Este pasado sábado 2 de febreiro pola tarde os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista realizaron a súa visita periódica, dentro do seu proxecto "Sàbados coa veciñanza" a algúns pobos da parroquia de Vilarrubin.
Quixemos que foran máis os pobos visitados, pero as necesidades existentes e as escoitas os veciños e veciñas fixeron que o tempo e a tarde se pasase con rapidez, polo que emprazamos ao resto dos pobos que conforman esta extensa parroquia a un vindeiro sábado que comunicaremos con suficiente antelación.
Comenzamos visitando
Corneda, onde os veciños nos trasladaron algunhas situacións que precisan do seu arranxo e mellora.
Solicitaron a posible reparación do alumeado do poste público a entrada do pobo, no cruce da carretera que continùa cara sestelo, a carón do lavadorio e fonte, que fai xa tempo que non encende.
Neste mesmo lugar poidemos considerar o estado lamentable e de dificil acceso no que se atopan a fonte e lavadoiro....
Fronte a este lavadoiro atópase un espazo pùblico que no seu día xa foi ofrecido e solicitado o concello o seu arranxo para disfrute dos veciños mediante a instalaciòn dunhas àrbores e bancos, que nunca foi atendida.
A maiores destas demandas, os veciños tamén nos indicaron que nestes días de moitas choivas e ante a ausencia de cunetas a auga baixa pola carretera dificultando o acceso a vivendas e outros inmobles. Esto tería solución realizando na carretera de acceso o pobo que ven dende a zona de Mirallos un rebaixe nas beiras ou mesmo con rexistros de recollida de augas pluviais a entrada do pobo.
Informamos que neste como en outros moitos pobos non hai alcantarillado.
Continuamos a nosa visita a
Sestelo, onde observamos o deterioro evidente na carretera de acceso o centro do pobo, con grandes dificultades para a circulación de vehículos e mesmo dos veciños que esvarah na grava e pedras soltas.
A nosa visita continuou os pobos de
Vilarrubin e a
Touza.
Neste ùltimo no seu acceso atopamos unha reixa que debería facer a función de recollida de augas pero está inutilizada por completo dende fai moitos anos, según aseguran os veciños e veciñas do lugar.
No centro do pobo da Touza todavía existen camiños de acceso a vivendas (con xente censada e residente en èpocas do ano) que non teñen nin asfalto nin cemento.
Pola contra, neste mesmo punto sí se manteñen 2 puntos de luz que únicamente benefician a citada vivenda e na que residen, como xa indicamos só en algúns días puntuais do ano. Si se aplicase o "criterio" de apagado que impuxo o Sr. Alcalde non deberían estar encendidas as dúas permanentemente, xa que notros pobos situacións similares xa as ten apagadas.
Comprobamos como aquí tamén os propios veciños e veciñas teñen que tomar as súas propias solucións para a recollida de augas pluviais que arrasan parte dos terreos con colleitas, colocando prendas de roupa e outros aperos para guiar as augas a lugares que non sexan perxudiciais.
Nesta mesma imaxe tamén se observa un perigoso desnivel do paso de acceso as vivendas que ben se podería garantir a seguridade cunhas vallas de protección.
No pobo de Outeiriño a maior demanda prodúcese solicitando o alcantarillado os 3 veciños que faltan, xa que aquí tan só unha privilexiada vivenda dispòn deste servizo.
En Rabacido tamén atopamos algunhas graves deficiencias que nos trasladaron e que amosamos a continuación.
O acceso o centro do pobo na baixada dende a carretera preto do pobo de Outeiriño, a pesar de ser de recente construcción amosa un estado no seu piso lamentable dificultando sobre todo a saída dos vehículos.
Neste mesmo punto poidemos observar o estado lamentable no que quedou o arranxo recente dun camiño público (cedido parte polos veciños para a súa mellora e ensanche), que acceso a unha nova vivenda, así como a fincas e mesmo o punto de localización da fosa séptica.
A dificultade de acceso e sobre todo de saída dos veciños da vivenda de nova construcción cos seus vehículos è realmente alta e mesmo perigosa, polo que solicitamos a sùa mellora.
Tamén se solicita que se atendan as demandas que xa se levan trasladado verbalmente e mesmo por escrito o Concello, e concretamente o Sr. Alcalde para subsanar aquí tamén o problema que se plantexa cando chove con intensidade, xa que o camiño non conta con cunetas e esto fai que a auga mesmo acceda as propias vivendas. No seu día obtiveron o compromiso do Alcalde para arranxar esta anomalía, pero seguen agardando moitos anos despois.....
Necesitase neste punto un rebaixe ou mesmo unha canle con reixa que solucione e canalize as aguas cara as fincas.
Neste pobo tamén, como en outros moitos, observamos o estado de abandono do lugar de ubicación dos contadores da auga....
A recollida das augas que arrastran desperdicios cara os pobos e cara as carreteras è un problema xeralizado en moitos puntos....
Para ir rematando neste pobo, chamounos a atención a presencia (outra vez, xa que por un tempo "desapareceran") as mangueiras que aportou o concello para realizar as obras de canalización para regadíos que teñen que realizar os veciños e veciñas de cada pobo.
Ata aquí o resumo desta visita aos pobos citados.
Damos xa de inmediato traslado destas demandas e necesidades os òrganos competentes no concello, a través das nosas canles habituais.....rogos, preguntas, mocións, etc.
Agardemos repostas positivas e sobre todo solucións.
SEGUIREMOS INFORMANDO.....¡¡¡¡
e lembra.......
TRABALLAMOS POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡