Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 30 de noviembre de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 1 e 2 de decembro de 2012

A actividade desta fin de semana céntrase nos encontros dos nosos equipos nas súas respectivas competicións, que son os seguintes:


COVADONGA - A PEROXA C.F: Domingo 2 as 16:30 en Eiroás.

ATL. PEROXA - OS CHAOS: Domingo 2 as 16:00 no campo do Marco.

PONTEDEVA AT. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 2 as 16:00 en Pontedeva.

C.F. MONFORTE - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 1 as 12:00 no campo L Bodegas (Monforte).

A PEROXA C.F. ALEVIN - S.D. ARRABALDO.: Sábado 1 as 11:30 no Marco.

  PABELLÓN C.F - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 1 as 10:30 no campo dos Remedios.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - BAR TERRAZA: Sàbado 1 as 16:00 no campo do Marco.

 BAR O RETIRO FS - OS PEARES FS: Sàbado 1 as 20:00 no pabellón de Outomuro.

AMOEIRO FS - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 1 as 18:30 no pabellòn de Amoeiro.



Anima os nosos equipos ¡¡¡





Pequenas solucions

Dende o apartado deste blog de imaxes indesexables tentamos "denunciar" gráficamente con imaxes situacións mellorables no entorno do noso concello.

En varias das situacións expostas aquí tomaronse medidas e soluciòns, nuns casos máis axeitadas que noutros.

Asì como, cando publicamos as imaxes buscando solucións, tamén publicamos as "medidas"  tomadas para solucionalo. Polo tanto nas seguintes imaxes amosamos a situación "denunciada" e a posterior solución.


Neste caso, no seu día amosamos a situación deplorable no entorno do local social de Corbelle e do Polideportivo, e agora as melloras realizadas, dando outra mellor imaxe.

ANTES:


AGORA:



miércoles, 28 de noviembre de 2012

Pleno no Concello da Peroxa

Hoxe xoves 29 de novembro as 20:30 celebrarase no salón de plenos do concello o pleno ordinario correspondente a este mes de novembro con temas moi interesantes para os veciños e veciñas da Peroxa, como poden ser modificacións de Tasas, mocións da nosa Agrupación e preguntas sobre temas que preocupan a veciñanza.

AGARDAMOSTE ¡¡¡


viernes, 23 de noviembre de 2012

Actividade no concello na fin de semana do 24 e 25 de novembro de 2012

A actividade deportiva no concello nesta fin de semana céntrase nos encontros dos equipos representativos nas súas respectivas competicións, pero ademáis hai unha novidade interesante para os amantes da natureza e das bicis de montaña, coa celebración dun curso de pilotaxe que se vai desenrola entre o sàbado e o domingo.

Toda a información necesaria no seguinte enlace:

http://bttaperoxa.singletrackgalicia.com/curso-enduro

Polo que respecta os encontros nos diferentes deportes son os que siguen:

A PEROXA C.F. - A MANCHICA: Domingo 25 as 16:15 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - RAZAMONDE: Sàbado 24 as 18:00 no campo do Marco.

PARADA DE SIL - ATL. PEROXA: Sàbado 24 as 16:15 en Parada de Sil.

RIBEIRO F.C. "B" - A PEROXA C.F ALEVIN: Domingo 25 as 10:00 en Ribadavia.

A PEROXA C.F ALEVIN - NOGUEIRA: Martes 27 as 19:00 no campo do Marco.


A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.F MONFORTE: Sàbado 27 as 11:30 no campo do Marco.

FRANCELOS - GADAFFI PEROXA VETERANS: Sàbado 24 as 16:00 en Ribadavia.

OS PEARES F.S. - MUEBLES ANDRADE: Sàbado 24 as 20:00 no pabellón dos Peares.

A PEROXA F.S MASCULINO - OURENSE F.S: Sàbado 24 as 17:00 no polideportiva da Peroxa.

A PEROXA F.S. FEMININO - C.D. MACEDA: Sàbado 24 as 20:00 no polideportiva da Peroxa.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡




jueves, 22 de noviembre de 2012

ULTIMA HORA ¡¡¡¡¡

Noticia de alcance......

Temos un colaborador das famosas e interminables obras da "carretera nova" cara a Peroxa que logo de moitos anos de espera e canso dos enganos e das falsas expectativas sempre creadas......

ACABA DE RENDIRSE ANTE ESTA INXUSTIZA ¡¡¡¡


 O cartel anunciador das obras caeu víctima da desesperación. Lembramos que anunciaba o final desta obra para Maio do 2012.....¡¡¡ e creemos que tampouco será para o maio do 2013 ¡¡¡¡


Diante das falsas expectativas creadas outra vez polos mandatarios populares do concello da Peroxa na pasada campaña electoral das autonómicas onde mandaron meter as máquinas UNHA VEZ MAÍS ¡¡¡¡ para un novo engano os veciños,esta è a realidade das obras actualmente:

PARADAS ¡¡¡


Con expropiacións sen facer, por moito que o Sr. Alcalde da Peroxa nos queira vender o contrario. As imaxes falan por sí soas ¡¡


DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA CREEMOS QUE VAI SENDO HORA XA DE QUE OS RESPONSABLES DESTA PARALIZACIÓN INDEFINIDA DEN A CARA DIANTE DOS VECIÑOS E VECIÑAS E SE EXPOÑAN E INFORMEN DA REALIDADE, SEN MÁIS ENGANOS.......QUE XA VAN CASE 20 ANOS ¡¡¡

AGORA DE QUEN È A CULPA DESTA PARALIZACIÓN...........NON SERÁ DE ZAPATERO ¿?

NON MÁIS ENGANOS¡¡

 TOMEN AS MEDIDAS DIANTE DOS ORGANOS PERTINENTES (DEPUTACIÓN E XUNTA) E EXIXAN NA DEFENSA DOS INTERESES DO SEU CONCELLO A FINALIZACIÓN DESTA INFRAESTRUCTURA E DEIXENSE DE DEMAGOXIAS, MENTIRAS E DESCULPAS ¡¡¡

AUSTERIDADE ¿?

A tan famosa palabra "inventada" polos gobernantes do PP pòdese usar na noticia que tratamos neste artigo.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense do mèrcores 21 de novembro na súa páxina 14 publicouse o Orzamento 2012 para a Mancomunidade de Municipios Ribeira Sacra, da que como ben sabedes o noso Concello de A Peroxa forma parte.

Pois ben, os datos son IMPACTANTES ¡¡¡¡ 

Conta cun orzamento total de 47.100 euros, dos cales gastanse 39.000 en persoal e 8.100 en gastos de mantemento e servizos.

GASTOS PARA INVERSIÓNS REAIS..........0 €

Este è outro exemplo de "organismo" de amigos do PP para colocar os seus amigos e gastar os cartos dos impostos dos veciños e das veciñas.

LAMENTABLE ¡¡¡¡¡

Na seguinte imaxe a información exposta:


miércoles, 21 de noviembre de 2012

21/11/2012.....DÌA HISTÓRICO ¡¡¡

O calificativo resume este artigo....dìa para recordar NEGATIVAMENTE, porque parece que dúas administracións gobernadas polos saqueadores do PP como son a Xunta de Galicia e o Goberno de España, publican hoxe nos seus respectivos Boletíns unhas malas noticias para os cidadans.

A Xunta publica os PREZOS DOS SERVIZOS SANITARIOS en Galicia, nunha primeira fase agochase tras unhas medidas para evitar o fraude sanitario, posteriormente o aplicará a rentas altas, para finalmente PASAR POR CAIXA TODOS ¡¡¡  Vergoñento e lamentable......

A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE GALEGA COMENZA POR ESTE DECRETO¡¡

Toda a información no enlace seguinte publicado do DOG de hoxe mércores 21/11/2012:


Tamén engade outro decreto para obtención de datos:


Tamén no BOE de hoxe se publican as TAXAS XUDICIAIS en España, outra medida que remata coas opcións e dereitos dos cidadáns a unha defensa xusta, digna e gratuíta.

A XUSTIZA E OS DEREITOS DOS ESPAÑOIS COMENZAN HOXE A DESAPARECER ¡¡


Información no enlace seguinte:




ESTAS SON AS MEDIDAS QUE O PP DE RAJOY E FEIJÓO "NON QUERÍAN" TOMAR ¡¡


FIN DA XUSTIZA GRATUITA, DA SANIDADE PÚBLICA, DA EDUCACIÓN PÚBLICA, DA DEPENDENCIA, DAS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO, DOS SERVIZOS SOCIAIS......

ESTO È O GOBERNO DO PP.......ESE QUE IBA ARRANXAR OS PROBLEMAS DE ESPAÑA

MENTIROSOS E MANIPULADORES ¡¡
 
  


lunes, 19 de noviembre de 2012

Xa estamos de volta...¡¡

Unha vez rematado o pasado proceso electoral, retomamos a nosa habitual actividade cunha nova ediciòn dos sábados coa veciñanza, esta vez na parroquia de Gueral, onde visitaremos tódolos seus pobos.

Serà este vindeiro sábado 24 de novembro pola tarde:



ESTAMOS A TÚA DISPOSICIÓN ¡¡


viernes, 16 de noviembre de 2012

Actividade deportiva no concello na fin de semana do 17 e 18 de novembro de 2012.

Neste fin de semana deportivo, onde se celebra unha das probas máis destacadas da provincia, como è a San Martiño onde moitos veciños e veciñas do noso concello van a participar, os cales dende aquí animamos para unha boa proba e que desfruten dela, propoñemos tamén os encontros que disputarán os equipos representativos do concellos nas súas respectivas competicións:


RAMIRAS - A PEROXA C.F: Domingo 18 as 16:15 en Ramirás.

ATL. PEROXA - C.D. CENLLE: Domingo 18 as 16:15 no campo do Marco.

RIBADAVIA AT. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 18 as 16:15 en Ribadavia.

A PEROXA C.F. XUVENIL - E.M.F. ARENTEIRO "B": Sàbado 17 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVIN - RIBADAVIA AT.: Sábado 17 a hora pendente de confirmar no Marco.

S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 18 as 10:45 en Santa Cruz.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CUNHA: Sàbado 17 as 18:00 no campo do Marco.

A CORNA / IRIXO - OS PEARES FS: Sàbado 17 as 18:30 no pabellón de Cea.

NOGUEIRA DE RAMUIN FS - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 17 as 19:00 en Nogueira.


Anima os nosos equipos ¡¡


DOCUMENTO DE INTERÉS

Sempre se falou da existencia dos "argumentarios" que cada partido político remitía a diario os "seus" para as declaracións que se debían facer sobre os temas de actualidade.

Case sempre negaron a súa existencia.

Pois ben, existir existen e neste caso mostramos o que o Partido Popular facilitou para o día da Folga Xeral, con argumentos fora de lugar e sempre culpando a outros da súa incompetencia, falseando datos para emitir algúns que nin eles mesmos se creen como os que fan referencia a reforma laboral.

Mediante este "panfleto" todos os membros do PP predican coma loros un discurso imposto sobre un tema concreto, ainda que en moitos casos non sepan nin coñezan do que falan.

Non deixan así unha libre expresión ou opiniòn os seus membros....non vaia ser que "metan a zoca" ¡¡


Ningún membro da nosa Agrupación Socialista neste Concello recibiu nin recibe habitualmente estes argumentarios para PREDICAR sobre un determinado tema, ainda que sexa como do caso do PP, onde en moitos casos vai en contra da opinión que cada un particularmente poida ter sobre un determinado asunto.

Nos consideràmonos libres de opinar o que nos apeteza en cada lugar e en cada momento, eso sí, sempre dentro do respeto e da coherencia coas ideas que representamos e defendemos, e sentímonos orgullosos de que así sexa.

LEMBRADE........NON TODOS SOMOS IGUAIS ¡¡

CONVOCATORIA INTERESANTE

Dentro do programa de cualificacións profesionais que se está levando a cabo para a obtención de titulacións a travès da experiencia laboral en distintos ámbitos vense de convocar no DOG de hoxe venres 16 de novembro unha importante para Actividades de información xuvenil, socorristas, coidadores, atencion a dependentes.....etc.

Pode ser do teu interès se te atopas dentros destes colectivos.

Màis información e a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121116/AnuncioCA05-121112-0005_gl.pdf


Non dubides en porte contacto connosco se precisas máis información ou axudas para a tramitación desta importante convocatoria.


martes, 13 de noviembre de 2012

NOS TAMÉN ¡¡

Como non podía ser doutro xeito, mañà mércores 14 de novembro......

ESTAREMOS DE FOLGA ¡¡¡

LOITAMOS POLOS DEREITOS ¡¡¡


O NOVO CANON DA AUGA

Fai xa moitos meses que se anunciara a publicación das novas tasas que a Xunta de Galicia quería grabar o Canon da Auga, unhas medidas que tentou agochar decindo que ía favorecer a maioría dos fogares galegos. O mesmo canon que fará que se pague pola auga dos puzos particulares existentes en moitos pobos.

Un Canon da Auga que como veredes na seguinte imaxe, onde se comparan dúas facturas do mesmo domicilio, tivo un incremento desproporcionado onde se triplicou a súa tasa.

Este é o exemplo dunha Xunta de Galicia, co seu presidente Feijoo o fronte que manifestou e se comprometeu a non subir impostos os galegos, ou incluso moitos deles baixalos......pois a realidade è esta:


PASAMOS DE PAGAR 1 EURO A AGORA .....3,28 ¡¡¡¡


VERGOÑENTO E HUMILLANTE.


jueves, 8 de noviembre de 2012

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 10 e 11 de novembro de 2012

Os eventos deportivos no noso concello para esta vindeira fin de semana cèntranse nos encontros que disputarán os nosos equipos representativos nas súas respectivas competicións, e que son os que siguen:

A PEROXA C.F. - C.D. RÚA: Domingo 11 as 16:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. "B" - SALAMONDE C.F: Sàbado 10 as 18:00 no campo do Marco.

CRESPOS C.F - ATL. A PEROXA: Domingo 11 as 16:15 no campo de Padrenda.

C.D. RÚA - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 10 as 16:00 no campo da Rúa.

C.P CALASANCIO "C" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Sàbado 10 as 11:30 en Monforte.

A PEROXA C.F PREBENXAMIN - C.F MONFORTE: Sàbado 10 as 11:30 no campo do Marco.

GOMENSENDE-PROL - GADAFFI PEROXA VETERANOS: Domingo 11:30 no campo da Universidade en Ourense.

OS PEARES F.S - SEIXALBO F.S: Sàbado 10 as 18:00 no pabellón de Peares.

NOGUEIRA DE RAMUIN F.S - A PEROXA F.S. MASCULINO: Sàbado 10 as 19:00 en Nogueira.

A PEROXA F.S FEMENINO - XUNQUEIRA ATC: Sàbado 10 as 20:15 no polideportivo da Peroxa.



ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡


Novidades nas obras da "carretera nova".

Novidades que non afectan moito os prazos e a actual paralización, pero que sí merece a nosa valoración.

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe xoves día 8 de novembro na súa paxina 3 publícase un decreto sobre o pagamento dos terreos sobre as expropiacións realizadas.

O citado pagamento realizarase no Concello de Coles o día 13 de novembro a partires das 10:00

Solicitan a presencia dos "afectados".

Un pasiño máis cara o fin desta FARAÓNICA obra, chea de enganos e incumplimentos.

Na seguinte imaxe a publicación indicada:



SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡


Incidencia grave nas votacións do 21 de outubro de 2012

Rematado xa o proceso electoral das pasadas eleccións autonómicas 2012 que se celebraron o domingo 21 de outubro e unha vez coñecidos os resultados definitivos tras analizar tòdalas anomalías producidas queremos resaltar un FEITO que aconteceu no noso concello.

Na mesa electoral de Graíces produciuse unha grave incidencia, xa que votou unha persoa que non aparecía no censo electoral, un erro admitido pola propia mesa, e que os nosos interventores fixeron constar por escrito na acta de sesión correspondente.

O feito produciuse por coincidir en nome e apelidos unha votante con outra cos mesmos datos, non se lle comprobou correctamente o DNI e isto ocasionou que cando veu a que realmente estaba correctamente inscrita xa aparecía como que xa exercera o seu dereito. Foron momentos de incerteza ante o erro cometido. Como era xusto permitiuselle votar a esta segunda, fixeronse as pertinentes anotacións sobre este incidente e continuou a votación con normalidade.

A situación agrávase porque a persoa non censada tampouco està censada en ningunha outra mesa do concello, xa que è residente nun geriátrico da Peroxa, considerando entonces que pode atoparse en situación de Incapacidade, o que non lle permitiría exercer o voto.

Indicar tamén que lóxicamente a persoa non veu soa, viña acompañada e non precisamente por ningún familiar seu......., e neste punto deixamos a cuestión.....porque a bos entendedores poucas máis palabras compren.

Con posterioridade fíxose a reclamación diante da Xunta Electoral de Zona e "acordaron" (unha vez máis, cun criterio que só eles entenden), que se ía deixar SEN EFECTO porque non influía nos resultados.

Certo é que non influe nos resultados.....pero vulnera oa dereitos e as leis do resto dos cidadáns e votantes e dalle total impunidade a que ACTOS deste estilo se sigan producindo.

TRISTE E LAMENTABLE ¡¡




lunes, 5 de noviembre de 2012

Carreira do San Martiño 2012

Acercámonos a un dos eventos máis importantes que se celebran na nosa provincia......a Popular do San Martiño que se celebra o domingo 18 de novembro polas rúas de Ourense.



Toda a información necesaria, así como, requisitos para participar, no seguinte enlace:

http://ourense.es/portalOurense/fact_d4_v1.jsp?contenido=11737&tipo=2&codMenu=8&nivel=1400&language=gl

PARTICIPA ¡¡


Interesante convocatoria

Ante a ausencia de convocatorias de emprego público tras as inxustas medidas neste senso dictadas polo goberno de Rajoy, podemos considerar de exclusiva e de grande oportunidade a convocatoria de unha das únicas opcións de obter emprego, neste caso trátase da oferta para Policía Nacional.

Lonxe das convocatorias anteriores con ofertas preto das 5.000 plazas, atopàmonos agora con este de 153.

Maìs información no seguinte enlace:

http://boe.es/boe/dias/2012/11/05/pdfs/BOE-A-2012-13702.pdf

Animate e participa nesta boa (e case única) oportunidade.


viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividade deportiva no Concello na fin de semana do 3 e 4 de novembro.

A actividade céntrase nos encontros que disputarán os equipos representativos do concello, onde esta semana destacamos a incorporación a competición do equipo femenino de futbol-sala:

POLIGONO - A PEROXA C.F.: Domingo 4 as 16:15 no campo do Poligono.

ATL. PEROXA - C.D. TRIVES: Domingo 4 as 16:15 no campo do Marco.

C.D. CALDELAO - A PEROXA C.F. "B": Domingo 4 as 16:15 en Castro Caldelas.

S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F XUVENIL: Domingo 4 as 12:00 en Santa Cruz.

A PEROXA C.F ALEVIN - S.D. NOGUEIRA: Aprazado ¿?

ANTELA C.F. - A PEROXA C.F PREBENXAMIN: Sàbado 3 as 17:00 en Xinzo de Limia.

GADAFFI PEROXA VETERÀNS - BUCEFALO: Sàbado 3 as 16:00 no campo do Marco.

OS PEARES F.S. - A VEIGA F.S.: Sàbado 3 as 18:30 no pabellón dos Peares.

A PEROXA FS MASCULINO - ABEDES FS: Sàbado 3 as 18:00 no polideportivo da Peroxa.

EDC CELANOVA - A PEROXA FS FEMININO: Sàbado 3 as 17:00 no pabellón de Celanova.


ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡


Actividades

Anunciamos as actividades previstas e propostas polo concello para as vindeiras datas:

Este domingo día 4 de novembro no Salón de actos do colexio as 17 horas unha sesión para os máis cativos de contacontos.

Este é o cartel que anuncia o acto.....

PARTICIPA¡¡¡


A seguinte actividade serán clases de Pilates no edificio "multiusos" da praza do concello da Peroxa, que serán os mércores, a partires do vindeiro día 7, en horario de 19 a 20.
Esta actividade terá un custo de 20 euros mensuais, que na nosa opinión para ser organizada polo concello ten un custo elevado vendo que noutros concellos limítrofes incluso en algúns è gratuita.

Este tamén è o cartel anunciador....