As imaxes seguintes son dunha zona de lecer na zona da estación dos Peares, que amosa unha imaxe de abandono preocupante, chea de maleza, cando a actuación para unha mellor situación sería ben sinxela e económica...e a imaxe para os moitos visitantes que ten esta preciosa zona sería bastante máis agradable.
Situación semellante prodúcese no pobo do Fontao (Beacán), onde o banco de descanso para veciños e veciñas colocado polo Concello atópase.......ou mellor dito......agóchase entre a maleza.
Tamén, como xa é habitual facemos publicación das actuacións atendidas as nosas demandas sobre situacións de deterioro.
Neste caso amosamos as imaxes nas que quedou a parte traseira da Estación dos Peares, logo de retirar o escombro que se produxo tras un desprendemento a principios de ano....
Certo é que a situación solucionouse, pero creemos que se poideron esmerar algo máis porque o perigo de derrumbre segue existindo, non hai máis botar unha ollada a primeira imaxe onde se ven pedras con alto risco de caída. Agardemos que non se produza e que non ocasione danos materiais nin persoais.
Esta situación foi solicitada polos nosos concelleiros socialistas os responsables municipais para que actuaran ante esta anomalía a través dos Rogos presentados para o pleno do Concello no seu punto 6 , como se amosa a continuación.
As imaxes que presentaba anteriormente eran as seguintes....
http://dpouv2.depourense.es/index.php/actualidade/796-os-vecinos-de-59-concellos-xa-poden-solicitar-o-programa-de-termalismo-2014-da-deputacion-de-ourense
¿Que botades en falta nesta noticia?
POIS UNHA VEZ MÁIS, LAMENTABLEMENTE O NOSO CONCELLO NON ESTÁ ENTRE OS COLABORADORES DESTE PROGRAMA, LONXE UNHA VEZ MÁIS DE DAR FACILIDADES A VECIÑANZA DO CONCELLO PARA MELLORAR OS SEUS SERVIZOS E COLABORACIÓN CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS ¡¡¡
TODO ISTO OCURRE DESPOIS DE TELO ANUNCIADO NAS REDES SOCIAIS DO CONCELLO, MOI DADO A ANUNCIAR ACTIVIDADES E PROGRAMAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS ANTE A FALTA DE INICIATIVAS E EVENTOS PROPIOS.
SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO E INFORMANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO QUE ACONTECE O SEU CARÓN ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario