Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 4 de julio de 2014

Resumo do Pleno no Concello da Peroxa do 23/06/2014

INTERESANTE E SORPRENDENTE EN MOITOS PUNTOS E ACORDOS ¡¡¡

Estes son os titulares cos que, segundo o noso punto de vista podemos calificar o acontecido neste Pleno Ordinario celebrado o pasado 23 de xuño, ainda que como xa moitos sabedes e tras reclamar e mesmo denunciar diante dos òrganos competentes o incumplimento na súa celebración nas datas previstas, éste é outro exemplo, xa que sería o pleno correspondente o mes de Maio ¡¡¡¡

O resumo deste Pleno segundo a  convocatoria e puntos da orde do día è o seguinte:

No punto 1, sobre a aprobación da Acta Anterior do pasado Pleno, unha vez máis os nosos concelleiros socialistas votaron en contra, xa que reclamamos que no punto 5, no debate que tratou e se debatiu sobre a posible ocultación de información, concretamente dos decretos da Alcaldía, non se reflectían as declaracións do Sr. Alcalde onde responsabilizaba da ausencia dos mesmos os funcionarios responsables desta función.

No punto 2, aprobouse por unanimidade a declaración de ordinario a celebración deste pleno.

No punto 3, deuse conta da liquidación do orzamento 2013, onde o Sr. Secretario indicou que os cartos dispoñibles nas contas do Concello superaban os 500.000€, segundo o Alcalde por unha boa xestión e aforro, e segundo a nosa opinión a raìz de non facer un só investimento nestes últimos anos con cartos municipais, aforros por certo, procedentes dos impostos que pagan os veciños e veciñas do Concello e que non se ven repercutidos na mellora nin se servizos nin de infraestructuras.

No punto 4, aprobouse por unanimidade unha modificación de créditos.

Aquí propuxose por parte da Alcaldía, destinar case a metade dos "aforros".....246.000€ a gastos e inversións diversas.....e decir, corroborando a nosa versión de que non se levaba feito ningunha obra de interés en todo o Concello nestes xa máis de 3 anos desta lexislatura....e agora consideramos que xa comenzan a súa particular PRE-CAMPAÑA ELECTORAL, xa que parte destes cartos (105.000€) que se deixaron de invertir nestes anos pasados van a parar a maior parte o arranxo e asfaltado das carreteras municipais, cuestións que levamos anos demandando e propoñendo a través de numerosas aportacións e peticións de mellora en tódolos pobos e parroquias do concello, e tamén nos debates de orzamentos de cada ano, onde as nosas demandas se centraban en incrementar as partidas para obras, que finalmente, e con fins claramente electorias, para poder dentro duns meses pasarse polos pobos a pedir o seu voto, facendo estas actuacións non para mellorar os servizos, senón claramente para seguir o fronte do Concello.

O Alcalde falou que existe unha memoria de actuacións sobre prácticamente todas as zonas de rúas e carreteras municipais que precisan actuacións  ¡¡¡ Preguntamos por algunha das peticións que levamos meses ou incluso anos demandando solucións de mellora (estrada da Abertesga e Vilar hacia Redondelle, tamén sobre a carretera dende o Conchouso por Alende e Casdeguístola, estrada cara Gulfariz por Andelo.....entre outras), e nos confirmou que se repararán.

Tamén è sorprendente que outros 45.000€ iran entre outros asuntos a construcción da cuberta das gradas do campo de fútbol, que como xa expuxemos no seu día, MISTERIOSAMENTE desapareceu da memoria e do proxecto inicial, que xa contemplaban e incluìan a súa construcción...


Neste punto, finalmente preguntamos por unha cantidade que se contempla de 40.000€ para o Edificio Multiusos da praza do Concello da Peroxa, posto que en plenos anteriores preguntado por este asunto manifestou que o Concello non lle costaría cartos das arcas municipais e agora aparece con esta cantidade, que indicou que todavía estaba pendente da aprobación dalgunha outra subvención, xa que logo de levar DESPILFARRADOS nesa obra incompleta preto de 500.000€, e con outras subvencións para o seu remate que superan claramente outros 500.000€, facendo desta obra o "GAIÁS DA PEROXA", dado que esta obra rematada VAI SUPERAR CLARAMENTE O MILLON DE EUROS ¡¡¡¡¡¡

Como xa indicamos o principio deste punto, o noso voto foi favorable. Asì o emitimos para ser coherentes coas nosas moitas demandas de mellora e como xa dixemos, logo de ter manifestado nestes 3 anos anteriores durante o debate e aprobación de orzamentos, que este concello precisaba unha cantidade importante para investimentos e obras para mellorar o abandono e deterioro total das nosas rúas e carreteras en tódolos puntos do noso Concello. Non compartimos por suposto algunhas das partidas aquí reflexadas polos motivos que xa expuxemos, pero nunca estaremos en contra de calquer obra ou inversión que no Concello se teñan previsto realizar. Eso sí, lamentamos que se vaian usar os cartos dos impostos da veciñanza para facer estas obras en època preelectoral, cando durante 3 anos non se executou prácticamente nada do orzamento municipal en obra ou reparación algunha.


QUEREMOS UN ALCALDE QUE TRABALLE E MIRE POLAS NECESIDADES DO CONCELLO ANO A ANO E NON SÓ EN ÉPOCA ELECTORAL ¡¡¡¡

No punto 5, aprobouse por unanimidade a subvenciòn procedente da Xunta de Galicia para os Servizos Sociais: axuda para persoas dependentes e axuda no fogar.

No punto 6, e sorprendentemente para nós, o Grupo de Goberno presentou unha moción para defender e loitar contra o Goberno de España diante da súa proposta de desaparición dos Partidos Xudiciais......È A PRIMEIRA MOCIÓN QUE PRESENTAN EN 3 ANOS.....E QUE POR FIN.....DEFENDE OS INTERESES DA VECIÑANZA DIANTE DOS INTERESES PARTIDISTAS OS QUE NORMALMENTE SE AXEONLLAN ¡¡¡

Non podemos poñer aquí a moción presentada, xa que non se nos facilitou, e na que o Sr. Alcalde na súa exposición indicou "que a presentaba en solidariedade coas comarcas que realmente lle afecta esta situación, xa que no Concello da Peroxa non afecta nada".......Aquí tivemos que matizarlle que sí afectaba pois suporía a desaparición do Xulgado de Paz.....o que voltou a manifestar que "o xulgado non ten sentido ningún, temos que intentar que non nos quiten o Rexistro Civil, que é o que realmente importa".

Por suposto que o noso voto foi favorable, e tamén aproveitamos para felicitar o grupo de goberno por esta iniciativa na defensa dos intereses da veciñanza, e demoslle a benvida o mundo das reivindicacións e a loita e o interes por defender os Servizos Pùblicos.

No punto 7, aprobouse por unanimidade o "Convenio de colaboracion entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación de Ourense e os Concellos da Peroxa e Coles, para o financiamento, execución e entrega para o seu mantemento e conservación do proxecto de acondicionamento e ampliación da senda peonil da marxe dereita do rio Miño entre o encoro de Velle e Os Peares".

Esta obra, incompleta en algún dos seus puntos terá un orzamento de 450.000€, dos cales a Confederación aportará 360.000 e a Deputación de Ourense 90.000. Os concellos de Coles e A Peroxa aportarán uns 30.000€ para a redacción do proxecto de navegabilidade do rio, o cal pretenden unirse tamén concellos como Nogueira, Pereiro e Ourense, e que terá relación co futuro Catamarán que navegará o Miño entre Velle e Os Peares (como dixo o Sr. Alcalde)......o que matizamos que será ata Reza, preto dos seus negocios e viñedos familiares ¡¡¡¡

No punto 8, novamente voltamos a debater sobre o percorrido da A-76.

O Sr. Alcalde aportou a este pleno unha petición da Plataforma Contra A-76 para a busqueda de alternativas a esta autovía para defender o impacto na Ribeira Sacra, así como o dano que faría a candidatura para Patrimonio da Humanidade.

A nosa postura inicial foi que nos non estamos en contra de nada, si ven è certo, que si existen outras alternativas menos dañinas contra o noso patrimonio e paisaxe pois deberán contemplalas (como podería ser unha alternaiva diferente por Monforte e Chantada).

Unha vez máis, o Sr. Alcalde este tema quédalle moi grande, xa que preguntado pola resposta de Fomento a nosa moción presentada sobre ampliación de periodo de alegacións e solicitude de enlace no noso Concello da Peroxa, indicou que a resposta de Fomento fora negativa.

Discrepamos novamente, xa que despois da loita e preocupación dos nosos Concelleiros Socialistas estas demandas chegaron a Comisión de Fomento do Congreso, onde se comprometeron a apertura dun novo plazo de alegacións para os veciños e veciñas, así como tamén para o propio Concello, onde lle propuxemos loitar xuntos para acadar un enlace na zona de Santa Ouxea que beneficiara a nosa poboación, o que o Alcalde logo de argumentar novamente temas económicos e de poboación, POÑÉNDOSE DE NOVO DE PARTE DO GOBERNO, ANTES QUE DO LADO DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, logramos que se volvera incidir na nosa demanda de enlace e que finalmente contamos co aprobamento do Grupo de Goberno, que tristemente parecen derrotados nesta loita que nos levamos meses nela, acadando respostas positivas as nosas demandas.

Para argumentar a nosa postura amosamos o Pleno un titular de prensa que indicaba o seguinte:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/04/29/fomento-da-cerrado-plazo-alegaciones-trazado-futura-autovia-a-76/0003_201404O29C9993.htm

As nosas demandas e peticións foron as seguintes:

http://www.laregion.es/articulo/provincia/psoe-critica-falta-transparencia-nuevo-trazado-a-76/20140403084747454223.html


A raíz desta loita e das nosas denuncias públicas e demandas.....a postura de Fomento cambiou radicalmente, reconsiderando a súa decisión inicial e permitindo un novo prazo de alegacións:

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/05/14_03.htm

TENDO EN CONTA ESTA POSTURA, LAMENTAMOS NOVAMENTE O PASOTISMO DO SR. ALCALDE E DOS SEUS CONCELLEIROS, ESPERANDO ACONTECEMENTOS ATRINCHERADOS DETRÁS DOS SEUS GOBERNANTES EN MADRID, MENTRAS OS NOSOS CONCELLEIROS, COA GRAN COLABORACIÓN DA DEPUTADA SOCIALISTA EN MADRID LAURA SEARA PELEÁBAMOS E LOITABAMOS POR DEFENDER OS INTERESES DOS NOSO VECIÑOS E VECIÑAS E TAMÉN DO CONCELLO DA PEROXA.

No punto 9, en escrito e comunicacións, o Sr. Alcalde propuxo delegar na Xunta de Goberno Local a aprobación do Convenio coa Deputaciòn Provincial para a actuación na reparación e mellora das carreteras municipais. Votamos en contra por sacar das competencias do Pleno esta situación e o posible debate de ideas e aportacións.

No punto 10, o Sr. Alcalde indica que estiveron a nosa disposición os Decretos da Alcaldía.

Neste punto preguntamos sobre alguns que nos resultaron, cando menos curiosos ou interesantes.
Vemos con ledicia como se materializa unha das nosas demandas, feita e reiterada en numerosas ocasións como era a organización dunha Carreira Popular ou Andaina, para fomentar o deporte e por en valor o noso patrimonio e paixase. Estamos según confirmou o Sr. Alcalde a espera dunha subvención para a realización dunha andaina no noso Concello neste mesmo ano 2014.

No punto 11, no apartado de Mocións, o noso Grupo Municipal tiña para presentar dúas.

Decimos tiña, porque unha delas foi retirada xa que na semana posterior a súa presentación houbo reunións e decisións que aclaraban a situación e o sentido da nosa moción, que amosamos a continuación:



As noticias relacionadas con esta delicada situación xurìdica que perxudicaría gravemente as nosas comisións de festas, entre outras eran as seguintes....



Sobre este delicado asunto, o Sr. Alcalde expuso a situación que se dará no noso Concello da Peroxa, onde se pedirán para o permiso de festas as comisións os seguinte documentos:

.... contratos laborais da orquestra
... boletin electrico xenerador
.... declaración ITV escenario
......E UNHA DECLARACIÓN XURADA DO TITULAR DA COMISIÓN DE FESTAS SOBRE OS SEGUROS DAS BARRACAS, COLCHONETAS, ETC.

ESTE ÙLTIMO PUNTO É MOI DELICADO, DADO A CONDICIÓN DOS FEIREANTES QUE VISITAN AS NOSAS PEQUENAS FESTAS POPULARES, FACENDO RESPONSABLE DE CALQUER INCIDENTE O RESPONSABLE DA COMISIÓN DE FESTAS ¡¡¡

Esta situación prodúcese por un "sin sentido" da Xunta a raìz da publicación dunha Lei incomprensible e que perxudica este sector gravemente.

Manifestamos o noso desconcerto e a nosa preocupación, xa que o señor Alcalde se ampara nunha circular emitida pola Xunta na que manifesta que ampara a celebración das festas, pero que nos lle expuxemos que NUNCA UNHA CIRCULAR PODE MODIFICAR O QUE DICTA UNHA LEI, polo que o único que nos queda e agardar que non exista ningunha incidencia nas nosas festas xa que a responsabilidade pasará a mans dos organizadores coa complicidade do propio Concello.

A outra moción que presentamos foi a seguinte:


Novamente, outra proposta levada a Pleno para loitar contra a grave despoboación que está a sufrir o noso Concello, que ameaza servizos básicos e importantes como a Gardería ou o propio Colexio.

Os argumentos expostos polo noso portavoz indicaban que nunca no concello se fixera nin levara a cabo ningún tipo de acción ou medida para fomentar non só a natalidade, senón tampouco para tentar conservar a poboación existente, que vemos como ano tras ano, marcha para outros concellos limítrofes na busca de mellores servizos ou para  a propia cidade de Ourense.
Os nosos pobos e parroquias desangranse día tras día e o Sr. Alcalde parece mirar para outro lado. Fixeronnse no noso Concello, concretamente no pobo da Peroxa 45 vivendas sociais, que un dos obxetivos fixados era aumentar poboación é o único que se conseguiu foi sacala dos pobos e traelas para o núcleo da Peroxa. Foi este Alcalde que leva máis de 33 anos o fronte do Concello o que puxo o número de habitantes por debaixo dos 2000 habitantes, con unha pérdida anual de máis de 100 veciños ou veciñas nos últimos anos, coa gravidade que iso significa tanto a nivel de ingresos doutras administracións como tamén, e unha vez máis tampouco estaba o corrente da situación (amosando un total desinterés polos asuntos do Concello), que para as vindeiras eleccións municipais o noso concello debido a pérdida de poboación pasará dos 11 concelleiros a 9, mermando claramente a representatividade e a labor de goberno.

A seguinte noticia confirma os presaxios....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/05/18/quince-concellos-corren-peligro-perder-ediles-fondos-2015/0003_201405O18C3991.htm


Os ùnicos e incomprensibles argumentos que o Alcalde manifestou para VOTAR EN CONTRA desta proposta "que a aprobaría si se lle puideran dar 6000€ a cada familia, pero que para darlle 300 ou 500€ non estaba de acordo e que eso non influiría en que naide se marchase ou se quedase no Concello. Non considera unha prioridade esta proposta".

Esta proposta que expuxemos, ou outras semellantes neste sentido e para loitar contra unha despoboación do rural que o SR. Alcalde non parece preocuparlle, foi aprobada en moitos dos Concellos da nosa provincia como podedes ver nas noticias seguintes e que lle presentamos no debate desta moción:

 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/12/22/ninos-siguen-viniendo-pan-debajo-brazo/0003_201312O22C11991.htm

http://www.laregion.es/articulo/provincia/pequenos-concellos-inventan-ayudas-evitar-desaparicion/20140423072738460019.html

http://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/castrelo-concedera-ayudas-bebes-pesar-crisis/20120729163458211558.html

Vendo estes tristes argumentos indicamos que unha vez máis non entendeu nada, nin do obxetivo de premiar os pais e nais que empadronan aquí os seus fillos, que usan a Gardería e que manteñen os seus fillos no Colexio Pùblico garantindo o seu futuro......prefire gastar os cartos en repartir calendarios ou en subvencionar asociacións que levan anos sen actividades no Concello.

ESTÁ CLARO QUE NON HAI MÀIS CEGO QUE O QUE NON QUERE VER ¡¡¡¡

No punto 10, de rogos e preguntas, comenzaremos por expoñer os Rogos de solicitudes de mellora que solicitamos o equipo de goberno do PP:




No Rogo 1: Manifesta o Sr. Alcalde "que esto solventase asfaltando a carretera de arriba abaixo, pero que agora mesmo non é prioritario. Cando haxe choivas que leven terra tentarese limpiar como se poida".
Indicamoslle que a solución pasaría dende o noso punto de vista, por facer unha cuneta en condicións e uns arranxos na pista de terra para que a auga non arrastrase a terra ata o asfalto da carretera o que se negou.

A situación que demandamos é para mellorar esta imaxe que se produce ano tras ano...


No Rogo 2: manifestou "que xa estaban feitas as xestións para o arranxo do contenedor"

A situación era a seguinte......(apoiado nunha pedra por faltarlle unha roda).


No Rogo 3: indicou o Alcalde "que xa quedara coa persoa afectada en ir a velo para tomar solucións".

Así está a situción.....


No Rogo 4: indica o Alcalde "que segundo o debatido no punto anterior onde se falou do plan de mellora de carreteras, esta estaba xa prevista dende facía tempo, incluída incluso en algún Plan anterior, e que xa fai tempo que debería estar arranxado"......o que lle indicamos que é unha lástima xa que ocasionou xa varios problemas materiais en algúns vehículos e que o responsable é o Concello.

As imaxes son máis que evidentes desta necesidade...





A IMAXE SEGUINTE È DA ROTURA NOS BAIXOS DUN VEHÍCULO DUNHA VECIÑA.


 No Rogo 5: O Alcalde manifesta "que eso non ten arranxo xa que o pulido ten que ser en "fresco", e que el leva visto moitos partidos e nunca obsevou que se lesionara ningúen".
Rebatimos esta última información cos datos da lesión recente dun xogador que rascou gravemente a rodilla, por ser unha parte rugosa que produce lesións graves. 
Contemplouse a opción de buscar unha solución con unha pintura plástica para facer máis lisa esa parte do piso que quedou pendente.

Esta é a imaxe da zona en cuestión...


 No Rogo 6: tamén se referiu o tratado no asunto do Plan que vai mellorar todas as carreteras municipais e nas que esta está incluída.

Polo tanto esta situación lamentable tardará poucos días en mellorarse....




No Rogo 7: tamén confirmou o Sr. Alcalde que arranxará os desperfectos ocasionados polo paso do Rally entre os que se recollen os da carretera cara Gulfariz por Andelo, unha petición feita en reiteradas ocasións polos membros da nosa Agrupación Municipal, e que sempre se negou que estivese en mal estado, mesmo polo concelleiro representante da zona e que os vehículos da súa empresa transitan a diario.....QUE HIPOCRESÍA ¡¡¡

Imaxes que confirman as nosas demandas....





 


Finalmente rematamos co punto de Preguntas, sobre cuestións que preocupan a veciñanza do Concello e trasladadas o Pleno polos nosos Concelleiros Socialistas:



En resposta a Pregunta 1, o Alcalde manifesta "que sí se fixeran as xestións, pero que haberá pouca devolución porque temos pouca enerxiía reactiva".

As noticias relacionadas con este asuntos son preocupantes....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/04/24/cobros-indebidos-luz-suman-medio/1010457.html

En resposta a Pregunta 2, contesta o Alcalde "que a idea è que comencen o 1 de xullo porque son xente do extranxeiro e non sabemos todavía cantas solicitudes hai, e farán labores de limpeza medioambiental e axuda a domicilio".

As noticias sobre este asunto na prensa local eran....

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1774/cinco-concellos-provincia-ourense-ofertaran-total- 105-prazas-campos-traballo

Consideramos esta unha boa iniciativa, pero moito nos tememos que tamén ten outro obxetivo....tal vez con estes voluntarios se vaian realizar traballos que ben poderían realizarse a través de contratacións de veciños ou veciñas do Concello, e retribuidos para estas labores, polo que nos venden estes campos de traballo como un gran logro, e veremos o final do verán si os contratos para sustituir nas vacacións o persoal das residencias e as brigadas de limpeza nos pobos se contratan igual que noutros anos.....o tempo dará e quitará razóns ¡¡¡

En resposta a Pregunta 3, contesta o Alcalde "que o noso Concello nos esperou a este Convenio e xa se foi facendo a limpeza con anterioridade e que se vai actuar en todas as carreteras tanto municipais como provinciais".

A noticia sobre esta situación é a seguinte:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/01/18/diputacion-reparte-360000-euros-concellos/950163.html

En resposta a Pregunta 4; manifesta o Alcalde "que como non pagaron antes da data límite do 20 de xuño, esta situación pasará o Xulgado, polo que a situación non ten data de arranxo, e polo que parece vai para tarde".

As imaxes destes desperfectos e situación de perigo para vehículos e peóns son as seguintes:


Na resposta a Pregunta 5; indica o Alcalde "que non ten previsto actuación algunha salvo si pasa por alí a brigada da Deputación e entre o vehículo marcha atrás lle dará un rego a un par de buratos que hai, pero que el non considera que a pista de acceso está deteriorada nin con baches".

Aquí hai que lembrarlle a fráxil memoria do Alcalde que xa no pleno do 29/01/2013 solicitamos o arranxo do muro e asfaltado do camiño, o que nos respondeu "que nos meteran un gol e que non había tales baches".

POIS BEN....PARECE QUE O GOL FOI DEL EN PROPIA PORTA, XA QUE NO MESMO ANO 2013, CONCRETAMENTE NO PLENO DO 1 DE AGOSTO RECOÑECÍA ESTA SITUACIÓN POR NOS DENUNCIADA E SE COMPROMETÍA A ARRANXAR A SITUACIÓN.

TEÑA VOSTEDE UN POUCO DE DIGNIDADE E NON NEGUE AS EVIDENCIAS NIN AS NECESIDADE DA VECIÑANZA, E DESPOIS DE FACER UN MURO RIDÍCULO EN CANTO A DIMENSIÓNS PARA AS NECESIDADES AQUÍ EXISTENTES, SEXA VOSTEDE CONSECUENTE COS SEUS COMPROMISOS E ASFALTE ESTA PISTA DE ACCESO QUE DA PENA VELA E A CIRCULACIÓN COS VEHÍCULOS FAISE IMPOSIBLE ¡¡¡¡¡

Estas son as imaxes que demostran que as nosas peticións son reais.....E NECESARIAS ¡¡¡








Finalmente como resposta a Pregunta 6, indica que "de momento non sairon esas subvencións pero que está pendente dunha cita co director do INEGA".


ESTO FOI O QUE DEU DE SÍ ESTE INTENSO E LONGO PLENO, ONDE SE TOMARON DECISIÓNS IMPORTANTES PARA O NOSO CONCELLO E QUE POÑEMOS UNHA VEZ MÁIS EN COÑECEMENTO DE TODA A VECIÑANZA XA QUE CONSIDERAMOS QUE A INFORMACIÓN DEBEN CHEGAR A MAIOR PARTE DA POBOACIÓN PARA QUE COÑEZA AS DECISIÓNS E O FUNCIONAMENTO DOS SEU CONCELLO.


ESTA É A INFORMACIÓN..........O ANALISE E AS REFLEXIÓNS SON PARA TÌ ¡¡¡¡

2 comentarios:

  1. Esta todo muy bonito muy rustico como cuando mi abuela tenia 30 años , no me estraña que tengan el dinero ahorrado dinero que lo pagamos todos , pero lo mas importante es que vamos a tener una margen del rio preciosa para pasear y despues tomar un vinto en la bodega, a los pueblos ya entraremos con escafrandas porque con las silvas que las cruzan de un lado a otro dificil lo veo .Ademas habra que poner unas mascarillas para pasar al lado de los contenedores pues el agua por dentro la vieron el año pasado en el verano, ya los limpiamos los vecinos , y ya cobran ellos. ES UNA PURA Y UNA AUTENTICA VERGUENZA COMO TIENEN TODO ABANDONADO Y DE LA MANO DE DIOS PERO ES IGUAL MIENTRAS LA MEDIA DE EDAD SEA LA QUE HAY HOY SEGUIREMOS TENIENDO A TODA ESA PANDA QUE NADA LE INTERESA MAS QUE SU PROPIO BENEFICIO . CADA DIA HAY MENOS GENTE EN LOS PUEBLOS Y NO ME ESTRAÑA PARA VIVIR EN LA EPOCA DE MI ABUELA (Y ESO CUANDO ERA JOVEN ) NOS QUEDAMOS EN LA CIUDAD Y VERANEAMOS EN LA PLAYA PAGAMOS LO MISMO Y ESTAMOS MAS COMODOS.

    ResponderEliminar
  2. A situación è a que é, pero non podemos excusarnos na media de idade nin na falta de poboación. O seu obxetivo é precisamente eso....que caiamos na resignación e non reclame os nosos servizos ninguén. Polo tanto, todos temos a labor de loitar e expoñer a toda a veciñanza cal é a realidade sen poñer vendas nos ollos a ninguén. Explicar como é posible que non teñamos saneamento en gran parte dos pobos do concello, que non teñamos accesos dignos nos nosos pobos e nos que en gran parte non entra nin un vehículo de emerxencias.....pero pola contra vamos ter un precioso catamarán que segundo palabras do Alcalde....vai ser a envexa de todos¡¡¡¡ Eso é labor de todos os que creemos que se poden facer as cousas doutro xeito, e merecemos algo mellor¡¡¡¡......e con màis ou con menos idade a xente entende estas situacións, o problema e que hai que expoñerllo....cuestión que por outra parte nunca se fixo. Gracias pola túa aportación.

    ResponderEliminar