Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de mayo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño de 2014

Escasa actividade a que nos depara este fin de semana, debido o remate da maior parte das competicións oficiais dos nosos equipos.


E.F. PABELLÓN - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 31 as 10:45 no campo dos Remedios

VETERANOS POLÍGONO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 31 as 16:30 no Polígono

CIDADE DAS BURGAS "A" - OS PEARES FS: Sàbado 31 as 20:00 no anexo dos Remedios


Intensa actividade tamén para o equipo de atletismo con varias probas na fin de semana onde haberá representación do Concello da Peroxa a través do PEROXA RUNNING en probas en Ferreira de Pantón, no Couto en Ourense e en Sandiás.

Falta tamén a confirmación si teremos representación nunha proba do Campeonato de España que se celebrará en Navarra, a través do corredor Adrían Rodriguez Díaz, convocado pola Selección Galega na modalidade de Montaña......NORABOA E SORTE¡¡¡¡

Este è o calendario desta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡









Publicacións oficiais sobre o noso Concello

No dia de hoxe, venres 30 de maio, publicánse no Boletín Oficial da Provincia, asuntos importantes sobre o noso Concello.

Publicase a nova Ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar (pàxina 12), así como a súa correspondente Ordenanza fiscal do prezo público deste mesmo servizo de axuda no fogar.

Tamén se publica na páxina 11 o orzamento 2014 onde aparece unha vez máis, información interesante sobre cuestións que a maior parte da poboación descoñece, como os soldos do Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo.

Toda a información destas publicacións nas páxinas indicadas correspondentes no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=122&fecha=20140530


Pola importancia, e sobre todo polo descoñecementos dos datos que afectan directamente a economía do noso concello amosamos na seguinte imaxe a información publicada:

Destacan nestes datos o elevado gasto en persoal, en comparación co ridículo gasto previsto en inversións e obras...


SEGUIREMOS CO NOSO COMPROMISO NA LABOR DE INFORMACIÓN A TODA A VECIÑANZA ¡¡¡

 

miércoles, 28 de mayo de 2014

Necesidades urxentes...¡¡

Como cada ano por estas datas......aparece un dos grandes problemas e necesidades no noso Concello da Peroxa......A MALEZA INVADE POR COMPLETO OS NOSOS POBOS E AS NOSAS ESTRADAS.

Maleza que dificulta a circulación de vehículos e peóns sendo un gran perigo a falta de visibilidade que pode provocar graves incidentes, como xa ten ocurrido en anos anteriores.

Un ano máis, a previsión e planificación da limpeza por parte do Concello é nula, tanto nas estradas municipais como nas provinciais facendo intransitable calquera dos nosos pobos e parroquias.

As imaxes que amosamos a continuación son un bo exemplo de parte das moitas situción similares que se suceden en tódlas esquinas do Concello....


 CARRETERA HACIA PEARES


CARRETERA HACIA AS BARBEITAS EN TOUBES



CARRETERA EN A LAMA DE TOUBES



 CARRETERA EN OUTEIRO DE BEACAN



 CARRETERA EN CARRACEDO



 ESTRADA ENTRE ALENDE E CASDEGUÍSTOLA



 CARRETERA ENTRE O CONCHOUSO E ALENDE



  CARRETERA HACIA O CONCHOUSO


 CARRETERA NO SOUTO


MALEZA NO POBO DO SOUTO



A ESTA SITUACIÓN, QUE SE REPITE ANO TRAS ANO, HAI QUE ENGADIR TAMÉN A PENOSA SITUACIÓN DE DETERIORO DE MOITAS DAS NOSAS ESTRADAS CON TREMENDOS E PERIGOSO BACHES QUE XA TEÑEN CAUSADO DESAGRADABLES PROBLEMAS MATERIAIS EN VARIOS VEHÍCULOS, POLO QUE REITERAMOS NOVAMENTE UN ARRANXO URXENTE DE TÓDOLAS SITUACIÓNS COMO AS QUE AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTE, E QUE SON SÓ UN PEQUENO EXEMPLO DE COMO TEN O CONCELLO DA PEROXA O ESTADO DAS SÚAS CARRETERAS......LAMENTABLE ¡¡¡



 BACHE EN CASTEGUÍSTOLA




 BACHE NA ESTRADA HACIA CORBELLE



 ESTRADA NO POBO DO VAL


BACHES NA ESTRADA DENDE ALENDE A CASDEGUÍSTOLA




ESTA É A SITUACIÓN......
AGARDEMOS UNHA URXENTE SOLUCIÓN ¡¡¡¡

martes, 27 de mayo de 2014

Festas en Vilarrubin

Continuando coa axenda de festas, xa maís abundante nesta època do ano, temos que comunicarvos a seguinte que se celebrará no noso Concello.

Anunciase cos actos completos a través do seguinte cartel:



DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡

viernes, 23 de mayo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 24 e 25 de maio de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. XUVENIL - C.P. CALASANCIO:  Sàbado 24 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVIN - C.D. VELLE: (AMIGABLE) Venres 23 as 19:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - RIBEIRO F.C. "B":  Sàbado 24 as 12:15 no campo do Marco.



GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CUNHA OLD BOYS: Sàbado 24 as 16:00 no campo do Marco.

A PEROXA FS FEMENINO - C.D. MACEDA: Sàbado 24 as 18:00 no Polideportivo da Peroxa.


A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo será en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana:
 

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar






APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

jueves, 22 de mayo de 2014

Polo dereito a decidir....

No seguinte enlace, se o desexas, logo de leer e analizar os argumentos expostos, e de sobra coñecidos pola sociedade, especialmente polas mulleres, podes firmar contra a retirada da reforma da lei do aborto que pretende facer o goberno con Rajoy e o ministro Gallardón, deixando as mulleres e a España nunha situación pola que xa pasaron e sufriron durante anos....

No seguinte enlace podes asinar esta petición:

http://abortolegal.psoe.es/firmar


Este enlace para asinar contra a retirada desta Lei, quedará permanentemente colocado neste blog no apartado de enlaces interesantes.


AGORA MÁIS QUE NUNCA.........TI DECIDES ¡¡¡¡


miércoles, 21 de mayo de 2014

Actuacións pendentes de mellora das nosas estradas no Concello.

Estamos impacientes e a espera do comenzo das urxentes e necesarias actuacións de mellora das nosas estradas, pertencentes as axudas procedentes dos Plans Provincias de 2013, que contemplan varias actuacións en diferentes puntos do concello.

A publicacion destas actuacións fíxose no Boletín Oficial da Provincia do pasado 9 de maio de 2013.

As actuacións correspondentes o noso Concello da Peroxa aparecen na paxina 9 do seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20130509

Nesta mesma publicación tamén se contempla a mellora pendente da carretera de Barra de Miño, dende o cruce de Lamagrande, xa adxudicada e pendente de facer as obras.

Posteriormente, sobre esta obra adxudicouse na Deputación no seguinte documento:


As obras adxudicadas o noso Concello da Peroxa incluénse baixo a denominación xenérica de "Pavimentación da rede viaria municipal".

Ante esta publicación, e preocupándonos polas actuacións que se solicitaran, para coñecer con concreción cales se realizarían preguntamos o Sr. Alcalde no Pleno Ordinario de Maio de 2013 a través da pregunta 3 como se amosa no documento seguinte:



COMA SEMPRE, FIEL A SÚA FALTA DE CONCRECIÓN NAS RESPOSTAS, UNHA VEZ MÁIS NOS RESPOSTABA ESCUETAMENTE QUE "estase redactando o proxecto e unha vez feito se nos informará".

POR SUPOSTO QUE ESA INFORMACIÓN NUNCA FOI PROPORCIONADA, FACENDO GALA DA SÚA HABITUAL FALTA DE TRANSPARENCIA E FALTA DE INFORMACIÓN.

POR ESTE MOTIVO, SOLICITAMOS POR ESCRITO NO MES DE FEBREIRO DE 2014 O ACCESO A ESE EXPEDIENTE PARA TER INFORMACIÓN SOBRE ESTAS OBRAS PREVISTAS NO NOSO CONCELLO.

Fixemos a petición no seguinte escrito, entre outras varias, no apartado cuarto....


ESTA È A NOSA SITUACIÓN HABITUAL DE ACCESO A INFORMACIÓN QUE SE PRODUCE NA ACTIVIDADE MUNICIPAL, SEMPRE SOLICITANDO POR ESCRITO O ACCESO OS EXPEDIENTES PARA COÑECER AS ACTUACIÓNS QUE O NOSO CONCELLO REALIZA.

Unha vez analizado o citado expediente, coñecemos.....por fin ¡¡¡¡ cales serán as obras previstas para a mellora das nosas estradas municipais, atopándonos coa grata sorpresa que MOITAS DELAS SON PETICIÓNS DE MELLORA FEITAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS A TRAVÉS DOS CORRESPONDENTES ROGOS NOS PLENOS O EQUIPO DE GOBERNO.


A continuación informamos das obras previstas en cada pobo....


1) MELLORA DO ACCESO O POBO DO MATO (GRAÍCES):



Lembramos no seguinte documento a nosa petición sobre esta actuación no pasado Pleno do mes de Setembro de 2013 no punto 4:


 
2) MELLORA ACCESOS EN BOUZALONGA








3) MELLORAS EN ACCESO A RABACIDO






Esta actuación foi solicitada polos concelleiros socialistas no pasado Pleno de Marzo do 2013, a través da petición de Rogos de mellora nos puntos 4 e 5 do mesmo, que amosamos a continuación....



4) MELLORA CARRETERA VERDELLE - GULFAR



 Novamente, indicamos e amosamos a petición feita polos nosos concelleiros no pasado Pleno de Novembro de 2013 onde facíamos esta petición no punto 2 dos Rogos seguintes:



5) MELLORA ACCESO OUTEIRIÑO DE ARRIBA


 
 
6) MELLORA ACCESO OUTEIRIÑO DE ABAIXO




AGARDEMOS QUE AS ACTUACIÓNS NESTA ESTRADA SEXAN COMPLETAS E SE CONSIDERE O TEMA DO ENTUBAMENTO DO REGO DA AUGA A BEIRA DO CAMIÑO.

TAMÉN INDICAR QUE ESTA ACTUACIÓN DEBERÁ SER COMPLETA TENDO EN CONTA A PRESENCIA DE NOVOS VECIÑOS NESTA PARTE DO POBO E O ACCESO A SÚA VIVENDA SE ATOPA NO ESTADO QUE AMOSA A IMAXE SEGUINTE, FACENDO POLO TANTO NECESARIA UNHA ACTUACIÓN COMPLETA, ASÍ COMO ATENDER A SÚA DEMANDA DE COLOCACIÓN DUNHA VARANDA METÁLICA PARA DAR SEGURIDADE O DESNIVEL EXISTENTE E A ESTREITEZ DA ESTRADA, PARA EVITAR INCIDENTES CON CALQUER VEHÍCULO OU PEÓN.


7) MELLORA ACCESO O CONCHOUSO


ESTA É UNHA MOI NECESARIA ACTUACIÓN E DEMANDADA EN MOITAS OCASIÓNS POLA VECIÑANZA, ASÌ COMO TAMÉN POLOS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL EN VARIOS DOS PLENOS CELEBRADOS SOLICITANDO TAMÉN UNHA POSIBLE AMPLIACIÓN DO PERCORRIDO EN ALGÚN PUNTO PARA FACILITAR O CRUZAMENTO DE DOUS VEHÍCULOS, SITUACIÓN QUE HOXE EN DÍA SE FAI IMPOSIBLE.

8) MELLORA ACCESO SOUTO - CINCONOGUEIRAS



ESTA ACTUACIÓN XA QUEDOU "A MEDIAS" NUNHA RECENTE MELLORA QUE SE EXECUTOU A PARTE DO PERCORRIDO DENDE O POBO DO SOUTO.

FOI OUTRA DAS DEMANDAS QUE LEVAMOS O PLENO DO PASADO MES DE MARZO DE 2013, SOLICITANTO A MELLORA DESTE TREITO A TRAVÉS DO ROGO NUMERO 1, SEGUNDO SE AMOSA NO DOCUMENTO SEGUINTE:



NON QUEDA LOGO OTRA COUSA, QUE AGARDAR POR ESTAS NECESARIAS E DEMANDADAS ACTUACIÓNS PARA UN MELLOR SERVIZO A VECIÑANZA.

AMOSAMOS TAMÉN A NOSA LEDICIA POLAS ACTUACIÓNS QUE SE VAN A REALIZAR, E COMO XA INDICAMOS, MÁIS LEDICIA TODAVÍA POLAS NOSAS DEMANDAS QUE FORON ATENDIDAS, MANIFESTANDO E POÑENDO DE NOVO DE MANIFESTO A NOSA LABOR EXERCIDA NO CONCELLO A TRAVÉS DAS PROPOSTAS LEVADAS OS ÓRGANOS DE GOBERNO.

ESPERAMOS E DESEXAMOS PRONTO PODER AMOSAR AS IMAXES DAS MELLORAS REALIZADAS.


SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO, E TRABALLANDO POLA MELLORA DO MESMO, COMO QUEDOU DE MANIFESTO NESTE ARTIGO ONDE DAS 8 ACTUACIÓNS PREVISTAS......5 FORON SOLICITADAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS NO CONCELLO ¡¡¡¡

SENTINDONOS ÚTILES A VECIÑANZA, E ORGULLOSOS DE REALIZAR AS LABORES QUE A VECIÑANZA NOS ENCOMENDOU DENDE A OPOSICIÓN ¡¡¡


martes, 20 de mayo de 2014

Curso de formación Ocupacional a celebrar no Concello da Peroxa

Segundo anuncia a Consellerìa de Traballo e Benestar, vaise celebrar un curso de "ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS", no Concello da Peroxa.

Un curso que xa se ten celebrado en edicións anteriores e que contará como requisito previo para o acceso a postos de traballo relacionados con estas funcións.

Si estás interesado, informate dos requisitos e inscripción nas oficinas municipais do noso Concello.


lunes, 19 de mayo de 2014

Somos os primeiros...¡¡¡¡¡

Recentemente publicaronse os datos de débeda das administracións pùblicas, e polo tanto, tamén as dos Concellos.

Estamos a ver noticias na prensa onde publican datos "o seu xeito" da débeda de cada Concello, neste caso de Galicia.

A continuación amosamos unha imaxe publicada no xornal "La Voz de Galicia" de onte domingo onde aparecían datos de cada concello.

A imaxe centrase na comarca de Ourense....



Os datos publicados teñen "truco" xa que non se publican as débedas dos Concellos, senón a débeda por habitante para non "asustar" a poboación.

Por ese motivo, é para que a información sexa completa publicamos as cantidades totais da débeda xeral dos Concellos da Mancomunidade Santa Àgueda, para que a veciñanza coñeza a situación real do noso Concello, e a comparativa cos concellos veciños.


POLO TANTO, E VISTO E ANALIZADOS OS DATOS....PODEMOS DECIR, UN ANO MÁIS QUE SOMOS OS PRIMEIROS....¡¡¡¡

O CONCELLO CON MÁIS DÉBEDA DE TODA A MANCOMUNIDADE, E TAMÉN O QUE CONTA CON MENOS SERVIZOS A VECIÑANZA....POLO TANTO.....NEFASTA XESTIÓN DOS NOSOS MANDATARIOS ¡¡¡¡

CONSECUENCIA DA FALTA DE SERVIZOS E DO EVIDENTE DETERIORO DAS NOSAS INFRAESTRUCTURAS É A PREOCUPANTE PÉRDIDA DE POBOACIÓN......ONDE ESCASAMENTE SUPERAMOS OS 2.000 HABITANTES, COAS CONSECUENCIAS ECONÓMICAS QUE ESO REPERCUTIRÍA NAS ARCAS MUNICIPAIS, COMO TAMÉN SE REFLEXA NA PRENSA LOCAL.....


ESTÁ É A SITUACIÓN DO TEU CONCELLO....TÚAS SON AS CONCLUSIÓNS ¡¡¡¡


viernes, 16 de mayo de 2014

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 17 e 18 de maio de 2014

A actividade deportiva para os representantes do noso Concello è a seguinte:

A PEROXA C.F. - MASIDE C.F.: Domingo 18 as 17:30 no campo do Marco.

C.D. RUA - ATL. PEROXA: Domingo 18 as 17:30 no campo da Rùa.

C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 17 as 11:30 no campo Luis Bodegas de Monforte.

A PEROXA C.F. BENXAMÍN - C.D. VELLE "B": (AMIGABLE) Venres 16 as 19:00 no campo do Marco.

C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN Sàbado 17 as 12:30 no campo Luis Bodegas de Monforte.




CARBALLIÑO FS - A PEROXA FS INFANTIL: Venres 16 as 20:00 no Pabellón Paco Chao de Carballiño.


A participación dos representantes do Concello da Peroxa no deporte do Atletismo deprázanse  a algunha das cercanas probas como serán a de San Mamede en Maceda:

Màis información da proba no seguinte enlace:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=event&id=2873&date=20140518




O resto de probas que marca o calendario para este fin de semana son as que podes ver no enlace seguinte:


http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar





APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE ¡¡¡

jueves, 15 de mayo de 2014

Un pouco de todo.....

No artigo de hoxe amosamos algunha das moitas situacións que ben poderían ter unha mellora necesaria para use e disfrute da veciñanza.

As imaxes seguintes son dunha zona de lecer na zona da estación dos Peares, que amosa unha imaxe de abandono preocupante, chea de maleza, cando a actuación para unha mellor situación sería ben sinxela e económica...e a imaxe para os moitos visitantes que ten esta preciosa zona sería bastante máis agradable.




Situación semellante prodúcese no pobo do Fontao (Beacán), onde o banco de descanso para veciños e veciñas colocado polo Concello atópase.......ou mellor dito......agóchase entre a maleza.




Tamén, como xa é habitual facemos publicación das actuacións atendidas as nosas demandas sobre situacións de deterioro.

Neste caso amosamos as imaxes nas que quedou a parte traseira da Estación dos Peares, logo de retirar o escombro que se produxo tras un desprendemento a principios de ano....




Certo é que a situación solucionouse, pero creemos que se poideron esmerar algo máis porque o perigo de derrumbre segue existindo, non hai máis botar unha ollada a primeira imaxe onde se ven pedras con alto risco de caída. Agardemos que non se produza e que non ocasione danos materiais nin persoais.


Esta situación foi solicitada polos nosos concelleiros socialistas os responsables municipais para que actuaran ante esta anomalía a través dos Rogos presentados para o pleno do Concello no seu punto 6 , como se amosa a continuación.


As imaxes que presentaba anteriormente eran as seguintes....





Finalmente, publicamos unha nova recente que reflexa a Web da Deputación Provincial de Ourense sobre o recen creado Programa de Termalismo 2014.

http://dpouv2.depourense.es/index.php/actualidade/796-os-vecinos-de-59-concellos-xa-poden-solicitar-o-programa-de-termalismo-2014-da-deputacion-de-ourense

¿Que botades en falta nesta noticia?

POIS UNHA VEZ MÁIS, LAMENTABLEMENTE O NOSO CONCELLO NON ESTÁ ENTRE OS COLABORADORES DESTE PROGRAMA, LONXE UNHA VEZ MÁIS DE DAR FACILIDADES A VECIÑANZA DO CONCELLO PARA MELLORAR OS SEUS SERVIZOS E COLABORACIÓN CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS ¡¡¡

TODO ISTO OCURRE DESPOIS DE TELO ANUNCIADO NAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO, MOI DADO A ANUNCIAR ACTIVIDADES E PROGRAMAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS ANTE A FALTA DE INICIATIVAS E EVENTOS PROPIOS.


SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E INFORMANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO QUE ACONTECE O SEU CARÓN ¡¡¡