ATA CANDO??
Preguntas de respostas sinxelas pero que en situacións incomprensibles parecen un mundo.
No noso Concello da Peroxa estanse a levar a cabo varios procesos de selección de persoal para diferentes postos de traballo....
......brigadas de incendios....
......socorrista das piscinas....
.......obradoiro de emprego.....
etc.....etc.
Vemos como ano tras ano a situación non cambia, e a publicidade destes postos non chega a toda a poboación que poidese estar interesada en participar en IGUALDADE DE CONDICIÓNS ¡¡
Non seguimos exemplos de concellos limítrofes onde a publicidade e a información a toda a poboación é máis que evidente......vexamos o exemplo seguinte:
Os requisitos e as condicións para os cinco postos que se seleccionarán no Concello da Peroxa serán similares.
A situación de desamparo as peticións veciñais son constantes e as negativas as melloras propostas son habituais.
Un exemplo.......
No pobo da Peroxa fai xa máis de dez anos se solicitou por parte dos veciños e veciñas unha varanda de protección para un perigoso desnivel existente nunha das rúas do pobo...
Logo dunha eterna espera.......sin resultado as súas peticións decidiron tomar iniciativa e colocala a título individual.....
Exemplos de situación semellantes...
Tamén se dan estas situacións na acera que vai dende o Polideportivo ata o Bar Dorado, ou tamén a acera que vai pola marxe dereita da rua das casas entre a rotonda de carón a Casa do Concello ata a Igrexa, etc, etc.....
Temos feito dende a nosa Agrupación Municipal infinidade de peticións de melloras sobre estradas e rúas nos pobos, e tendo en conta que o Sr. Alcalde decidiu non facer pràcticamente ningunha actuación nestes xa máis de 3 anos de lexislatura, agora que se acerca unha nova cita electoral a nivel municipal, "ACORDALLE " adicar máis de 158.000€ en diversas obras de mellora e reparación das nosas estradas e rúas, completamente en estado ruinoso e de total abandono, tratando de contentar a veciñanza para solicitarlles novamente o seu voto.
Exemplos de situacións en cada pobo e en cada rúa como ocorre con esta de Corbelle, onde as imaxes amosan o seu estado actual....
Este è o exemplo de outra petición máis que demandamos.....no pobo de Turzabella, atopamos esta situción....
SEGUIMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN E PETICIÓNS DE MELLORA PARA A VECIÑANZA DOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS.....
A TÚA LABOR.....ANALIZAR, REFLEXIONAR.....E NO SEU MOMENTO DECIDIR QUE CONCELLO QUERES ¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario