAS EMPRESAS....E OS NOSOS EMPRENDEDORES?

¿COÑECE TODA A VECIÑANZA ESTE SERVIZO?

¿REALIZA REALMENTE ESTAS FUNCIÓNS PARA AS QUE SE RECIBE SUBVENCIÓN?


COMA SEMPRE, NOS INFORMAMOS.....O ANALISE E AS REFLEXIÓNS SON VOSAS ¡¡


HOXE REMATAMOS ESTA PUBLICACIÓN CON UNHA FRASE ATOPADA NO CALENDARIO DE HOXE QUE SE AXEITA BEN A ESTAS CUESTIÓNS:

"LAS VERDADES SE DESCUBREN, LAS MENTIRAS SE CONSTRUYEN"
Jorge Wagensberg.

No hay comentarios:

Publicar un comentario