Estamos impacientes e a espera do comenzo das urxentes e necesarias actuacións de mellora das nosas estradas, pertencentes as axudas procedentes dos Plans Provincias de 2013, que contemplan varias actuacións en diferentes puntos do concello.
A publicacion destas actuacións fíxose no Boletín Oficial da Provincia do pasado 9 de maio de 2013.
As actuacións correspondentes o noso Concello da Peroxa aparecen na paxina 9 do seguinte enlace:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20130509
Nesta mesma publicación tamén se contempla a mellora pendente da carretera de Barra de Miño, dende o cruce de Lamagrande, xa adxudicada e pendente de facer as obras.
Posteriormente, sobre esta obra adxudicouse na Deputación no seguinte documento:
As obras adxudicadas o noso Concello da Peroxa incluénse baixo a denominación xenérica de "Pavimentación da rede viaria municipal".
Ante esta publicación, e preocupándonos polas actuacións que se solicitaran, para coñecer con concreción cales se realizarían preguntamos o Sr. Alcalde no Pleno Ordinario de Maio de 2013 a través da pregunta 3 como se amosa no documento seguinte:
COMA SEMPRE, FIEL A SÚA FALTA DE CONCRECIÓN NAS RESPOSTAS, UNHA VEZ MÁIS NOS RESPOSTABA ESCUETAMENTE QUE "estase redactando o proxecto e unha vez feito se nos informará".
POR SUPOSTO QUE ESA INFORMACIÓN NUNCA FOI PROPORCIONADA, FACENDO GALA DA SÚA HABITUAL FALTA DE TRANSPARENCIA E FALTA DE INFORMACIÓN.
POR ESTE MOTIVO, SOLICITAMOS POR ESCRITO NO MES DE FEBREIRO DE 2014 O ACCESO A ESE EXPEDIENTE PARA TER INFORMACIÓN SOBRE ESTAS OBRAS PREVISTAS NO NOSO CONCELLO.
Fixemos a petición no seguinte escrito, entre outras varias, no apartado cuarto....
ESTA È A NOSA SITUACIÓN HABITUAL DE ACCESO A INFORMACIÓN QUE SE PRODUCE NA ACTIVIDADE MUNICIPAL, SEMPRE SOLICITANDO POR ESCRITO O ACCESO OS EXPEDIENTES PARA COÑECER AS ACTUACIÓNS QUE O NOSO CONCELLO REALIZA.
Unha vez analizado o citado expediente, coñecemos.....por fin ¡¡¡¡ cales serán as obras previstas para a mellora das nosas estradas municipais, atopándonos coa grata sorpresa que MOITAS DELAS SON PETICIÓNS DE MELLORA FEITAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS A TRAVÉS DOS CORRESPONDENTES ROGOS NOS PLENOS O EQUIPO DE GOBERNO.
A continuación informamos das obras previstas en cada pobo....
1) MELLORA DO ACCESO O POBO DO MATO (GRAÍCES):
Lembramos no seguinte documento a nosa petición sobre esta actuación no pasado Pleno do mes de Setembro de 2013 no punto 4:
2) MELLORA ACCESOS EN BOUZALONGA
3) MELLORAS EN ACCESO A RABACIDO
Esta actuación foi solicitada polos concelleiros socialistas no pasado Pleno de Marzo do 2013, a través da petición de Rogos de mellora nos puntos 4 e 5 do mesmo, que amosamos a continuación....
4) MELLORA CARRETERA VERDELLE - GULFAR
Novamente, indicamos e amosamos a petición feita polos nosos concelleiros no pasado Pleno de Novembro de 2013 onde facíamos esta petición no punto 2 dos Rogos seguintes:
5) MELLORA ACCESO OUTEIRIÑO DE ARRIBA
6) MELLORA ACCESO OUTEIRIÑO DE ABAIXO
AGARDEMOS QUE AS ACTUACIÓNS NESTA ESTRADA SEXAN COMPLETAS E SE CONSIDERE O TEMA DO ENTUBAMENTO DO REGO DA AUGA A BEIRA DO CAMIÑO.
TAMÉN INDICAR QUE ESTA ACTUACIÓN DEBERÁ SER COMPLETA TENDO EN CONTA A PRESENCIA DE NOVOS VECIÑOS NESTA PARTE DO POBO E O ACCESO A SÚA VIVENDA SE ATOPA NO ESTADO QUE AMOSA A IMAXE SEGUINTE, FACENDO POLO TANTO NECESARIA UNHA ACTUACIÓN COMPLETA, ASÍ COMO ATENDER A SÚA DEMANDA DE COLOCACIÓN DUNHA VARANDA METÁLICA PARA DAR SEGURIDADE O DESNIVEL EXISTENTE E A ESTREITEZ DA ESTRADA, PARA EVITAR INCIDENTES CON CALQUER VEHÍCULO OU PEÓN.
7) MELLORA ACCESO O CONCHOUSO
ESTA É UNHA MOI NECESARIA ACTUACIÓN E DEMANDADA EN MOITAS OCASIÓNS POLA VECIÑANZA, ASÌ COMO TAMÉN POLOS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL EN VARIOS DOS PLENOS CELEBRADOS SOLICITANDO TAMÉN UNHA POSIBLE AMPLIACIÓN DO PERCORRIDO EN ALGÚN PUNTO PARA FACILITAR O CRUZAMENTO DE DOUS VEHÍCULOS, SITUACIÓN QUE HOXE EN DÍA SE FAI IMPOSIBLE.
8) MELLORA ACCESO SOUTO - CINCONOGUEIRAS
ESTA ACTUACIÓN XA QUEDOU "A MEDIAS" NUNHA RECENTE MELLORA QUE SE EXECUTOU A PARTE DO PERCORRIDO DENDE O POBO DO SOUTO.
FOI OUTRA DAS DEMANDAS QUE LEVAMOS O PLENO DO PASADO MES DE MARZO DE 2013, SOLICITANTO A MELLORA DESTE TREITO A TRAVÉS DO ROGO NUMERO 1, SEGUNDO SE AMOSA NO DOCUMENTO SEGUINTE:
NON QUEDA LOGO OTRA COUSA, QUE AGARDAR POR ESTAS NECESARIAS E DEMANDADAS ACTUACIÓNS PARA UN MELLOR SERVIZO A VECIÑANZA.
AMOSAMOS TAMÉN A NOSA LEDICIA POLAS ACTUACIÓNS QUE SE VAN A REALIZAR, E COMO XA INDICAMOS, MÁIS LEDICIA TODAVÍA POLAS NOSAS DEMANDAS QUE FORON ATENDIDAS, MANIFESTANDO E POÑENDO DE NOVO DE MANIFESTO A NOSA LABOR EXERCIDA NO CONCELLO A TRAVÉS DAS PROPOSTAS LEVADAS OS ÓRGANOS DE GOBERNO.
ESPERAMOS E DESEXAMOS PRONTO PODER AMOSAR AS IMAXES DAS MELLORAS REALIZADAS.
SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO, E TRABALLANDO POLA MELLORA DO MESMO, COMO QUEDOU DE MANIFESTO NESTE ARTIGO ONDE DAS 8 ACTUACIÓNS PREVISTAS......5 FORON SOLICITADAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS NO CONCELLO ¡¡¡¡
SENTINDONOS ÚTILES A VECIÑANZA, E ORGULLOSOS DE REALIZAR AS LABORES QUE A VECIÑANZA NOS ENCOMENDOU DENDE A OPOSICIÓN ¡¡¡