Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Positivo e negativo

Sendo como somos un grupo positivo e que aporta ideas e solucións, comenzaremos este artigo polas cousas "positivas" que sucederon no noso Concello.

Actuación feitas polo Concello, o cal felicitamos, o igual cos veciños e veciñas que ven melloradas as súas demandas.

Demandas feitas polos concelleiros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello, unha vez máis trasladando os órganos de goberno as peticións da veciñanza sobre anomalías existentes e non atendidas.

Comenzaremos por amosar o novo estado no que queda o Parque Infantil da Peroxa logo do cambio das àrbores secas, situación que se producía dende o mesmo día da inauguración a pesar das iniciais negativas por parte do Concello.



A situación anterior estaba deste xeito....


Neste mesmo punto, tamén solicitamos a instalación do alumeado público nesta rúa, e que favorece o transito de persoas pola noite, así como temén serve de iluminación a escura zona na que se atopaba o Parque Infantil.

A situación demandada polos nosos concelleiros era a seguinte, vista en imaxes....




TANTO A PETICIÓN DA REPARACIÓN E MELLORA DO PARQUE COMO A INSTALACIÓN DO ALUMEADO FOI SOLICITADO O CONCELLO NO MES DE MAIO DE 2013 A TRAVÉS DA SEGUINTE PETICIÓN DE ROGOS NOS SEUS PUNTOS 3 E 4.




Tamèn temos que salientar a reparación do burato que existía na carretera dende Graíces cara a Peroxa Vella e que provocaba un serio risco para a circulación de vehículos e peóns.

A sitiuación demandada era a seguinte...



A PETICIÓN FOI FEITA EN XANEIRO DESTE ANO A TRAVÈS DA SEGUINTE PETICIÓN DE ROGOS DE MELLORA PRESENTADA PARA O CORRESPONDENTE PLENO NO PUNTO 1

 
A situación mellorada queda como amosan as seguintes imaxes...





Nesta mesma petición solicitáramos tamén a mellora desta mesma carretera a altura "das Zarras" polo seu evitente deterioro do firme. 

Seguiremos insistindo e solicitando esta necesaria actuación que presenta este lamentable estado....




 

Despois do apartado con actuacións positivas, toca agora novamente denunciar públicamente situacións "negativas" e solicitar o seu arranxo polo seu abandono e deterioro que presentan algúns servizos e infraestructuras do noso Concello e que trasladamos novamente os órganos municipais a petición de mellora nos correspondentes Rogos para o vindeiro Pleno Ordinario.

Comenzamos amosando a situación na que se atopa un cartel indicador no pobo da Peroxa,  a punto de ser "absorvido" pola vexetación das árbores próximas....




TAMÉN QUEREMOS PUBLICAR UN NOVO INCUMPLIMENTO DOS COMPROMISOS ADQUIRIDOS POLO SR. ALCALDE PÚBLICAMENTE DIANTE DA VECIÑANZA NO PLENO DO PASADO 30 DE MAIO DE 2013 ¡¡¡¡¡¡¡

Os nosos concelleiros socialistas neste citado pleno, no turno de preguntas, interesamonos pola situación na que poderían quedar as nosas carreteras polo paso do Rally de Ourense por as mesmas.

O Sr. Alcalde comprometíase a arranxar todas as anomalías que poidera ocasionar o transcurrir desa proba no pasado ano 2013.

As nosas demandas trasladaronse o pleno na pregunta número 4 do seguinte escrito presentado:




REPETIMOS QUE O SR. ALCALDE COMPROMETÍASE A ARRANXAR OS DESPERFECTOS QUE O TRANSCURRIR DO RALLY POIDERA OCASIONAR NAS XA DE POR SÍ DETERIORADAS E ABANDOADAS ESTRADAS.

DAQUELA AMOSAMOSLLE VARIAS IMAXES DE DETERIOROS QUE ESTA PROBA DEIXOU NO NOSO CONCELLO, SOLICITANDOLLE O CUMPRIMENTO DO SEU COMPROMISO....





A ÚNICA ACTUACIÓN DE MELLORA QUE SE FIXO FOI O ASFALTADO DA PISTA QUE SUBE DE OUTEIRO DE GRAÍCES, QUE O SR. ALCALDE TRATOU DE VENDER COMO MELLORA OCASIONADA POLO RALLY DE OURENSE.......PERO QUE COMO XA PUBLICAMOS NO SEU DÍA ESTA ACTUACIÓN ESTABA PREVISTA ENTRE OUTRAS XA DENDE FACÍA MOITOS MESES, ANTES INCLUSO DE COÑECER O PERCORRIDO DO RALLY.

OS DANOS QUE OCASIONOU ESTA PROBA NON SÓ NON FORON ARRANXADOS SENÓN QUE FORON EMPEORANDO E POÑEMOS COMO EXEMPLO A ESTRADA CARA GULFARIZ QUE PASA POLO POBO DE ANDELO, ONDE SE SOLICITOU EN REITERADAS OCASIÓNS A SÚA REPARACIÓN, PERO TANTO O SR. ALCALDE COMO O SR. CONCELLEIRO DESA PARROQUIA CHEGARON A MANIFESTAR QUE ESTABA "EN PERFECTO ESTADO".

AS IMAXES SEGUINTE SON DA SITUACIÓN ACTUAL, CHEA DE BACHES E MESMO TAMÉN DE ÁRBORES SOBRE A PROPIA VÍA QUE DIFICULTA O PASO DOS VEHÍCULOS DE MÁIS ALTURA.

POSIBLEMENTE, O NOVO PASO POR ESTA CARRETERA DA EDICIÓN DESTE ANO 2014 DO RALLY POR ESTA MESMA VÍA SEXA A ESTOCADA DEFINITIVAMENTE PARA DEIXALA INUTILIZADA SENÓN SE TOMAS MEDIDAS E ACTUACIÓNS URXENTES.....









OS VECIÑOS E VECIÑAS USUARIOS DESTA VÍA, COMO DE OUTRAS MOITAS EN ESTADOS SEMELLANTES NON MERECEN ESTE "CASTIGO" O QUE SE ESTÁ A COMETER DENDE OS RESPONSABLES MUNICIPAIS QUE PARECEN MIRAR CARA OUTRO LADO....


AGARDEMOS POLO TANTO, AS NECESARIAS ACTUACIÓNS SOBRE AS DEMANDAS AQUÍ EXPOSTAS PARA UNHA MELLORA DOS SERVIZOS E DAS INFRAESTRUCTURAS DESTE NOSO CONCELLO.


SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA ACADAR ESTAS MELLORAS SOLICITADAS E POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario