Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 10 de julio de 2014

Traballa no teu Concello....¡¡¡

Un título prometedor.....pero moi lonxe da realidade para a maior parte da veciñanza.

Esta é unha situación que levamos anos loitando contra as inxustizas e mesmo posibles ilegalidades que se cometen por parte dos nosos mandatarios municipais en materia de emprego.

Este artigo publicamolo a raíz dun interesante e sorprendente anuncio que nos atopamos no Consorcio dos Peares. 

Este é o citado anuncio...


Un anuncio publicado e publicitado polo veciño concello de Carballedo de Lugo e que ostenta a presidencia do Consorcio Local dos Peares.

Unha boa iniciativa para publicitar e ofrecer a todolos veciños e veciñas en situación desemprego a opción de poder acceder os postos de traballo que surxan no seu Concello.

No seu día, entre as moitas propostas que levamos presentado no noso Concello da Peroxa a través dos nosos Concelleiros Socialistas en materia de emprego, presentamos unha Moción que viña a solicitar o que os veciños de Carballedo sí fan, a creación dunha Bolsa de Emprego municipal, tanto para emprego público como de empresa privadas.

Esta foi a  nosa moción....




COMO PRÁCTICAMENTE TÓDALAS NOSAS INICIATIVAS FOI REXEITADA VOTANDO EN CONTRA DELA OS 8 CONCELLEIROS DO PARTIDO POPULAR CO SEU ALCALDE A FRONTE, SEGUNDO EL MESMO XUSTIFICOU NO PLENO......"porque o Concello non è unha oficina de colocación".

LAMENTABLES E TRISTES ARGUMENTOS UNHA VEZ MÁIS, CANDO TODO O MUNDO SABE QUE SÍ É UNHA OFICINA DE COLOCACIÓN, PERO ÉL PREFIRE QUE ESA COLOCACIÓN SEXA EXCLUSIVAMENTE FEITA POR ÉL, LIMITANDO ASÍ OS DEREITOS DE GRAN PARTE DOS PARADOS DO NOSO CONCELLO, CON PRÁCTICAS TOTALMENTE CACIQUIS E NA BÚSQUEDA ÚNICAMENTE DE RÈDITOS ELECTORAIS.

Sirva para exemplo, que nestas datas pasadas "adxudicaronse" e se todavía se están "ADXUDICANDO" no noso Concello varios postos de traballo convocados a través das propias oficinas municipais, entre outros:

----- 5 POSTOS PARA AS BRIGADAS DE INCENDIOS
----- POSTOS PARA LIMPIADORAS
-----5 POSTOS PARA OBRADOIRO DE EMPREGO
----- POSTOS PARA A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL
-----POSTOS DE PEÓNS DE SERVIZOS XERAIS
-----POSTOS DE PEONS DE ALBANEIS
-----POSTO DE ANIMADOR TURÍSTICO
-----POSTO DE SOCORRISTA PARA A PISCINA
-----ETC......


¿DE CANTOS DESTES POSTOS DE TRABALLO SE INFORMOU A POBOACIÓN DO NOSO CONCELLO?


OS QUE TEMOS QUE ENGADIR OS MOITOS QUE SURXEN NAS EMPRESAS RADICADAS NO PROPIO CONCELLO, ONDE DESTACAN AS RESIDENCIAS DE ANCIÁNS, DE ASPANAS.....


ESTA É A POLÍTICA DE PERSOAL QUE LEVAN ANOS E ANOS FACENDO NO NOSO CONCELLO, INCUMPRINDO OS PRINCIPIOS DE PUBLICIDADE, IGUALDADE, MÉRITO E CAPACIDADE ANO TRAS ANO....

REITERAMOS A NOSA PETICIÓN, COMO XA LEVAMOS FEITO DURANTE ESTES ANOS, E QUE TOMEN EXEMPLO DAS NOSAS PUBLICACIÓNS E USEN TANTO OS BANDOS,  A WEB DO CONCELLO COMO AS REDES SOCIAIS PARA NON SÒ ANUNCIAR FESTAS E OUTRAS ACTIVIDADES VARIAS, SENÓN PARA DAR A COÑECER A TODA A VECIÑANZA INTERESADA A OPCIÓN DE.....


TRABALLAR NO SEU PROPIO CONCELLO ¡¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario