Desta vez, volve a ser o recorte na Xustiza, primeiro foi coa aplicacións das elevadas taxas e agora coa supresión dos partidos xudiciais, alexando todavía máis a xustiza dos cidadáns.
Por este motivo, os nosos concelleiros socialistas no Concello da Peroxa, o igual que outros moitos compañeiros, presentamos o seguinte escrito solicitando o apoio institucional e veciñal para a defensa dos nosos servizos, nunha concentración o vindeiro XOVES 8 DE MAIO AS 14:00.
Tamén para facer do noso concello, un concello máis moderno e tecnolóxico e para avanzar segundo o demanda a sociedade, solicitamos a colaboración dunha web para dar a coñecer os eventos que se realizan no noso Concello, no que sería unha axenda a nivel provincial.
Esta mesma web ten unha excepcional aplicación para descargar nos móviles ou tablets con Android chamada "VouAxenda", que publicita os actos e eventos de toda índole que se celebran na nosa provincia, moi útil e recomendable para instalar no teu móvil.
Polo seu gran seguimento e funcionalidade solicitamos a inclusión dos eventos máis destacados mensuais que se celebran no noso Concello da Peroxa, como son as sùas tres feiras.
Agardamos a colaboración de todos e todas para dar a coñecer máis o noso Concello e facelo màis moderno e a vanguardia das novas tecnoloxías.
Nas seguintes imaxes, amosamos as nosas peticións, cuestión que se poden facer persoalmente, para anunciar mesmo unha festa ou calquer outro acto.
Tamén por suposto, solicitamos a colaboración dos mandatarios municipais para que os actos e eventos do noso Concello sexan convenientemente publicitados e coñecidos a través desta moderna ferramenta.
SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario