DÙAS SIMPLES PALABRAS.......PERO CON UN GRAN SIGNIFICADO E CON UNHA TREMENDA LEDICIA POR PODER PARTICIPAR E DECIDIR.
Os Socialistas da Peroxa, o igual que o resto do país, temos a responsabilidade, a sorte, e a liberdade de elexir os nosos representantes en votacións abertas e libres para decidir quen será o próximo Secretario Xeral do PSOE.
Como ben sabedes este vindeiro domingo 13 de xulo, celébranse as primarias para a citada elección.
A Agrupación Municipal Socialista da Peroxa a través dos seus afiliados votaremos, polo tanto este domingo en horario de 12:00 a 13:00.
Antes desta votación, tamén teremos unha Asamblea Extraordinaria onde se escolleran os delegados da nosa Agrupación que participarán no Congreso Provincial do vindeiro sábado 19 de xullo, como paso previo o Congreso Federal dos días 26 e 27 de xullo en Madrid.
Esta Asamblea terá unha primeira convocatoria as 11:15 e unha segunda as 11:45.
Polo tanto, todos os afiliados quedades citados para estes dous eventos de vital importancia e de decisión de futuro, onde os nosos votos e a nosas decisións contan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario