O nome así leído pode que non chame a atención e non reparemos na importancia que ten para os nosos pobos, para as nosas asociacións de veciños, para as nosas comisións de festas.....etc.
O obxetivo desta convocatoria e subvencionar todo tipo de actuacións realizadas con carácter público, promovidas por persoas físicas, xurídicas ou agrupacións.....polo tanto inclùe as nosas comisións de festas dos nosos pobos e parroquias, tamén as nosas asociacións de veciños e outra iniciativas feitas por particulares.
Segundo a convocatoria inclue, por exemplo, entre outros moitos, actuacións de orfeóns, corais, rondallas, tunas grupos folk, rock, jazz, grupos de teatro, magos, paiasos....etc, etc.
Polo que creemos que é de vital importancia que os emprendedores do noso concello neste tipo de eventos coñezan a existencia e requisitos desta convocatoria, con importantes axudas econòmicas a contratación deste tipo de actuacións, sobre todo nas nosas festas populares, eses que tanto esforzo costa organizar e que con unha axuda económica que se pode obter a través desta subvencións dará un alivio importante.
Toda a información, requisitos na convocatoria do seguinte enlace dende a páxina 2 en adiante:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=280&fecha=20141205
Actuacións nas nosas festas ou eventos organizados polas asociacións de veciños de charangas, bandas de música ou mesmo no certamen de rondallas e corais que se organiza no noso Concello poderían ser beneficiarias desta liña de axudas.
Sirva como exemplo a publicación das axudas económicas e dos beneficiarios do último trimestre do pasado ano 2014 que podedes consultar no enlace seguinte....
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141104/AnuncioG1440-161014-0001_gl.html
COMO PODEDES COMPROBAR NESTE LISTADO TAMÉN APARECEN CONCELLOS COMO SOLICITANTES DESTAS AXUDAS.
UNHA VEZ MÁIS ESTE TIPO DE PUBLICIDADE DESTAS CONVOCATORIAS IMPORTANTES PARA O NOSO CONCELLO, A SÚA VECIÑANZA, AS SÚAS COMISIÓNS DE FESTAS E AS SÚAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS NON SON NUNCA PUBLICITADAS NIN ANUNCIADAS A TRAVÈS DOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN DO NOSO CONCELLO DA PEROXA, UNHA VEZ MÁIS DESAPARECIDO E AUSENTE COMO FONTE DE INFORMACIÓN, ASESORAMENTO E COLABORACION PARA A TRAMITACIÓN DESTAS NECESARIAS AXUDAS ECONÓMICAS.
VOLTAMOS POLO TANTO A RECLAMAR QUE OS RESPONSBLES MUNICIPAIS CUMPLAN CO SEU COMETIDO DE XESTORES PÚBLICOS E QUE SE PREOCUPEN DE QUE OS POSIBLES BENEFICIARIOS ESTÈN AO CORRENTE DESTAS CONVOCATORIAS E QUE O PERSOAL ENCARGADO E COBRANDO POR FACER ESTAS LABORES NAS OFICINAS MUNICIPAIS CUMPLA DUNHA VEZ CO SEU COMETIDO POLO CAL RECIBE COMPENSACIÓN ECONÓMICA.
SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN, DE TODOS E PARA TODOS, E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario