Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 11 de febrero de 2015

O Concello non cumple nin respeta as propostas aprobadas ¡¡¡

Continuando coa política levada a cabo durante estes xa case catro anos perdidos de mandato por parte do goberno do Partido Popular do Concello da Peroxa, amosamos unha vez màis o seu pasotismo e falta de interès por asuntos tratados, debatidos e acordados nos plenos municipais.....todos eles, como sempre a proposta dos membros do Grupo Municipal Socialista no Concello da Peroxa.

Un goberno municipal sen ambición por mellorar os servizos municipais, sen ideas nin proxectos aportados a ningún dos plenos e con unha nula actividade política por parte do Sr. Alcalde e os seus concelleiros, tan só preocupados de seguir no poder, aparecendo únicamente polos nosos pobos e parroquias con fins electorais.

A continuación poñemos unha vez máis nas túas màns información suficiente para que coñezas realmente como actúan os que gobernan o teu concello, e a súa falta de ilusión, de ambición e a súa nula preocupación por levar a cabo proxectos e novas ideas para unha clara mellora dos servizos no Concello da Peroxa, preocupados únicamente dos seus intereses persoais e practicando unha política chea de escuridade,  falta de información, ausencia total de transparencia e nula igualdade de oportunidades que roza o ridículo.


Unhas políticas arcaicas doutro século onde unha minoría se leva os beneficios e proveitos principais da súa cercanía o poder mentras a gran maioría da poboación pretenden que se conformen coas migallas......de tí depende e tí decides si é este o Concello que queres ¡¡¡

Entre os moitos exemplos que poderíamos enumerar vamos a por tan só dous claros exemplos do que son o noso entender unha políticas rancias, sen atender as diferentes propostas que aportamos a cada pleno, e o que é máis triste......SEN CUMPRIR OS PROPIOS ACORDOS QUE SE APROBAN POR UNANIMIDADE NOS PLENOS, FALTANDO POLO TANTO UNHA E OUTRA VEZ AO RESPETO A VECIÑANZA E AS SÚA NECESIDADES, PENSANDO ÚNICAMENTE EN INTERESES INDIVIDUAIS E NUNCA NO INTERÈS XERAL ¡¡¡

O primeiro exemplo atopámolo na moción que os nosos concelleiros socialistas presentaron no pleno de marzo de 2014 onde propoñíamos que o Concello e a Dirección Xeral da Policìa asinaran colaboración para que os veciños e veciñas do Concello da Peroxa que o solicitasen e necesitaran non tiveran que desprazarse a Ourense para realizar tràmites simples e sinxelos nas propias oficinas do Concello sobre temas relacionados co DNI.

Fixemos a presentacion e exposición dos motivos na seguinte moción;


No citado Pleno do 27 de marzo de 2014 acordabase por unanimidade (co voto de todos os concelleiros), que se iba a SOLICITAR ESE CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA QUE POLO MENOS UNHA VEZ AO ANO ESTE UNIDADE MOVIL SE DESPRAZASE AS OFICINAS DO CONCELLO, OU A OS DOMICILIOS DOS VECIÑOS QUE O PRECISASEN PARA REALIZAR ESTOS TRÁMITES E QUE SE FARIA A DIFUSIÓN CORRESPONDENTE DESTE SERVIZO A TRAVÈS DA WEB E REDES SOCIAIS DO CONCELLO, ASÍ COMO A TRAVÈS DA COLOCACIÓN DOS BANDOS CORRESPONDENTES.

COMO TODOS PODEDES OBSERVAR DESTE ACORDO NADA DE NADA, AMOSANDO POLO TANTO OS NOSOS GOBERNANTES POPULARES UN DESINTERÈS POLA MELLORA DOS SERVIZOS NO CONCELLO E POR FACILITAR VENTAXAS A VECIÑANZA DO CONCELLO QUE NON LLES PARECE INTERESAR O MÁIS MÍNIMO.

SIRVA COMO EXEMPLO QUE OUTROS CONCELLOS QUE SOLICITARON ESTE SERVIZO SÍ O ESTÁN A POR EN MARCHA PARA OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS....


Outro exemplo das nosas propostas que trasladamos foi a de propoñer que o Concello ofrecese a súa  colaboración coa veciñanza para facilitar a venda ou aluguer de moitas das casas deshabitadas existentes no Concello, e tratar así de evitar esta GRAVÍSIMA DESPOBOACIÓN DOS NOSOS POBOS QUE NOS ÚLTIMOS 8 ANOS FÍXO QUE PERDÉRAMOS MÁIS DE 500 HABITANTES ¡¡¡¡ 
UNS DATOS MÁIS PROPIOS DE CONCELLO DA ALTA MONTAÑA OURENSÁ OU DE POBOACIÓNS ALONXADAS DA CAPITALIDADE, E NON DUN CONCELLO COMO O DA PEROXA QUE SE ATOPA A TAN SÓ 15 KM DE OURENSE E CON UN PERCORRIDO POUCO SUPERIOR OS 15' A CALQUERA DOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN ¡¡¡

ESTA NOS PROPOSTA FOI PRESENTADA EN SETEMBRO DE 2012 A TRAVÈS DA SEGUINTE MOCIÓN:


O ACORDO DO PLENO DO 10 DE SETEMBRO DE 2012 FOI APROBADO COS VOTOS FAVORABLES DE TÓDOLOS CONCELLEIROS, COMPROMETÉNDOSE O SR. ALCALDE A REALIZAR UN POSIBLE LISTADO, FILTRANDO AS MÁIS AXEITADAS E QUE LOGO SE FARÍA ESA PUBLICACIÓN.

O IGUAL QUE NO CASO ANTERIOR......NADA DE NADA ¡¡¡

NULO INTERÈS POLOS ASUNTOS QUE PREOCUPAN O NOSO CONCELLO, ONDE UN DOS SEUS PROBLEMAS MÁIS GRAVES E A DESPOBOACIÓN......PERO ESTO NON FOI MOTIVO PARA QUE O EQUIPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR SE PREOCUPASE O MÁIS MÌMINO POR ATENDER A ESTA PROPOSICIÓN QUE ELES MESMO VOTARON A FAVOR DA SÚA POSTA EN MARCHA.

Esta nosa proposta mesmo tivo repercusión na prensa local...


ESTES EXEMPLOS EXPOSTOS, ENTRE OUTROS MOITOS ACORDOS QUE TODAVÍA NON FORON REALIZADOS PON DE MANIFESTO QUE ESTA XENTE QUE DIRIXE O CONCELLO NON ESTÁ PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DA VECIÑANZA....A PREGUNTA É...

¿PARA QUÈ ESTÀN?
¿ESTÁN PARA SOLUCIONAR E MELLORAR OS SERVIZOS DO CONCELLO OU SÓ PARA FINS ELECTORAIS?

CURIOSAMENTE.....A CITA ONDE NUNCA FALTAN È CANDO SE TRATA DE SOLICITAR ALGÚN TIPO DE SUBVENCIÓN TANTO A NIVEL PERSOAL, COMO PARA CALQUER ACTIVIDADE OU NEGOCIO ONDE TEÑAN INTERESES PERSOAIS ¡¡¡

ESTA É A INFORMACIÓN QUE POÑEMOS NA TÚA MÁN PARA QUE ANALIZES....REFLEXIONES....E CANDO TOQUE......SACAR AS TÚAS CONCLUSIÓNS E AS TÚAS DECISIÓNS¡¡¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario