Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 9 de mayo de 2014

Era visto....¡¡¡¡.......e tamén era evitable.

Non queremos ser oportunistas....pero o tempo e a realidade danos a razón as nosas advertencias e peticións de subsanación de anomalías urxentes que non son atendidas polo Concello da Peroxa.

Desta vez temos que comunicar unha grave incidencia, que afortunadamente só foi material, que sufriu unha veciña do noso Concello polo estado ruinoso e de abandono no que se atopan moitas das nosas carreteras municipais.  O día que sexa con danos persoais...... lamentaremonos ¡¡¡¡

Unha avería no seu vehículo cun elevado custe económico, responsabilidade única e exclusiva dun Concello que parece mirar para outro lado, ou dar prioridade a asuntos que só benefician a uns poucos, desatendendo completamente as súas obrigas de manter en condicións dignas de circulación as vías de acceso os nosos pobos.

Como pode ser prioritario facer un embarcadoiro no Miño para un "futuro catamarán", que "casualmente" fará parada preto dos negocios da familia do Sr. Alcalde?

....è esto o que necesita o noso Concello????

A resposta terá que dala a veciñanza ¡¡¡ 

As imaxes da grave avería son as seguintes, con resultado de rotura de cárter:





A incidencia produciuse na carretera de acceso os pobos de Abertesga e Vilar que se atopa no estado que amosan as seguintes imaxes....






OS CALIFICATIVOS A ESTA SITUACIÓN......POÑEDEOS VOS MESMOS ¡¡


Os nosos concelleiros socialistas trasladaron en varias ocasións esta problemática os responsables municipais nos Plenos celebrados, para buscar unha solución a esta situación que os propios veciños e veciñas destes pobos e de outros que transitan por esta vía demandaban o seu urxente arranxo.

Trasladamos a petición no seguinte rogo no seu punto 5, xa no pasado mes de setembro de 2013 ¡¡¡¡¡



A resposta por parte do Concello a través do Alcalde foi a seguinte....


SORPRENDE QUE NON CONSIDERASE URXENTE ESTA ACTUACIÓN CANDO A CIRCULACIÓN FACÍASE IMPOSIBLE POR ESTA ZONA......CANDO SE ESTÀN A ACOMETER DIVERSAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTE DE OUTRAS CARRETERAS QUE AINDA SENDO NECESARIA A SÚA REPARACIÓN ESTABAN EN MELLOR ESTADO QUE ESTA.

TAMÉN É CURIOSO QUE COMO SEMPRE, A DISCULPA DE SEMPRE SON OS CARTOS......RECORDAMOS QUE O CONCELLO DISPÒN DUN REMANENTE DE TESOURERÍA DE MÁIS DE 500.000€, FRUTO DE NON FACER NIN UNHA SOA ACTUACIÓN NOS ÚLTIMOS ANOS NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS.

O SR. ALCALDE PREFIRE TER OS CARTOS NOS BANCOS QUE INVERTILOS EN MELLORAR OS SERVIZOS E INFRAESTRUCTURAS DO SEU CONCELLO....¡¡¡¡¡

Esta situación desta carretera entre outras demandas xa foi tamén denunciada públicamente neste mesmo blog a través do seguinte artigo:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2014/04/solicitud-de-mellora-do-estado-das.html


Diante desta desagradable situación, volvemos a solicitar entre outros o arranxo URXENTE desta carretera para evitar novos incidentes, a través da presentación das novas peticións de mellora nos Rogos para o vindeiro Pleno, no seu punto 4:


 ESTAS DEMANDAS FEITAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS, SON AS DEMANDAS QUE NOS TRASLADA A VECIÑANZA DE CADA POBO E DE CADA PARROQUIA, QUE VE COMO ANO TRAS ANO, O DETERIORO NAS SÚAS ESTRADAS VAI A MÁIS SEN SEREN ATENDIDAS POLOS RESPONSABLES MUNICIPAIS, PONDO EN RISCO OS SEUS VEHÍCULOS E TAMÉN POSIBLES RISCOS PERSOAIS.

EXEMPLOS DE SITUACIÓN SEMELLANTES ATOPÁMOLOS EN CALQUER PARTE DO CONCELLO, DESATENDIDO POR COMPLETO DURANTE ANOS.....

AS IMAXES SEGUINTES CORRESPONDEN A CARRETERA QUE ATRAVESA O POBO DE MIRALLOS, QUE XA SOLICITAMOS O SEU ARRANXO, E TAMPOUCO FOI ATENDIDA E A SITUACIÓN PARECE DUN PAÍS TERCERMUNDISTA....





TAMÉN PODEMOS ATOPAR SITUACIÓNS DE RISCO EN VERDELLE, CON UNHAS CUNETAS QUE PRESENTAN UNHA SITUACIÓN DE PERIGO MÁIS QUE EVIDENTE.......

......E CON UNHA SINALIZACIÓN DA SITUACIÓN DE PERIGO QUE É DOUTRO SÉCULO ¡¡





 

AGARDEMOS QUE ESTA SITUACIÓN SIRVA PARA REFLEXIONAR OS MANDATARIOS DO NOSO CONCELLO PARA TER EN CONTA QUE NINGÚN VECIÑO OU VECIÑA MERECEMOS ESTE CASTIGO O QUE NOS SOMENTEN EN CADA POBO E PARROQUIA PARA CIRCULAR COS NOSOS VEHÍCULOS.

SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO  ¡¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario